A sección Alevín do Moraña C.F. venceu na mañán do domingo ao Umia C.F. nun encontro igualadísimo que se resolveu no último instante.

Os nosos viaxaban á Bouza para medirse a un equipo que en pretempada lles ganara con solvencia, aínda que a intención neste partido de Liga era borrar aquel encontro e salir a por todas.

O comezo foi titubeante por parte dos alevíns, que non entraron no partido coa intensidade necesaria, e froito disto no minuto 16 Lucas abría a lata para o Umia. Este foi o resultado ao descanso.

Na reanudación, os rapaces comezaron a subir o nivel paulatinamente, logrando Amestoy a igualada no 41 e xa case co tempo cumplido, tamén Amestoy facía o definitivo 1 a 2 cun preciso lanzamento de falta.

Nova victoria dos nosos alevíns, que enganchan unha boa racha de novo. Agora a pelexar o domingo contra o Arosa S.C. Moito ánimo!

FICHA TÉCNICA

Umia C.F. 1 – 2 Moraña C.F.

Umia C.F.: Fernando, Brais, Cristian, Sergio, Álex, David, Lucas, Daniel, Pablo, Alejandro, Borja, Alejandro, Álvaro, Eduardo, Diana.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Pablo, Amestoy, Alex, Domi, Yoel, Mateo, Álvaro, Jonathan, Abel, Lucas, Sergio, Juanma.

Goles: 1-0 Lucas (minuto 16); 1-1 Amestoy (minuto 41); 1-2 Amestoy (minuto 69)

Compárteo!

Deixa un Comentario