-
Nova vitoria a domicilio .
-
Os nosos continúan en boa dinámica no tramo decisivo da tempada.
Xornada 27ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Portas para a disputa do partido contra a S.D. Romay.
Os nosos sumaron tres puntos moi importantes no sempre complicado campo do Romay. O encontro foi intenso dende o primeiro minuto, con moita loita no medio do campo e poucas ocasións claras por parte de ambos equipos. Foi con 0-0 no marcador como se chegou ao final da primeira metade.
Na segunda metade, o guión cambiou. O Moraña saíu máis ao ataque e conseguiu o premio do gol mediada a segunda parte. O traballo defensivo foi impecable e, salvo algún susto a balón parado, o Moraña mantivo a porta a cero con solvencia. Tres puntos merecidos que devolven confianza e manteñen ao equipo enganchado á zona alta da táboa.
FICHA TÉCNICA
S.D. Romay: Anxo Pazos, Marcos Lorenzo, Stiven Duval Añón, Joel Sánchez, Alejandro Blanco (Gabriel Villadeamigo, 67′), Bruno Pouso (Rubén Martínez, 67′), Martín Cancela, Jorge Ezequiel Añón, Yeray Duarte, Anthony Maximiliano Cor (Javier Castro, 83′) e Mario Lorenzo.
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar (Anxo Domínguez, 80′), Manoel Agustini, Paulo Miote, Rafael Paiva (Godfrey Apeh, 80′), Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos, Emanuel Cordeiro, Levi Pereira (David García, 90′) e Yuri de Menezes.
Goles: 0-1 Breno Santos (min. 60).
Árbitro: David Fernández Iglesias. Amonestou a Iván Couto e Anxo Pazos por parte do Romay. Por parte do Moraña amonestou a Rafael Paiva, Henrico Medeiros e Gustavo de Aguiar.