-
Vitoria importantísima a domicilio.
-
Os nosos souberon repoñerse ao gol inicial en contra.
Xornada 25ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Monteporreiro.
Os nosos conseguiron por fin regresar á senda da vitoria logo dunhas xornadas seguidas sen colleitar os tres puntos. O encontro comezou de mal xeito xa que o equipo local púxose por diante no minuto 10 nunha xogada a balón parado. O Moraña reaccionou inmediatamente e conseguiu o empate tan só 5 minutos despois. Este feito alentou aos nosos que se viron con posibilidades de sacar un resultado positivo. E antes de acabar a primeira metade, un novo gol de Rafael poñía por diante ao Moraña.
Na segunda parte o partido foi diferente. Os nosos intentaron gardar a renda obtida e buscando os espazos ao contraataque. O equipo local intentou por tódolos medios lograr o gol do empate pero sen éxito. Dispuxo da mellor ocasión no tempo de desconto cun tiro desde o punto de penal pero por sorte para os intereses do Moraña enviaron o balón fóra dos tres paos.
FICHA TÉCNICA
S.D. Monteporreiro: Iván Juncal, Francisco Javier Gómez (Pablo Neira, 46′), Xosé Manuel Alonso, Pablo González (Francisco Muñoz, 83′), Alejandro García, Mario Suárez (Raúl Corbacho, 46′), Iker Tesouro (Jacobo López, 76′), Pablo Loureiro (Sergio González, 61′), Yago Rivas, Alejandro Pertusa e Sebastián Cores.
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Manoel Agustini, Rubén Candal, Paulo Miote, Rafael Paiva (Gustavo de Aguiar, 76′), David García (Javier Pazos, 76′), Damián Pereira, Breno Santos, Emanuel Cordeiro, Levi Pereira (Godfrey Apeh, 90′) e Yuri de Menezes (Anxo Domínguez, 49′).
Goles: 1-0 Xosé Manuel Alonso (min. 10), 1-1 Rafael Paiva (min. 15), 1-2 Rafael Paiva (min. 40).
Árbitro: Marco Sotelo Rial. Amonestou a Sebastián Cores e expulsou a Iván Juncal do Monteporreiro. Por parte do Moraña amonestou a Manoel Agustini, Damián Pereira, Levi Pereira e Rubén Candal.