Prebenxamíns 6 – 5 U.S.D. O Grove
Debut ligueiro dos nosos Prebenxamíns na mañán do Sábado, ante a U.S.D. O Grove no Buelo. Un debut no que os nosos fixeron un bo partido, cheo de emoción e de alternativas por ambos equipos.
Os nosos comezaron presionando moi arriba logrando así adiantarse no marcador en duas ocasións.
Pouco antes do descanso, marca o Grove dous goles para poñer o empate. O primeiro de falta directa e o segundo nun erro na saida de balón morañesa.
A segunda parte foi moi trepidante. O Moraña adiántase no marcador con gol de Diego e pouco despois logra empatar O Grove por medio de Xyan. De novo Diego pon en vantaxe aos nosos por partida doble, pero o Grove volve a poñer emoción recortando. Moita emoción no tramo final, pero ao final dos 50 minutos, victoria pola mínima e os tres primeiros puntos para o Moraña.
Ficha técnica
Moraña C.F.: Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani, Diego Torres, Diego Arzúa, Xoel, Fabio e Gabi.
U.S.D. de O Grove: Santos, Xoán, Leo, Miguel, Yago, Martín, Xyan e Eric.
Goles: 1-0 Manuel (min. 14); 2-0 Dani Rey (min. 19); 2-1 Yago (min. 23); 2-2 Eric (min. 24); 3-2 Diego Torres (min. 27); 3-3 Xyan (min.29); 4-3 Diego Torres (min. 32); 4-4 Yago (min. 42); 5-4 Diego Torres (min. 43); 6-4 Diego Torres (min. 42); 6-5 Yago (min. 48).
C.D. Portas 2 – 1 Benxamíns
Tamén comezaban a Competición Ligueira os Benxamíns, visitando na Rapeira ao C.D. Portas. Un encontro moi disputado e no que todo se decidiu na primeira metade. Héctor adiantou ao Moraña no minuto 16, pero antes do descanso co doblete de Adán, o Portas remontaba poñéndose 2-1.
A pesar das ocasións da segunda metade, o marcador non se moveu, e este foi o resultado final. A seguir traballando rapaces!
Ficha técnica
C.D. Portas.: Lois, Raúl, David, Mateo, Anxo, Adrián, Sabela, Adán, Fariña e Juan.
Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Iago, Xurxo, Pedro, DIego, Lucas, Anxo, Saúl e Héctor.
Goles: 0-1 Héctor (min. 16); 1-1 Adán (min. 21); 2-1 Adán (min. 23).
Marcón Atl. 3 – 0 Alevíns
Xa a terceira xornada para os Alevíns de fútbol 11, viaxando ao Carrasco para enfrontarse ao Marcón Atlético. Un encontro que os nosos afrontaron con enerxía e no que pelexaron a reo. A igualdade foi a tónica do partido, e só houbo un gol nos primeiros 35 minutos, obra de Tomás.
Co 1-0 tralo descanso, os nosos buscaron o empate, pero Tomás de novo, e David dende os 11 metros, fixeron dous goles máis, deixando o marcador final en 3-0. Ánimo e a seguir, rapaces.
Ficha técnica
Marcón Atl.: Diego, Lucas, Unai, Iker, Hugo, Yago, Pablo, Tomás, Adrián, David e Carlos. Tamén xogaron Pablo, Miguel Darío, Ángel e Antía.
Moraña C.F.: Óscar, Pablo, Ethan, Mateo, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel e Mario. Tamén xogaron Joel, Yosi, Darío, Antón e Héctor.
Goles: 1-0 Tomás (min. 17); 2-0 Tomás (min. 42); 3-0 David, penalty (min. 65).
Céltiga C.F. 0 – 3 Cadetes
Os Cadetes viaxaron nesta xornada ao sempre difícil campo de A Bouza, na Illa de Arousa, para xogar ante o Céltiga C.F. Un partido que os nosos encarrilaron cedo, co gol de Mateo no minuto 5. Este tanto deu moito empuxe aos nosos, que se foron asentando paulatinamente no partido e marcharon ao descanso con máis vantaxe co gol de Álex no minuto 24. Pese á reacción local na segunda metade, os nosos case sentenciaron no comezo, con outro gol de Mateo no 48. Houbo máis ocasións polas dúas partes no tempo restante, pero o marcador xa non se moveu, acadando os Cadetes a súa terceira victoria consecutiva. Noraboa!
Ficha técnica
Céltiga C.F.: Alejo, Dani, Manu, Iago, Javi, Aimar, Iván, Eloy, Miguel, Pablo e Bruno. Tamén xogaron Aarón, Ramón, Alberto, Iago e Iván.
Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan e Aday. Tamén xogaron André, Jorge, Abal, Marta e Saúl.
Goles: 0-1 Mateo (min. 5); 0-2 Álex (min. 24); 0-3 Mateo (min. 48).
Xuveniles 4 – 0 Juv. Cambados «B»
Victoria con solvencia dos Xuveniles ante o filial do Xuventude Cambados na mañán do sábado no Buelo. Os nosos rapaces fixeron un gran partido, poñéndose rápidamente por diante e mantendo a intensidade no resto do encontro para non permitir aos visitantes entrar no mesmo.
Os goles de David no minuto 8, Pablo Fraga no 13 e Alboy no 16, poñían cun claro 3-0 aos nosos por diante. Con esta renta os nosos gañaron en tranquilidade, pechando os espazos e non deixando xerar perigo aos visitantes. Redondeou o marcador no último tramo Marcos, facendo o definitivo 4-0 no minuto 82. Noraboa!
Ficha técnica
Moraña C.F.: Jorge, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, David, Pereira, Alboy, Dani, Pablo Fraga e Simón. Tamén xogaron Adonis, Pablo González, Iván, Marcos e Joel.
Juv. Cambados «B»: Alex, Mario, Sebas, Santi, Manu, Diego, Piñeiro, Yerai, Xabi, Anxo e Vitaly. Tamén xogaron Pablo, Miguel, Vicente e Gabriel
Goles: 1-0 David (min. 8); 2-0 Pablo Fraga (min. 13); 3-0 Alboy (min. 16); 4-0 Marcos (min. 82).