A.J. Lérez «B»  0 – 2 Alevíns

Terceira xornada e terceira victoria para os nosos Alevíns! Este sábado, no Manolo Barreiro de Pontevedra os nosos lograron os tres puntos nun encontro moi traballado e igualado. O Moraña logrou adiantarse por medio de Dani Rey no minuto 18 da primeira metade, chegando con vantaxe ao descanso. Na segunda metade, os pontevedreses tiveron cerca o empate, pero Diego Torres no 42 certificaba a victoria. Noraboa!!

Ficha técnica

A.J. Lérez «B»: Miguel, Raúl, Jorge, Brais, Pablo, Álex, Marco, Villaverde, Martín, Pintos e Caballero.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais Candal, Dani Rey, Héctor, Iago, Diego Torres, Mamdou, Breixo Ferrín e Víctor.

Goles: 0-1 Dani Rey (min. 18); 0-2 Diego Torres (min. 42).


Cadetes 2 – 2 A.D. Sagrado C.F.

Os Cadetes tiveron preto acadar os tres puntos no seu encontro deste domingo, pero non puido ser. Comezaron perdendo co gol de Ricardo no minuto 11, pero  antes do descanso Rodri e Xoel dábanlle a volta ao electrónico. Tentaron aumentar a vantaxe os nosos na reanudación, pero Alejo no 63 puxo o 2-2, que pese aos intentos de ambos equipos, foi o resultado final. A seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Pablo, Xoel e Jesús. Tamén xogaron Héctor, Iago, Nico, Iker e Jonathan.

A.D. Sagrado C.F. : Antón, Juan, Gonzalo, Noe, Oscar, Javi, Pablo, Álvaro, Marcos, Pérez e Pedro. Tamén xogaron Adri, Mateo, Sergio, Diego e Alejo.

Goles: 0-1 Ricardo (min. 11); 1-1 Rodri (min. 38); 2-1 Xoel (min. 42); 2-2 Alejo (min. 63).


E.D. Arousa S.D – Xuveniles

O encontro dos nosos xuveniles quedou suspendido debido á grande cantidade de xogadores enfermos de gripe na nosa plantilla. O encontro será adiado a unha nova data da que informaremos.

Compárteo!

Deixa un Comentario