• Sumamos un punto a domicilio nun campo complicado.

  • Os nosos manteñen o invicto nas primeiras xornadas.

Segunda xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou O Grove para enfrontarse ao Amanecer.

Partido moi disputado o vivido na tarde do domingo no campo de Lampáns. O equipo visitante conseguiu tomar a dianteira no marcador durante a primeira parte, aproveitando unha das súas ocasións para poñerse por diante. Non obstante, o Moraña non se rendeu e mantivo a presión buscando o gol do empate.

Foi finalmente Rodrigo na segunda metade quen, cunha gran xogada, logrou igualar o resultado. A pesar dos intentos de ambos equipos por romper a igualdade, o marcador non se moveu máis e o partido rematou en empate. Un bo punto para os nosos, que nos permite seguir sumando na tempada.

A vindeira xornada tocaranos recibir á S.D. Puente Arnelas no campo de O Buelo.

FICHA TÉCNICA

S.D. Amanecer: Alejandro Lino, Hugo Dopico, Pablo Rodiño, Alejandro Otero, Moisés Nerga, Iván Dadin, Saúl Barbeito (Alexis Javier Velazco, 78′), Daniel Caneda (Pablo José Varela, 73′), Álex Feijoó, Carlos Paz e Zakariya Brikat (Samuel García, 80′).

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Alexandre Souza, Rubén Candal, Paulo Miote, David García (David Pereira, 70′), Javier Pazos, Rodrigo Cor (Luis Eduardo, 78′), Damián Pereira, Ousmane Sene e Dani Fontán (Godfrey Francis, 60′).

Goles: 1-0 Daniel Caneda (min. 35), 1-1 Rodrigo Cor (min.52)

Árbitro: Alba Juncal. Amonestou a Henrico Medeiros e Godfrey Francis por parte do Moraña. Tamén amonestou a Pablo José Varela por parte do Amanecer.

Compárteo!

Deixa un Comentario