Alondras C.F. «B» 5 – 1 Prebenxamíns

Primeiro partido da segunda fase da liga para os nosos Pres, viaxando ata o Morrazo para xogar ante o Alondras. Un partido complicado no que empezou dominando o equipo local e no que pouco a pouco os nosos foron equilibrando o xogo.
O primer gol do Alondras chegou nos primeiros minutos tras un rexeite de Lucas no que o balón queda solto en boca de gol e marcan o primeiro. Tras un saque de esquina Dani marca o empate. Pero os 2 minutos tras outro saque de esquina de novo se adianta o Alondras, facendo o terceiro antes do descanso.
Trala reanudación o partido estaba moito máis equilibrado tendo varios ocasións por parte dos dous equipos con varios balóns os paus, pero o Alondras tivo máis efectividade de cara a porta e faría dous máis antes do final.
Bo partido a pesar da derrota, moito ánimo e seguir.

Ficha técnica

Alondras C.F. «B»:  Uxío, Unai, Liam, Jorge, Roi, Marco, Alejandro, Carlos e Gael.

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani Rey, Diego Torres, Diego Arzúa, Xoel, Fabio, Gabi e Mauro.

Alevíns 3 – 5 U.S.D. O Grove

Os Alevíns xogaron un dos mellores partidos da tempada ante a U.S.D. O Grove no Buelo, no partido adiantado á xornada de fin de semana. Os nosos, que comezaron perdendo e que chegaron ao descanso 0-3 por debaixo no marcador, foron quen no comezo da segunda metade remontar e poñer o empate no electrónico 3-3 con goles de Miguel, Ethan e Rubén. Pero no tramo final, os grovenses foron quen de reaccionar e voltar a poñerse por diante, facendo dous goles máis e deixando o marcador no definitivo 3-5. Ánimo e a seguir, rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Ethan, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Miguel, Mario, Óscar, Joel, Antón, Héctor e Anxo.

U.S.D. O Grove:  Pedro, Antón, Nasir, Rodrigo, Andrés, Hugo, Álex, Heiton, Saúl, Miguel, Darek, Lucas, Breixo, Roy, Estevo e Niko.

Villalonga F.C. 1 – 1 Cadetes

Encontro moi intenso o que xogaron os cadetes no Revel ante o Villalonga F.C. Os nosos, que viñan en boa liña de xogo e resultados, toparon ante un equipo moi ben plantado e que lle puxo as cousas moi difíciles. Pero a emoción estivo no máis alto ata o último suspiro. Tras 80 minutos nos que non se viron goles, no último momento Mateo adiantou aos nosos. Parecía que os puntos viaxaban á Moraña, pero no desconto, Álex poñía o empate para os locais. Moi bo traballo e a seguir, rapaces.

Ficha técnica

Villonga F.C.: Aarón, Ángel, Lucas, Rodri, Alex, Denis, Fernando, Cameselle, Luis, Manu e Crespo. Tamén xogaron Iván, Nico, Iker e Carlos.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Jonathan, Hugo e Aday. Tamén xogaron André, Joel, Jorge, Alejando e Marta.

Goles: 0-1 Mateo (min. 80); 1-1 Alex (min. 80+2).

Caldas C.F.»B» 3 – 2 Moraña C.F.

Intenso derbi o xogado na mañán do domingo nas Corticeiras, entre os nosos Xuveniles e o Caldas «B». Un encontro no que os locais colleron vantaxe cedo, con gol de Óscar no minuto 8, pero que foi neutralizada por David ao filo do descanso. Na segunda metade e coa igualdade ao máximo, Nico e Jose poñían aos locais de novo por diante con goles no 65 e 68. Alboy recurtoy no 77, pero a pesar de que tiveron opcións, os nosos non foron quen de empatar e o 3-2 foi o resultado final.

Ficha técnica

Caldas C.F. «B»: Jorge, Alberto, Nico, Álex, Dani, Iván, Diego, Óscar, Carlos, Alejandro e Pedro. Tamén xogaron Yago, Dani, Roy, Facun e Jose.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, Jorge, David, Alboy, Dani, Marcos e Simón. Tamén xogaron Adonis, Pablo González, Joel e Pedro.

Goles: 1-0 Óscar (min. 8); 1-1 David (45+3); 2-1 Nico (min. 65); 3-1 Jose (min. 68); 3-2 Alboy (min. 77).

Compárteo!

Deixa un Comentario