Umia C.F. 2 – 3 Alevíns

Partidazo por todo o alto dos Alevíns, que comezaban a segunda fase da Liga. Un partido no que non se viron goles na primeira metade, pero na que vivimos unha segunda parte moi emocionante. O Moraña saliu dos vestiarios con enerxía, e cos goles de Breixo Ferrín e Diego poñíase con clara vantaxe 0-2. Pero os locais reaccionaros, e cun doblete de Rodrigo empataban a falta de 5 minutos. Parecía que o empate ía a ser o resultado final, pero Héctor no último suspiro facía o 2-3 que lle daba os tres puntos aos nosos. Noraboa!

Ficha técnica

Umia C.F.: Adrián, Lia, Lara, Guillermo, Rodri, David, Xurxo, Óscar, Marc e Yago.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Omar, Brais, Dani, Héctor, Iago, Diego, Breixo Ferrín, Eden, Borja e Víctor.

Goles:  0-1 Breixo Ferrín (min. 34); 0-2 Diego (min. 37); 1-2 Rodrigo (min. 42); 2-2 Rodrigo (min. 45); 2-3 Héctor (min. 49)


Xuveniles 2 – 0 Alondras C.F. «B»

Partido moi completo e traballado dos nosos Xuveniles, que se fixeron cos tres puntos no Buelo ante o Alondras C.F. «B». Un partido que comezaron a encarrilar cara o final da primeira parte co gol de Álex, e que sentenciaron á volta do descanso co 2-0 de Mateo. Domi, cun doblete, certificou nunha gran segunda metade dos nosos o definitivo 4-0. Gran traballo, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi, Damián, Aday e Dani Fontán. Tamén xogaron David, Hugo e André.

Alondras C.F. «B»: Gonzalo, Rubén, Pablo, Adrián, Jorge, Iago, Christian, Freire, Nico, Saúl e Martín. Tamén xogaron Xesús e Raúl.

Goles: 1-0 Álex (min. 36); 2-0 Mateo (min. 51); 3-0 Domi (min. 58); 4-0 Domi (min. 62)


Senior «B» 1 – 2 Barro C.F.

Derbi por todo o alto para pechar a tarde do domingo entre o noso filial e os veciños do Barro C.F. Comezaron gañando os nosos, co gol de Isaac no minuto 20, pero os locais por medio de Brais empataban antes do descanso. O encontro seguiu na senda da igualdade durante varios minutos, pero no 65 Rubén poñía por diante ao Barro ao transformar un penalti. Buscaron os nosos a igualada pero non puido ser, e os puntos marcharon para Barro. Malia todo, gran imaxe e gran traballo.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Dani, Adán, Jorge, David, Rubén, Pereira, Isaac, David G., Candal e Dani. Tamén xogaron Damián, Leroy, Juan, Nelson e Hugo.

Barro C.F.: Damiàn, Diego, Iker, Brais, Adrián, Hugo, Gabriel, Guillán, Roberto, Pablo e Antonio. Tamén xogaron Iván, Rubén, Diego, Román e Nieto.

Goles: 1-0 Isaac (min. 20); 1-1 Brais (min. 34); 2-1 Rubén (min. 65 penalti).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario