S.C.D. Salcedo «B» 0 – 6 Alevíns

Nova xornada ligueira e nova victoria dos nosos Alevíns, desta volta ante o Salcedo en Chan do Piñeiro. Os nosos seguen xogando a un gran nivel, e os resultados acompañan. Foron ao descanso con vantaxe 0-3, para redondear o marcador co 0-6 final tralos 50 minutos. Bo traballo rapaces, a seguir!

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo «B»: Samu, Lucas, Mateo, Izan, Acuña, Jairo, Breixo, Isma, Sotelo, Guerra, Aldara, Adrián e Rubén.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani Rey, Héctor, Iago, Diego, Mamdou, Breixo Ferrín, Borja e Víctor.

Goles:  Diego Torres (3), Dani Rey, Hector Barreiro e Mamdou.


Xuveniles 3 – 3 A.J. Lérez «B»

Escapáronselle dous puntos aos Xuveniles no último suspiro tras un gran encontro no que remontaron un gol inicial e lograron adiantarse por segunda vez. Adiantou cedo Román á Juvenil no minuto 3, batindo a Diego. Pero Abel e Jose antes da media hora puxeron por diante ao Moraña, cun 2-1 que foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, Pedro no 56 facía a igualada, comezaba o encontro de novo. Pero a falta de 5 minutos, Abel batía de novo a Christian poñendo o 3-2 que parecía dar a victoria aos nosos. Non puido ser: no 89 Hamidou facía o 3-3 que foi o resultado definitivo. Malia todo, gran traballo dos nosos!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Abel, Domi, Hugo, Jose, Aday e Dani Fontán. Tamen xogaron Óscar, Damián, David, Raúl e André.

A.J. Lérez «B».: Christian, Raúl, Marcos, Pablo, Jose, Arian, Pedro, Froiz, Carlos, Román e Ventura. Tamén xogaron Miguel, Pablo, Alejandro e Hamidou.

Goles: 0-1 Román (min. 3); 1-1 Abel (min. 21); 2-1 Jose (min. 32); 2-2 Pedro (min. 56); 3-2 Abel (min. 85); 3-3 Hamidou (min. 89)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario