Alevíns 3 – 0 C.D. Bueu «B»

Segunda xornada desta fase ligueira e segunda victoria dos Alevíns, que seguen imparables! Na mañán do sábado venceron ao Bueu «B» nun encontro no que mantiveron a portería a cero e na que co doblete de Brais e o gol de Diego certificaron unha clara victoria por 3 a 0. Noraboa e a seguir, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani, Héctor, Iago, Diego, Borja, Breixo Ferrín, Eden e Victor

C.D. Bueu «B»: Teo, Gael, Mateo, Gabri, Pastoriza, Noel, Julia, Anxo, Raúl e Leyton.

Goles:  1-0 Brais (min. 6); 2-0 Diego (min. 15); 3-0 Brais (min. 34)


A.D. Sagrado C.F. 2 – 0 Cadetes

Os Cadetes viaxaron ao Príncipe Felipe para enfrontarse ao Sagrado Corazón. Moi bo comezo dos nosos, que cun doblete de Lucas nos primeiros 6 minutos encarrilaban o encontro dende o primeitro momento. Antes do descanso Jonathan fixo o terceiro, e xa na segunda metade e dende os 11 metros, Rubén certificaba o definitivo 0-4. Noraboa!

Ficha técnica

A.D. Sagrado C.F.: Antón, Álvaro, Noe, Pablo, Óscar, Diz, Diego, Jorge, Davi, Simon e Pedro. Tamén xogaron Marcos e Sergio.

Moraña C.F.: Darío, Ethan, Bruno, Yosi, Rodri, Pablo, Jonathan, Aleixo, Iker, Rubén e Lucas. Tamén xogaron Diego, Nico, Iker F., Jesús e Antón.

Goles: 0-1 Lucas (min.2) ; 0-2 Lucas (min. 6); 0-3 Jonathan (min. 28); 0-4 Rubén (min. 64, penalti)


San Martín C.F. 1 – 3 Xuveniles

Os Xuveniles seguen coa súa boa racha cunha nova victoria. Nesta xornada venceron ao San Martín a domicilio tras unha primeira parte na que foron moi superiores e conseguiron unha clara vantaxe de 0-3 cos goles de Aday e o doblete de Mateo. Na segunda metade os locais recortaron por medio de Alejandro, pero a victoria e os puntos foron para os nosos. Gran traballo!

Ficha técnica

San Martín C.F.: Dani, Joel, Kevin, Xabi, Sergio, Manuel, Aarón, Miguel, Fran, Gabriel e Padín. Tamén xogaron Mario, Marcos, Alfredo, Ángel e Bouzas.

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Álex, Domi, Damián, Aday e Dani F. Tamén xogaron Lucas, Abel, Hugo, David e André.

Goles: 0-1 Aday (min. 28); 0-2 Mateo (min. 34); 0-3 Mateo (min. 40); 1-3 Bouzas (min. 58)


Caldas C.F. «B» 2 – 2 Senior «B»

Derbi de filiais nas Corticeiras entre Caldas e Moraña na tarde do domingo. Un partido que ambos conxuntos enfrontaron con moitas ganas e no que cada equipo dominou unha parte. Nos primeiros 45 minutos o Moraña colleu vantaxe co gol de david no 23, e puxo máis terra de por medio por medio de Dani F. no desconto. Con este 0-2 ao descanso, parecía que o Moraña encarrilaba o encontro, pero na segunda metade o Caldas cos goles de Bruno no 52 e de Brais no 74 acadaba un empate co que se repartían os puntos. A seguir!!

Ficha técnica

Caldas C.F.: Miguel, Javi, Ángel, Cristian, Manu, Miguel, Dario, Brais, Pardo, Dani e Añón. Tamén xogaron Novas, Bruno, Dani e Marcos.

Moraña C.F.: Iván, Dani, Álex, Adán, Jorge, David F., Pereira, Isaac, David García, Rubén e Juan. Tamén xogaron Alexandre, Leroy, Dani, Anxo e Nelson.

Goles: 0-1 David García (min. 23); 0-2 Dani F. (min. 45+1); 1-2 Bruno (min. 52); 2-2 Brais (min. 74)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario