Traballadísima victoria ante o líder da Categoría.

Os «avós» do Moraña C.F. afrontaban este sábado a 16ª Xornada de Liga, xogando ante o líder da categoría, o sempre correoso Xocas Veteranos. Unha vez máis, para este encontro, Germán Rúa tivo que facer números para lograr formar un equipo de garantías debido as contínuas baixas que seguimos a vivir. Pero na tarde de onte, 13 eran os xogadores cos que contaba o técnico morañés.

O encontro comezou cun ritmo moi alto, cun Xocas que buscaba o fútbol directo tentando aproveitarse de que comezaban co forte vento a favor, pero os nosos estiveron atentos e prácticos atrás, evitando que lles xerasen perigo. O encontro foise trabando paulatinamente polas contínuas faltas visitantes, o que baixou este ritmo en gran medida, e non permitía que se elaborase moito o xogo. Ainda así, nunha moi boa combinación entre Santiño e Óscar Barros, o xogador do Silvoso lanza un preciso disparo que se estrella contra o pao, aproveitando Nico o rexeite para fusilar ao porteiro e facer o 1 a 0.

Con este gol a favor, os morañeses mantiveron a calma e seguiron metidos no encontro, sen perder a concentración e non entrando no xogo do rival, que case non xerou perigo nestes primeiros 45 minutos, salvo algún lanzamento lonxano ou no balón parado.

No segundo tempo, o partido seguiu pola misma liña, pero coa salvedade de que os nosos non daban logrado o segundo tanto que os tranquilizara, e os visitantes, froito da impotencia, íbanse cargando de tarxetas que facía que acabaran o encontro con 3 xogadores expulsados.

Os últimos minutos, a pesares de que se xogaba 11 contra 8, o Moraña pecou de nerviosismo, sen manter a posesión e sen mover ao rival de lado a lado como debería facer, e no desconto, o Xocas lograba igualar 1 a 1 nun lanzamento de córner. Celebraban o punto salvado os visitantes cando, na última xogada do partido, Toño remachaba á rede un saque de córner de Eloy ao segundo pao, logrando a victoria e 3 puntos de ouro que seguen a manter aos nosos na zona alta da clasificación, que se apreta aínda máis. Agora mesmo, entre o segundo e o décimo clasificado hai só catro puntos de distancia.

Fin do 2015 para os Veteranos, que agardan que o turrón e o parón de Nadal sirva para recuperar aos xogadores lesionados e que se poida competir no segundo tramo da tempada do mellor xeito posible. Agardamos que así sexa.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Óscar, David, Toño, Yeyo, Velay, Óscar Barros, Sayáns, Goran Djorovic, Eloy, Santiño, Nico, Fuentes e Rafa Sierra.

Goles: Nico e Toño

Compárteo!

Deixa un Comentario