Alevíns 6 – 0 Juv. Cambados C.

Os Alevíns recibiron no Buelo na mañán do sábado ao Juv. Cambados «C», nun encontro que dominaron dende moi cedo. No minuto 3, o Moraña xa mandaba no electrónico co doblete de Diego Torres, e antes do descanso Omar facía outros dous. No segundo tempo, o Moraña redondeou o electrónico con outro gol de Omar e o definitivo 6-0 que fixo Eden.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Eden, Brais, Dani, Diego Torres, Borja, Víctor, Breixo Ferrín, Diego González, Héctor Barreiro e Omar.

Juv. Cambados C.: Lucas, Xoel, Laya, Hugo, Leal, Iker, Benjamín, Miguel, Iker Lois e Duarte.

Goles:  1-0 Diego Torres (min. 1); 2-0 Diego Torres (min. 3); 3-0 Omar (min. 18); 4-0 Omar (min. 24); 5-0 Omar (min. 29); 6-0 Eden (min. 51).


Cadetes 2 – 2 S.D. Monteporreiro «B»

Os Cadetes unha semana máis xogaron no Buelo e de novo regalaron un partido cheo de emocións. Yosi salvou un punto no desconto cando parecía que xa non había opcións. Comezou mandando o Moraña, co gol de Lucas no minuto 17. Pero o Monteporreiro  cos goles de Ernesto e Kirian deulle a volta ao encontro antes do descanso, ao que se chegou con derrota momentánea por 1-2.  Na segunda metade o marcador non se movía e cando parecía que os 3 puntos marchaban, Yosi facía o 2-2 definitivo.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Héctor, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker Rubén, Nico, Jonathan, Pablo e Jesús. Tamén xobaron Darío, Iago, Bruno, Antón e Xoel.

S.D. Monteporreiro «B»: Mateo, Miguel, Anxo, Aarón, Montoya, Breixo, Sara, Kirian, Ernesto, Nico e Yago. Tamén xogaron Anxo, Julen, Mario, Aitor e Otto.

Goles: 1-0 Lucas (min. 17); 1-1 Ernesto (min. 34); 1-2 Kirian (min. 42); 2-2 Yosi (min. 80+1).


Caldas C.F. 1 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles recibían en xornada ligueira ao Vilanova no Terrón, nun encontro que se prometía interesante. Tras unha primeira parte sen goles, no minuto 66 Sergio adiantaba ao Vilanova. O Moraña buscou o empate indo máis ao ataque, e os locais aproveitaron os espazos para facer o 0-2. Hugo puxo emoción ao último tramo co 1-2 no minuto 85, pero os nosos non foron quen de acadar o empate o os puntos quedaron na casa. A seguir!

Ficha técnica

Caldas C.F.: Sergio, Roi, Estefan, Antón, Carlos, Yoel, Adrián, Dani, Jorge, Pablo e Iago. Tamén xogaron Diego, Vicente, Ángel, Luis e Carlos.

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Abel, Álex, Domi, Damián, Aday, Dani e André. Tamén xogaron Hugo e David.

Goles: 0-1 André (min. 23); 1-1 Pablo (min. 50)


F.C. Cruceiro 5 – 0 Senior «B»

O noso filial, totalmente «en cadro» viaxou ao Javier Guimeráns para enfrontarse no seu encontro ligueiro co F.C. Cruceiro. Os nosos con 11 xustos competiron ante un equipo que pelexa o play-off de ascenso pero que se puxo por diante no minuto 8 e que xa foi ao descanso con vantaxe de 3-0. Na segunda metade, os nosos seguiron pelexando, pero o Cruceiro fixo dous máis, deixando o marcador en 5-0. A seguir!!

Ficha técnica

F.C. Cruceiro: Dani, Anxo, Camaño, Agustín, Antón, Saúl, Miguel, Jorge, Rafa, Xabi e Jesús. Tamén xogaron Raúl, Marcial, Pablo, Sergio e Iago.

Moraña C.F.: Saúl, Juan, Rubén, Adan, Jorge, Alexandre, Rubén, Pereira, Iván, Leroy e David F.

Goles: 1-0 Antón (min. 8); 2-0 Agustín (min. 14); 3-0 Rafael (min. 49); 4-0 Agustín (min. 49); 5-0 Antón (min. 64).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario