Nova victoria da categoría Alevín do Moraña C.F., que madrugou na mañán de sábado para viaxar a Vilaxoan para enfrontarse ao San Martín C.F. na 18ª Xornada de Liga. Os pupilos de Juán López realizaron un encontro moi completo, dominando ao rival en todo momento e sendo superiores nas principais facetas do partido.

Adiantáronse pronto os nosos, grazas a un gol de Alexandru en propia meta no minuto 2. Logrou o empate Rubén no 5, pero foi un espellismo, xa que Amestoy cun doblete poñía aos nosos 1 a 3 antes do descanso.

Na segunda metade, as cousas seguiron na mesma liña, cun Moraña moi superior e que fixo tres goles maís no electrónico. Amestoy fixo outros dous para deixar en catro a súa conta particular nos minutos 47 e 49 e Álex facía o definitivo 1 a 6 no minuto 56.

Bo partido e boa liña de traballo dos nosos alevíns, que seguen a realizar un gran papel na Liga Alevín F11, consolidados na sexta posición e loitando por mellorala. Moito ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

San Martín C.F. 1 – 6 Moraña C.F.

San Martín C.F.: Brais, Martín, Diego, Samuel, Alejandro, Rubén, Kevin, González, Pablo, Alexandru, Iker, Andre, Yeray, Samuel, Jose J., Francisco.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Jonathan, Álvaro, Pablo, Yoel, Domi, Álex, Rubén, Amestoy, Lucas, Sergio, Abel, Juanma.

Goles: 0-1 Alexandru p.p. (minuto 2); 1-1 Rubén (minuto 5); 1-2 Amestoy (minuto 11); 1-3 Amestoy (minuto 23); 1-4 Amestoy (minuto 47); 1-5 Amestoy (minuto 49); 1-6 Álex (minuto 56)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario