• Primeira derrota da tempada a domicilio.

  • Logo deste resultado, os nosos caen ata a 11ª posición da clasificación.

Cuarta xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Sampaio para enfrontarse ao Unión Sampayo.

Sampaio 2-0 Moraña

Derrota dos nosos nunha tarde de domingo pasada por auga. O equipo local adiantouse moi cedo no marcador, cando aínda se levaban disputados 6 minutos de xogo. Isto complicou as cousas, xa que o Moraña se viu a remolque durante todo o encontro e o Sampayo estaba cómodo con esta situación. E preto de rematar a primeira metade chegaría o segundo gol dos locais, que reforzaba máis aínda a súa confianza de facerse coa vitoria.

No segundo tempo o Moraña tratou de reaccionar buscando un gol rápido que o volvese meter no partido, pero ningún dos seus intentos obtivo o premio esperado. O Sampayo defendeu a conquista dos seus 3 primeiros puntos do campionato e conseguiu manter a portería a cero no que restaba de encontro.

A vindeira xornada tocaranos recibir ao Xuventude Sanxenxo, actual líder da categoría, no campo de O Buelo.

FICHA TÉCNICA

U. Sampayo: José Ignacio Pazos, Samuel Martínez (Younes El Hassani, 80′), Pablo Manuel Pérez (César Couñago, 80′), Iván Garrido, Adrián Iglesias (Nelson José Do Canto, 58′), Borja Barcia, Daniel Lages (Raúl Águila, 77′), Ayoub Fahmi, Juan Diego Román, Enrique Comesaña e Xabier Gabriel González (Nicolás Taboada, 77′).

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar (Domi García, 81′), Rubén Candal, Paulo Miote, David García, Javier Pazos, Rodrigo Cor (Raúl Fernández, 81′), Damián Pereira, Breno Santos (Godfrey Francis, 90′), Ousmane Sene e Dani Fontán (David Pereira, 46′).

Goles: 1-0 Juan Diego Román (min. 6), 2-0 Juan Diego Román (min.42)

Árbitro: Miguel Boullosa. Amonestou a Younes El Hassani polo Sampaio e a Rodrigo Cor e Gustavo de Aguiar polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario