Caldas C.F. 3 – 2 Alevíns

Os alevíns xogaron nesta mañán de domingo un amigable nas Corticeiras ante os nosos veciños do Caldas C.F. Un encontro que serviu para seguir conxuntando ao equipo e na que os nosos caeron por 3-2. Os goles morañeses foron obra de Diego Torres e Dani Rey. A seguir traballando rapaces!!

 


S.D. Monteporreiro «B» 1 – 5  Cadetes

Debut ligueiro  dos Cadetes en Monteporreiro, nunha tempada que comeza chea de ilusión. Os pupilos de Leis fixeron un encontro moi completo, sustentado nunha boa primeira metade na que co hattrick de Lucas e o gol de Rubén acadaron unha clara vantaxe de 0-4. Na segunda metade Iker aumentou máis a vantaxe e Iván fixo o gol local a falta de un cuarto de hora. Bo traballo destes rapaces, a seguir!!

Ficha técnica

S.D. Monteporreiro «B»: Anxo, Migue, Doval, Nico, Aarón, Gabriel, Sara, Yago, Moha, Kirian e Blas. Tamén xogaron Nerga, Roque, Otto, Tomás e Iván.

Moraña C.F.: Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Bruno, Iker, Rubén, Pablo, Xoel e Jesús. Tamén xogaron Héctor, Diego, Nico e Antón.

Goles: 0-1 Lucas (min. 17); 0-2 Lucas (min. 25); 0-3 Rubén (min. 30); 0-4 Lucas (min. 42); 0-5 Iker (min. 63); 1-5 Iván (min. 66)


Xuveniles 4 – 1 Salgueiriños C.F. «B»

Cuarta xornada de Liga para os Xuveniles nesta liga provincial, na que recibían ao Salgueiriños «B» no Buelo na tardiña do sábado. Un encontro que os nosos encarrilaron cedo, cos goles de Jorge e Aday nos primeiros 10 minutos. Chegouse ao descanso con esta vantaxe de 2-0. Na segunda metade os pontevedreses recortaron por medio de Diego no 64 pero só 5 minutos despois Abel poñía o 3-1. Co tempo cumplido André pechaba o marcador co definitivo 4-1. Gran traballo, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Abel, Álex, Hugo, Damián, Aday e Dani Fontán. Tamén xogaron Óscar, Lucas, Domi, André e Raúl.

Salgueiriños C.F. «B»: Nuno, Sergio, Ángel, Hugo, Diego, Álex, Juan, Germán, Suárez, Rodríguez e Jaime. Tamén xogaron Brais, Mauro, Víctor e Miguel.

Goles: 1-0 Jorge (min. 3); 2-1 Aday (min. 9); 2-1 Diego (min. 64); 3-1 Abel (min. 69); 4-1 André (min. 90+1)


Senior «B» 1 – 4 F.C. Cruceiro

Os nosos Senior «B» recibían no Buelo ao F.C. Cruceiro na segunda xornada de Liga, nun encontro que se presumía complicado. Os nosos pelexaron a reo, pero os visitantes encarrilaron o encontro nunha gran primeira metade e cunha actuación destacada do seu dianteiro Jesús, que firmou un hattrick. Co resultado de 0-4 ao descanso, os nosos lograron descontar na segunda metade, facendo David F.S. o 1-4 no minuto 56. Malia todo, gran traballo do noso filial, a seguir pelexando e medrando, rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Jorge, Álex, Raúl, Pereira, Leandro, David F.C., David García, David F.S. e Adán. Tamén xogaron Saúl, Rubén, Diego e Dani.

F.C. Cruceiro: Fran, Luis, Anxo, Agustín, Antón, Marcos, Miguel, Pablo, Iago, Amable e Diego. Tamén xogaron Sergio, Raúl, Iván e Jorge.

Goles: 0-1 Jesús (min. 8); 0-2 Diego (min. 26); 0-3 Jesús (min. 33); 0-4 Jesús (min. 39); 1-4 David F.S. (min. 56)

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario