Alevíns 0 –  2 Umia C.F.

Encontro desputadísimo o dos nosos Alevíns, como ven sendo a tónica neste segundo tramo da Liga. Un encontro que no que os visitantes marcaron cedo, no minuto 3 por medio de Óscar, e aproveitaron esa vantaxe para manter as liñas xuntas e non permitir ocasións dos nosos. Tralo descanso chegou a sentencia co gol de Dani en propia meta, cun 0-2 que foi o resultado final tralos 50 minutos. Malia todo, grande actitude e traballo destes rapaces. A seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Diego G., Dani, Héctor, Iago, Borja, Breixo Ferrín e Diego Torres.

Umia C.F.: Adri, Marc, Brais, Guiller, Rodri, Xoel, Xurxo, Óscar, David, Bravo e Yago.

Goles: 0-1 Óscar (min. 3); 0-2 Dani Rey p.p. (min. 31)


Salgueiriños C.F. «B» 14 –  0 Cadetes

Visita ao campo do líder dos nosos Cadetes, nun encontro no que o equipo local se mostrou moi superior en todos momento. A pesares de que os nosos o tentaron, o Salgueiriños xogou a un gran nivel, indo ao descanso xa con vantaxe de 9-0 e rematando o encontro cun claro 14-0 a favor. Nada que reprochar aos nosos, que o tentaron en todo momento e non baixaron os brazos a pesar do marcador. Toca seguir!!

Ficha técnica

Salgueiriños C.F. «B»: Miguel, Antonio, Gael, Álex, David, Ucha, Gabriel, Iñigo, Juan, Diego e Bruno. Tamén xogaron Juan, Augusto, Nico e Enma.

Moraña C.F.: Héctor, Aleixo, Ethan, Jonathan, Yosi, Nico, Rodri, Jesús, Iker, Rubén e Lucas. Tamén xogaron Darío, Iker Fariña, Antón e Xoel.

Goles: Ucha, Diego, Íñigo (4), David, Bruno, Juan (2), Gabriel (2) e Antonio e p.p.


Xuveniles 0 – 3 C.D. Lérez

Derrota ante o líder da categoría dos nosos Xuveniles, pero cun resultado bastante enganoso, xa que non foi ata o último tramo que os visitantes foron quen de coller vantaxe. Tras ir 0-0 ao descanso e sen ver goles durante case todo o partido, Joel facía o 0-1 no 74. Os nosos foron en busca do empate, deixando espazos para as contras do C.D. Lérez, que aproveitaron para aumentar a vantaxe por medio de Miguel no 85 e de Mario no 94. Bo traballo, rapaces, a seguir.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi, Hugo, Dami e Dani. Tamén xogaron Lucas, Aday, David e André.

C.D. Lérez: Anxo, Ignacio, Bryan, Alejandro, Mario, Manu, Rafa, Emmanuel, Brais, Óscar e Pedro. Tamén xogaron Moha, Mario, Gabri, Miguel e Joel.

Goles: 0-1 Joel (min. 74); 0-2 Miguel (min. 85); 0-3 Mario (min. 90+4)


Senior «B» 1 – 2 E.F.B. Terra de Montes

O noso «B» recibía o sábado ao Terra de Montes, co obxectivo de seguir competindo pero sobre todo de preparar aos rapaces de cara ao futuro. O encontro foi moi emocionante e só se decidiu no último tramo. Tras adiantarse cedo os nosos, co gol de Isaac no minuto 11, parecía que se ía a chegar ao descanso con esa vantaxe pola mínima. Pero Pablo, no 45 batía a Diego e facía o empate.

Tras unha segunda parte moi disputada e na que xa parecía que iamos vivir un reparto de puntos, Diego no minuto 85 facía o segundo para os visitantes que lles daba os tres puntos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Dani, Adán, Jorge, Álex, Isaac, Pereira, David, Rubén, David F. e Pablo. Tamén xogaron Rubén, Diego, Leroy e Anxo.

E.F.B. Terra de Montes: Gabri, Diego, Martín, Xian, Pablo, Xavi, Iago, Pablo, Enrique, Sergio e Samu. Tamén xogou Diego.

Goles: 1-0 Isaac (min. 11); 1-1 Pablo (min. 45); 1-2 Diego (min. 85)

Compárteo!

Deixa un Comentario