Alevíns 1 –  2 E.F. Portero 2.000

Derrota pola mínina dos nosos Alevíns ante o Portero 2.000 nun encontro no que os nosos pelexaron a reo. Foron ao descanso en desvantaxe 0-1, sen nunca baixar os brazos e buscando o empate con forza. Un partido que estivo cheo de emoción e de bo fútbol e que finalmente cae do lado pontevedrés por vantaxe mínima de 1-2. A seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Diego G., Dani, Héctor, Iago, Diego T., Breixo Ferrín, Eden, Hugo e Víctor.

E.F. Portero 2.000: Mateo, Anxo, Miguel, Antonio, Janeiro, Ramón, Mirón, Dios, Andrés, Adrao e Alberto.


C.F.B. Poio «B» 8 –  4 Cadetes

Encontro cheo de goles o que xogaron os nosos Cadetes na Seca na mañán do domingo. Un partido no que os locais colleron distancia nos primeiros 40 minutos (6-1 ao descanso) e que pese á reacción dos nosos tralo descanso souberon administrar para facerse cos puntos, co definitivo 8-4.  Último encontro ligueiro para os nosos Cadetes, que pechan unha tempada na que pelexaron e traballaron a reo.

Ficha técnica

C.F.B. Poio»B»: Mateo, Manoel, Matías, Alejandro, Becoña, Carlos, Lucas, Iago, Javi, Fran e Jose. Tamén xogaron Mateo, Diego, Martiño, Marcos e González.

Moraña C.F.: Héctor, Aleixo, Ethan, Lucas, Bruno, Iker, Rubén, Nico, Rodri, Pablo e Jesús. Tamén xogaron Darío, Diego e Xoel.

Goles: Polo Poio Fran (4), Lucas (3) e Javi. Polo Moraña Rodri (2) e Xoel (2)


Xuveniles 2 – 3 C.D. Moaña

Penúltimo encontro de Liga para os nosos Xuveniles, que están firmando unha gran campaña en Provincial. Os nosos recibían ao quinto clasificado nun encontro cheo de alternativas pero que caeu do lado visitante. Adiantáronse cedo os nosos, cun gol de Aday no minuto 2, pero con reacción rápida dos visitantes: no 7 Leites poñía o empate. Antes do descanso o Moaña daba a volta ao encontro co 1-2 de Izan.

Xa na segunda metade, Anxo poñía de novo a igualada no 64. Pero no 78, a mala fortuna cun gol en propia meta poñía en vantaxe de novo ao Moaña, que non soltou ata o pitido final. Toca seguir e desfrutar da derradeira xornada o vindeiro sábado, desta gran tempada.

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi, Damián, Aday e Dani. Tamén xogaron Diego, Lucas, Hugo, Jose e David.

C.D. Moaña: Hugo Eric, Lucas, Pablo, Trigo, Leites, Izan, Aarón, Breixo, Carballo e Samu. Tamén xogaron Lucas, Gael, Eloi, Cancelas e Cordeiro.

Goles: 1-0 Aday (min. 2); 1-1 Leites (min. 7); 1-2 Izan (min. 26); 2-2 Anxo (min. 64); 2-3 Pablo p.p. (min. 78)


 

Compárteo!

Deixa un Comentario