A.C.D. A Seca 1 – 4 Prebenxamíns

Segunda xornada de Liga Prebenxamín e primeira viaxe como visitantes dos nosos Pres. Esta vez tocaba visitar A Xunqueira 2, en Pontevedra para enfrontarse á A.C.D. A Seca. Os rapaces de Pablo chegaban a este encontro con moita ilusión e con ganas de disfrutar e sacar un bo resultado. E así o lograron.

O encontro comezou «tolo», cun gol de Lucas no minuto 3 que foi contrarrestado por Roi no minuto 6. Tras este inicio tan accidentado, o marcador non se volveu mover en toda a primeira parte. Nos segundos 25 minutos, foron os nosos os que acadaron vantaxe no tramo final. Lucas puxo o 1-2 no 38, e Fernando aumentou a vantaxe no 40. Cando xa se achega o partido ao pitido final, Pedro fixo o definito 1-4 no 47.

Noraboa a estes pequenos campións pola primeira victoria da tempada. A seguir traballando!!

Ficha Técnica

A.C.D. A Seca: Rodrigo, Yeray, Omar, Tadeo, Jacobo Antía, Gorka, Diego e Roi.

Moraña C.F.: Anxo, Saúl, Adri, Lucas, Iago, Fer, Pedro, Antón, Hugo e Héctor.

Goles: 0-1 Saúl (min. 3); 1-1 Roi (min. 6); 1-2 Lucas (min. 38); 1-3 Fernando (min. 40); 1-4 Pedro (min. 47)

E.D. Poio «C» 1 – 8 Benxamín «B»

Tamén lle tocou viaxar aos Benxamíns «B», neste caso ao campo da Reiboa de Poio para enfrontarse ás Escolas Deportivas Poio. Os nosos viaxaban cunha convocatoria curta, pero que deu a talla e competiu ben todo momento. A primeira parte estivo moi disputada, acadando pronto vantaxe os morañeses cun gol de Xoel e aumentando Mario a conta. Pero antes do descanso, Breixo recurtaba. Na segunda parte o Moraña sacou o seu mellor fútbol, e acadaron distancia no marcador rápidamente ata acadar o resultado final de 1-8.

Bo traballo deste grupo, que competiu de marabilla neste encontro a pesar das dificultades. A seguir así!

Ficha Técnica

E.D. Poio: Hugo, David, Rubén, ÁLex, Alejandro, Luis, Rubén, Iván, Vilariño, Breixo, Adrián, Eloy e Joel.

Moraña C.F.: Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosef, Óscar, Pablo.

Goles: Polo E.D. Poio Breixo. Polo Moraña Mario (2), Xoel (2), Aarón (2) e Yosef (2).

Infantiles  4 – 1 A.J. Lérez «B»

Un dos partidos da xornada era, sen dúbida, o que enfrontaba aos nosos Infantiles ante a Agrupación Juvenil de Lérez. Un rival difícil que visitaba O Buelo, pero ante o que os nosos competiron moi ben. O encontro comezou ben para os nosos, cun gol de Domi no minuto 5 que encarrilaba o choque. Antes do descanso, Domi se encargaba tamén de facer o segundo, poñendo o 2-0 no minuto 32.

Na reanudación o Lérez comezou a xerar máis perigo, e Álex Barbeito acadaba o 2-1 que poñía emoción ao choque no 68. Pero outro Álex, neste caso Domínguez, o noso, poñía outra vez a renta de cara para o Moraña facendo o 3-1 só un minuto despois. Antes do pitido final, Domi culminaba o seu gran encontro pechando o hattrick, facendo o 4-1 no minuto 71.

Noraboa aos Infantiles por esta importante victoria. A seguir traballando nesta liña!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Alex, Domi e Javi. Tamén xogaron Óscar, Damián, Sergio, Iván e Rubén Souto.

A.J. Lérez «B»: Martín, Jose, Mariño, Pablo, Adrián, Alex, Jorge, Javier, Neira, Vidal e Edgar. Tamén xogaron Marcos, Miguel, Raúl e Diego.

Goles: 1-0 Domi (min. 5); 2-0 Domi (min. 32); 2-1 Alex (min. 68); 3-1 Alex (min. 69); 4-1 Domi (min. 71)

C.D. Ribadumia  4 – 0 Cadetes

Os Cadetes tamén tiñan un oso duro de roer, visitando ao Ribadumina na Senra. Os rapaces de Alberto que viñan cunha racha moi positiva a pesar de que pelexaron non puideron cos do Salnés. Os locais acadaron vantaxe cedo, cun tempraneiro gol de Ángel que condicionou o encontro. Indo a remolque, os nosos tiñan que asumir máis riscos dos necesarios, feito que aproveitaban os locais para xerar perigo á contra. malia todo, chegouse coa vantaxe mínima ao descanso.

No comezo da segunda parte, veu a puntilla local, con outro gol que curtaba calquer tipo de reacción morañesa. Carlos poñía o 2-0 no 5 da segunda, e as cousas máis difíciles aos nosos. Pese a que non baixaron os brazos en todo o tempo que quedaba, o Ribadumia fixo dous goles máis, por medio de Joel (min. 63) e Carlos (min. 78).

Dura derrota, pero que de seguro vai servir para aprender e seguir mellorando cousas. Bo traballo do equipo, a seguir así.

Ficha Técnica

C.D. Ribadumia.: Miguel, David, Cores, Alfonsín, Mougan, Joel, Rubén, Carlos, Ángel, Vázquez e Daniel. Tamén xogaron Mauro e Zhivko.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Sende, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Pereira, Raúl e Dani. Tamén xogaron Edu, Jonathan e Pedro.

Goles: 1-0 Ángel (min. 6); 2-0 Carlos (min. 45); 3-0 Joel (min. 63); 4-0 Carlos (min. 78)

 

Xuveniles 1 – 2 Villalonga F.C.

Os Xuveniles recibían na mañán do sábado ao Villalonga F.C. nun encontro que se presumía igualado e que así foi. Os rapaces de Juan saíron a por todas, buscando acadar os primeiros puntos da tempada.

Pegaron primeiro os visitantes, facendo Alex o 1-0 no minuto 15. Foi un golpe para os nosos, pero que non lle fixo baixar os brazos e polo que seguiron pelexando duramente ata acadar, no 51 o gol da igualada, obra de Gabriel. Cando parecía que o empate ía a ser o resultado final, Fran Barbeito fixo o definitivo 1 a 2 no minuto 74 que facía que os puntos viaxaran para Villalonga.

Bo traballo dos Xuveniles, a seguir pelexando e mellorando!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Manu, Nicanor, Iván, Adri, Manu Sayáns, David, Pablo, Isma, Marquitos, Gabriel e Fervenza. Tamén xogaron Reboredo e Alejandro.

Villalonga F.C.: Alejandro, Adri, Rául, Jorge, David, Isaac, Isma, Alex, Pablo, Kenedy e Miguel A. Tamén xogaron Fran, Youssef, Cleison, Marcos e Gabriel

Goles: 1-0 Ángel (min. 6); 2-0 Carlos (min. 45); 3-0 Joel (min. 63); 4-0 Carlos (min. 78)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario