Prebenxamíns 3 –  1 C.D. Bueu

Primeira victoria dos nosos Pres nesta segunda fase da liga. Un partido no que os rapaces dominaron en gran medida, e o Bueu só xeraba perigo nos contraataques cando superaban a presión do Moraña. A primeira ocasión clara foi dos visitantes, nun lanzamento de penalti que mandaron ao poste. Pouco despois chegaba o primeiro gol, obra de Diego, que pouco despois aproveitou o rexeite do porteiro para facer o segundo. Este 2-0 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, o Bueu reaccionou, marcando o 2-1 nada máis comezar. Este gol puxo incertidume no marcador durante toda a segunda parte, pero a falta de 5 minutos Brais facía o definitivo 3-1 que deixaba os puntos en Moraña. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani, Diego, Gabi, Xoel, Iñaki, Fabio e Mauro.

C.D. Bueu:  Sabela, Jose Carlos, Jose Manuel, Iker, Izan, Teo, Miguel e Nico.

Marcaron: Diego Torres (2) e Brais.

Benxamíns 2 – 4 A.X.D. Verdugo

Encontro cheo de goles o dos Benxamíns, con alternativas para os dous equipos e con moita emoción. Comezaron os nosos por diante, con gol de Lucas, ao que respondía Breixo só dous minutos despois. De novo Lucas adiantaba ao Moraña no 13, pero no 16 Izan facía a igualada, deixando o 2-2 ao descanso. Na segunda metade o Bueu estivo máis acertado de cara a gol, e de novo Izan no 36 e Breixo no 43 poñían o 2-4 no marcador que lle daba a victoria ao Verdugo. Bo traballo, e a seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Saúl, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro, Anxo e Héctor.

A.X.D. Verdugo:  Xoel, Mateo, Izan, Mikel, Breixo, Gabriel, Mauro, Lola, Isaac, Iago, Diego e Dani.

Marcaron: 1-0 Lucas (min. 5); 1-1 Breixo (min. 7); 2-1 Lucas (min. 13); 2-2 Izan (min. 16); 2-3 Izan (min. 36); 2-4 Breixo (min. 43).

Céltiga C.F. – Alevíns

O encontro dos Alevíns foi aplazado polo falecemento dun xogador do Céltiga C.F. Enviamos as nosas condolencias a toda a familia e amigos.

 

Cadetes 2 – 3 C.D. Arcade

Os Cadetes caeron no desconto nun encontro no que lograron remontar, pero no que o Arcade reaccionou. Yahia marcaba no minuto 13 o primeiro gol, ao que os nosos reaccionaron por medio de Mateo no 18. Con este empate se chegaba ao descanso. No minuto 61, Mateo de novo poñía aos nosos por diante, dándolle a volta ao partido. Pero a falta de cinco minutos Yahia volvía a marcar poñendo o 2-2, e cando parecía que o empate ía a ser o resultado final, de novo Yahia marcaba para certificar a victoria visitante por 2-3. A seguir, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo Mouriño, Mateo, Abel, Álex, Jorge e Aday. Tamén xogaron Hugo, Anxo, André, Joel e Saúl.

C.D. Arcade:  Luka, Nico, Álex, Gabri, Raúl, Hugo, Antonio, Noah, Diego, Celso e Yahia. Tamén xogaron Álvaro, Santi, Pablo e Borja.

Goles: 0-1 Yahia (min. 13); 1-1 Mateo (min. 18); 2-1 Mateo (min. 61); 2-2 Yahia (min. 75); 2-3 Yahia (min. 80).

Xuveniles 2 – 1 A.D. Arousa F7

Traballada victoria dos Xuveniles no Buelo na tarde do sábado, ante unha A.D. Arousa F7 que xogou a un gran nivel. Os vilagarcianos chegaron ao descanso por diante no marcador, con gol de Jacobo. Pero na segunda metade o Moraña foi quen de darlle a volta ao partido. Jorge no minuto 62 facía a igualada, e a falta de cinco minutos, Pablo Fraga poñía o 2-1 que deixaba os puntos en Moraña. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Sergio, Pablo Sende, Jorge, David, Pereira, Alboy, Pablo González, Marcos, Joel e Simón. Tamén xogaron Adonis, Jorge e Pablo Fraga.

A.D. Arousa F7:  Joel, Raúl, Manu, Jacobo, Javi, Sergio, Asier, Marcos, Rubén, Yoel e Omar. Tamén xogaron Christian e Cores.

Goles:  0-1 Jacobo (min. 33); 1-1 Jorge (min. 62); 2-1 Pablo Fraga (min. 85)

Compárteo!

Deixa un Comentario