Alevíns 5 – 0 Marcón Atl. «B»

Gran partido dos nosos Alevíns o xogado a mañán do domingo. Nel, ante o Marcón Atlético «B» desplegaron moi bo fútbol e acadaron unha clara victoria por 5-0. Xa foron os nosos con vantaxe de 3-0 ao descanso, e na segunda metade fixeron dous novos goles para redondear o resultado. Gran traballo, a seguir así!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Dani Rey, Héctor Barreiro, Iago, Diego Torres, Borja Couso, Omar, Breixo Ferrín, Brais Candal e Víctor.

Marcón Atl. «B»: Diego, Esther, Anxo, Gerardo, Izan, Pedro, Paulo, Marcos, Gorka, Mateo, Noa, González e Gonzalo.

Goles: Hector Barreiro (3), Dani Rey e Breixo Ferrín.

 

 


S.D. Puentearnelas 6 – 1  Cadetes

Os nosos Cadetes aproveitaron nesta xornada que lles tocaba descansar (ao retirarse da competición o seu rival ligueiro) para xogar un amigable ante a S.D. Puentearnelas o sábado. Nel, os nosos caeron por un claro 6-1, con gol de Rodri. Pero serviu para aproveitar e ir pulindo cousas de cara aos próximos encontros.


Xuveniles 1 – 2 Juv. Cambados

Nova xornada ligueira para os xuveniles, que recibían no Buelo ao Cambados. Os nosos comezaron ben o encontro, adiantándose cedo (minuto 9) por medio de Jose. Esta vantaxe pola mínima mantívose ata ben entrada a segunda metade. No 75 Roi batía a Diego para poñer o empate, e a falta de 5 minutos Oubiña facía o 1-2 para os visitantes que lles valían os tres puntos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Abel, Álex, Domi, Jose, Aday, David e Dani. Tamén xogaron Óscar, Lucas, Hugo, Damián e André.

Juv. Cambados: Edgar, Roi, Cores, Oubiña, Xabi, Alberto, Vicente, Iván, Mateo, Roberto e Ignacio. Tamén xogaron Denis, Manu, Brais, David e Raúl.

Goles: 1-0 Jose (min. 9); 1-1 Roi (min. 75); 1-2 Oubiña (min. 86)


Barro C.F.  6 – 2 Senior «B»

Derbi en Outeiro-Perdecanai na tarde do domingo para o noso filial, ante o Barro C.F. Con moitas baixas e con bastantes xuveniles na convocatoria botando un cable, os nosos comezaron mandando, co gol de Anxo no minuto 8. Parecía que se ía a chegar con esta vantaxe ao descanso, pero o Barro en dous minutos doulle a volta ao electrónico, cos goles de Rubén e Diego (43 e 44). Un mazazo moi forte xusto antes do receso.

Na segunda metade os locais puxeron máis terra de por medio, con dous goles máis de Rubén, outro de Iván e outro de Adri. Giao deixaba a conta no definitivo 2-6 case no último minuto.

Ficha técnica

Barro C.F.: Diego, Alberto, Rober, Iker, Amador, Rubén, Guillán, Pablo, DIego, Antonio e Damián. Tamén xogaron Iván, Adri, Manuel e Nieto.

Moraña C.F.: Saúl, Anxo, Álex, David Fontenla, Jorge, Alexandre, Isaac, Leroy, David García, Dani e Juan. Tamén xogaron Giao, David Fontenla, Dani Fontán e Adán.

Goles: 0-1 Anxo (min. 8); 1-1 Rubén (min. 43); 1-2 Diego (min. 44); 1-3 Rubén (min. 55); 1-4 Iván (min. 69); 1-5 Adri (min. 74); 1-6 Rubén (min. 86); 2-6 Giao (min. 88).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario