O Moraña Veteranos reencontrouse coa victoria despois dun mes nefasto no que as lesións e as baixas condicionaron ao equipo. Na tarde de hoxe, visitaban ao Soho Café no campo do Pombal en Cambados, segundo clasificado e partido a priori, dificilísimo.

Por fin o míster morañés pudo contar con efectivos, e iso notouse no acontecido neste encontro. Saiu moi forte o Soho, aprentando a saída do balón dos morañeses que tentaban tocar e xogar o balón con criterio, pero os de Cambados agardaban agazapados para recuperar e saír ao contraataque.

Froito desta presión, unha mala entrega de Toño cae nos pes do dianteiro rival, que arma unha contra letal para firmar o 1 a 0 no minuto 15 de partido. Duro golpe para os nosos, e para Toño, que para máis INRI, tivo que retirarse lesionado tras forzar durante uns minutos.

Paulatinamente os morañeses foron víndose arriba, xerando cada vez máis perigo e trenzando xogadas de perigo. Logrou o empate Santiño, aproveitando unha boa combinación de primeiras no centro do campo e un pase ao espacio de Celso que hoxe reaparecía tras lesión. O segundo foi obra de Eloy, tras unha boísima xogada de Nico por banda dereita que non da o balón por perdido e serve o pase da morte para o amilense.

Tras poñerse por diante no marcador, os nosos veteranos non foron capaces de enfriar o partido e de temporizar, moi nerviosos pola necesidade de puntuar e con moitas imprecisións. Así, nun desaxuste defensivo, os defensas morañeses fan un innecesario penalty ao borde do descanso. Por sorte, Rafa desvía o mesmo a córner, permitindo chegar con vantaxe ao equipo ao descanso.

Na segunda parte, acoso e derribo dos cambadeses, e un Moraña que non se mostrou seguro case en ningún momento, defendendo o resultado como podían e achicando o perigo contínuo dos locais. A chave estivo no 1 a 3, obra de Santiño aproveitando un roubo e contraataque que pechaba o partido a falta de 15 minutos. Seguiro apretando os do Soho, pero xa non se moveu o marcador e por fin, o Moraña C.F. volve á senda da victoria.

Noraboa aos veteranos e a pesares das boas novas que chegan dende a enfermería, hoxe retiráronse con molestias Goran e Toño. Desexámoslles unha pronta recuperación para que estean dispoñibles para o vindeiro encontro.

FICHA TÉCNICA

Soho Café 1 – Moraña C.F. 3

Moraña C.F.: Rafa Sierra, Juan, Toño, Mario, Fuentes, David, Sayáns, Goran Djorovic, Eloy, Santiño, Nico, Ventura, Oscar Barros, Óscar Río, Celso.

Goles: Santiño (2) e Eloy.

Compárteo!

Deixa un Comentario