Alevíns 1 – 1 C.D. Bamio

Traballado empate o que acadaron os nosos Alevíns nesta mañán de domingo no Buelo. Un partido moi igualado no que os visitantes, o C.D. Bamio conseguía vantaxe no minuto 6 co gol de Uxío. Este único tanto foi o que se veu na primeira metade, pese as ocasións polas dúas partes E tamén durante gran parte da segunda metade ata que Diego Torres, no 45 puxo a igualada e certificou o reparto de puntos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Diego G., Dani, Héctor, Iago, Diego T., Breixo Ferrín, Eden, Borja e Víctor.

C.D. Bamio: Yurena, Pablo, Maddox, Gorka, Uxío, Yeray, Yafael, Alenadro, Ander, Dani, Nael, Carlos, Juan e Iago.

Goles:  0-1 Uxío (min. 6); 1-1 Diego Torres (min. 45)


Marcón At. 0 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles seguen imparables neste tramo da liga, acadando a súa sétima victoria consecutiva e acariciando incluso os postos que dan acceso ao playoff de ascenso á Liga Galega. Os nosos venceron este sábado a domicilio ao Marcón Atlético no Carrasco, grazas a un gran traballo colectivo e ao solitario gol de Mateo ao filo do descanso. Pouco máis que engadir sobre o pedazo de tempada que están a facer, toca seguir e ver ata onde chegan. Noraboa!

Ficha técnica

Marcón At..: Antonio, Mario, Manu, Jose, Antonio, Mauro, Pablo, Jorge, Nathan, Raúl e Anxo. Tamén xogaron Gabri, Rober, Vilela e Alfonso.

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Dami, Aday e Dani. Tamén xogaron Lucas, Hugo, David e André.

Goles: 0-1 Mateo (min. 41)


Marín C.F. 8 – 0 Senior «B»

Visita complicada do noso filial, que xogaba en San Pedro ante o líder, o Marín C.F. Un rival enchufado e que busca o ascenso directo á Segunda e que se mostrou intratable na tarde de hoxe. Pese ao empuxe e ás ganas dos nosos, os locais xa foron con vantaxe de 5-0 ao descanso, ampliando en tres goles máis na segunda metade. A seguir loitando e medrando, o auténtico obxectivo deste equipo!!

Ficha técnica

Marín C.F.: Xosé, Fran, Pedro, Jose, Pablo, Borja, Samu, Luis, Bieito, Diego e García. Tamén xogaron Adri, Pablo, Iago, Juan e Duarte.

Moraña C.F.: Iván, Dani, Adán, Jorge, Pereira, David, Leroy, David G., Rubén, Dani e Álex. Tamen xogaron Rubén F., Anxo e Pablo.

Goles: Bieito (2), Jose, Pedro, García, Diego e Álex (p.p.)

Compárteo!

Deixa un Comentario