Deixamos nesta entrada todos os resumes dos encontros xogados polas distinta categorías do Fútbol Base do Moraña C.F. esta fin de semana do 21 e 22 de Xaneiro:

BIBERÓNS 1 – 1 A.D. SAGRADO C.

Nova xornada da Liga de Poio, e novamente os nosos Biberóns deron o callo ante un gran rival como é a A.D. Sagrado. Os nosos acadaron un punto neste difícil partido grazas a un gol de Saúl. Bo traballo dos Bibes, que cada semana seguen a demostrar a súa evolución.
A seguir así e a dalo todo!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Saul, Anxo, Lucas, Jorge, Alba, Eric, Hugo De La Torre, Hugo Mouro, Iago e Héctor.

Goles: Saúl

PREBENXAMÍNS 5 – 2 DOMAIO F.C.

Os Prebenxamíns recibiron na mañán do sábado aos morracenses do Domaio F.C. nun interesante encontro que se resolveu na segunda parte tras unha moi desputada primeira manga. Adiantouse o Moraña con gol de Iago, que igualou Mateo só un minuto despois (min. 15 e 16). Mario lograba poñer o 2-1 no 22, e Iago poñía terra de por medio no 24 facendo o 3-1. Trala reanudación, Diego puxo outra vez emoción no encontro, facendo o 3 a 2 no minuto 25. Pero dous goles de Xoel, no 41 e 48 pechaban o electrónico co definitivo 5 a 2.

Bo traballo dos Prebenxamíns, que seguen en boa liña de traballo. A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Pedro e Lois

Domaio F.C.: Adán, Álvaro, Brais, Antón, Mateo, Diego e Nathan.

Goles: 1-0 Iago (min. 15); 1-1 Mateo (min. 16); 2-1 Mario (min. 22); 3-1 Iago (min. 24); 3-2 Diego (min. 28); 4-2 Xoel (min.41); 5-2 Xoel (min. 48).

VILLALONGA C.F. 1 – 2 BENXAMÍNS

Nova victoria a domicilio da nosa categoría Benxamín, que viaxou ao Revel na mañán do sábado para enfrontarse ao Villalonga. Os rapaces de Eloy encarrilaron cedo o encontro, grazas a dous tempraneiros goles de Lucas (min. 8) e de David (min. 12), vantaxe que se mantivo ao descanso e que administraron durante case todo o encontro. Puxo Manuel a emoción a falta de 10 minutos, poñendo o 1 a 2 no electrónico, pero esta vez os Benxamíns augantaron ben e o resultado final foi ese.

Bo traballo dos nosos Benxas, que nesta segunda fase da liga están a facer un gran papel. A seguir así rapaces!!

Ficha Técnica

Villalonga C.F.: Iván, Pablo, Daniel, Rodrigo, Manuel, Hugo, Miguel, Martín, David, Javier, Daniel e Manuel.

Moraña C.F.: Rubén, Hugo, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Álex, David, Pablo, Iker, Nico, Darío, Ethan e Jonathan.

Goles: 0-1 Lucas (min. 8); 0-2 David (min. 12); 1-2 Manuel (min. 41).

C.D. RIBADUMIA 2 – 1 ALEVÍNS

Os Alevíns caeron nesta fría mañán de domingo na Senra 2 ante o Ribadumia nun encontro que os locais foron quen de remontar. Adiantáronse os nosos, con gol de Damián no minuto 15, mantendo esta vantaxe pola mínima ata o descanso. Nos segundos 25 minutos, o Ribadumia logrou voltear grazas a os goles de Nico (min. 30) e de Alejandro (min. 37), facendo inútiles os esforzos dos rapaces de Juan de traer puntos desta visita.

Bo traballo dos Alevíns, que están a xogar cos mellores equipos da bisbarra nesta segunda fase da liga, nunha apaixoante e igualada competición. A seguir traballando!!

Ficha Técnica

C.D. Ribadumia.: Damián, Yago, Santiago, Jorge, Raúl, Alejandro, David, Yago, Mauro, Yago, Brais, David e Nicolás.

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Pablo, Abel, David, Aday, Brais, Sergio, Jorge e Raúl.

Goles: 0-1 Damián (min. 15); 1-1 Nicolás (min. 30); 2-1 Alejandro (min. 37)

INFANTILES 8 – 1 E.F. VILLA DE MARÍN «B»

Os Infantiles suman e seguen na gran tempada que están a realizar. Na mañán de hoxe venceron á E.F. Villa de Marín «B» nun gran encontro no que a victoria se fraguou na segunda metade. Só houbo un gol nos primeiros 40 minutos, obra de Lucas no 21, o que deixaba o encontro no alambre e resultado de 1-0 co que se chegou ao descanso.

Pero nos segundos 40 minutos, os nosos foron un vendaval, acadando ata sete goles nesta parte. Pablo Fraga por partida doble, Raúl, cun hattrick, Amestoy e Pereira foron os autores destes goles que puxeron un claro 8-0 no marcador. Joel marcou de penalti o gol visitante, no 78.

Gran traballo dos infantiles, tanto no día de hoxe como toda a tempada. A seguir pelexando para manterse no máis alto.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma (Amestoy, min. 41), Jonathan, Rubén Candal (Iván, min. 46), Lucas, Domi, Pablo (Rubén Souto, min. 55), Pereira, Raúl, Dani Fontán e Anxo.

E.F. Villa de Marín «B»: Adrián (Nacho, min. 50) , Nacho, Yoel, Diego, Miriam, Iván, Josepth, Rubén (Manuel, min. 66), Yago (Victor, min. 57), Manuel e Iker.

Goles: 1-0 Lucas (min. 21); 2-0 Pablo Fraga (min. 46); 3-0 Raúl (min. 51); 4-0 Pablo Fraga (min. 54); 5-0 Amestoy (min. 58); 6-0 Pereira; 7-0 Raúl (min. 72); 8-0 Raúl (min. 76); 8-1 Joel, penalti (min. 78).

CADETES 2 – 4 A.D. AROSA F7

Os Cadetes foron os encargados de abrir a xornada desta fin de semana, recibindo no Buelo á A.D. Arosa F7 na mañán do sábado. Os rapaces de Gepe volveron a competir con moita intensidade, pero non foron quen de facerse cos puntos.

Abriu o marcador Dani no minuto 8, poñendo en vantaxe aos nosos. Pero antes do descanso, Yago dáballe a volta ao encontro con dous goles, no 28 e no 35. Tralo paso polo descanso, os nosos saíron a buscar o empate, pero foron os visitantes quen puxeron máis espazo no marcador co gol de Daniel José no 50.

Parecía o encontro pechado, pero Andrés daba esperanzas no 64 facendo o 2-3. Neste último tramo de encontro os nosos volcáronse con todo a buscar o empate, deixando espazos atrás pero atacando con todo. Non se acadou o gol do empate e case co pitido final, Yago pechaba o electrónico co definitivo 2-4.

Bo traballo dos cadetes, que seguen a loitar e a competir semana a semana. A seguir igual!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Alejandro, Pablo Sende, Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González (Isma Fernández, min. 50), Pablo Ares (Rubén Candal, min. 42), Isma Escariz e Fernando.

A.D. Arosa F7: Rubén, Martín, Matías (Alejandro, min. 46), Rodrigo, Manuel, David (Domínguez min. 50), Daniel, Víctor (Rubén, min. 61), Yago, Pedro e Raúl (Marius, min. 57).

Goles: 1-0 Dani (min. 8); 1-1 Yago (min. 28); 1-2 Yago (min. 35); 1-3 Daniel José (min. 50); 2-3 Andrés (min. 64); 2-4 Yago (min. 80)

A.D. AROSA F7 0 – 1 XUVENILES

Madrugaron os xuveniles na mañá do domingo para viaxar ao Berdón a enfrontarse á A.D. Arosa F7. Os rapaces de Celsiño chegaban a este encontro con varias baixas e con reforzos dos cadetes para completar a convocatoria.

O encontro estivo marcado polo frío e pola igualdade, con opcións para os dous equipos pero cunha perspectiva clave de que o encontro ía a estar nos detalles. A primeira parte estivo reñida, pero ningún dos dous equipos conseguiu marcar.

Tralo paso polos vestiarios, logrou Adrián abrir a lata no minuto 50, cun gol que resultou á postre decisivo. O Moraña aguantou esta vantaxe e defendeuna durante o resto do encontro. Entraron de refresco Héctor e Alejandro, para refrescar o equipo neste último tramo e a súa aportación foi chave para lograr que, ao final dos 90, os puntos viaxaran para Moraña.

Bo traballo dos Xuveniles e boa aportación dos Cadetes que viñeron a botar unha man. A seguir así e a pelexar ata o final!!

Ficha Técnica

A.D. Arosa F7: Rubén, Santiago, Alejandro, Sebastián, Javier (Adrián min. 75), José, Iker, Román, Rubén (Óscar, min. 70), Aitor (Vinicius min. 58) e Sergio.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Iván (Alejandro min. 73), Iago, Adrián, Giao (Héctor, min. 59), Gabriel, Isma Escariz, Manu Sayáns, Raúl, Abalo e Martín.

Goles: 0-1 Adrián (min. 50)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario