E.F. Portero 2.000 2 – 1 Alevíns

Encontro por todo o alto o que tiñan por diante os nosos Alevíns no Manolo Barreiro. Primeiro e segunda clasificado que se enfrotaban directamente e que xogaron un partido con moitas opcións. Tras chegar ao descanso con empate 1-1, na segunda metade os pontevedreses fixeron o segundo tanto ao que os nosos non puideron respostar. Derrota pola mínima pero gran traballo deste grupo de xogadores que cada semana vai a máis.

Ficha técnica

E.F. Portero 2.000: Hugo, Anxo, Víctor, Antonio Veiga, Juncal, Nico, Mateo, Xián, Alberto, Roque e Roberto.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani, Héctor, Diego, Borka, Omar, Breixo Ferrín, Eden e Víctor.

Goles:  Propia porta.


Cadetes 4 – 4 C.F.B. Poio «B»

Partido dos que fan afección o que xogaron os nosos Cadetes ante o Poio no Buelo. Un encontro no que comezaron mandando os nosos co gol de Iker aos dous minutos, pero ao que Iago contestou no minuto 6. O Moraña volvía a adiantarse no minuto 22 por medio de Aleixo, pero Lucas no 24 volvía a poñer a igualada. Así fomos ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, foi o Poio o que golpeou primeiro, poñéndose 2-3 co gol de Fran no 47. O Moraña dáballe a volta ao partido cos goles de Yosi e de Lucas dende os 11 metros, pero Fran no 75 deixaba o marcador no definitivo 4-4. Reparto de puntos e gran partido de ambos conxuntos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Héctor, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker Rubén, Nico, Rodri, Pablo e Jesús. Tamén xogaron Diego, Darío, Iker, Jonathan e Xoel.

C.F.B. Poio «B»: Silva, Manoel, Dimas, Anxo, Matías, Carlos, Salgueiro, Iago, Javi, Fran e Lucas. Tamén xogaron Fran G., Alfonso, Mateo, Becoña e Méndez.

Goles: 1-0 Iker (min. 2); 1-1 Iago (min. 6); 2-1 Aleixo (min. 22); 2-2 Lucas (min. 24); 2-3 Fran (min. 47); 3-3 Yosi (min. 57); 4-3 Lucas (min. 71, penalti); 4-4 Fran (min. 75).


Xuveniles 1 – 2 E.F.B. Vilanova

Os Xuveniles recibían en xornada ligueira ao Vilanova no Terrón, nun encontro que se prometía interesante. Tras unha primeira parte sen goles, no minuto 66 Sergio adiantaba ao Vilanova. O Moraña buscou o empate indo máis ao ataque, e os locais aproveitaron os espazos para facer o 0-2. Hugo puxo emoción ao último tramo co 1-2 no minuto 85, pero os nosos non foron quen de acadar o empate o os puntos quedaron na casa. A seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi, Damián, Aday e Dani F. Tamén xogaron Hugo, Jose, David e André.

E.F.B. Vilanova: Porto, Pablo, Brais, Pablo, Víctor, Agra, Sergo, Manuel, Lucas, Álex e Brais. Tamen xogaron Antonio, Juan, Osorio, Yeray e Padín.

Goles: 0-1 Sergio (min. 66); 0-2 Pablo (min, 73); 1-2 Hugo (min. 85)


Senior «B» 1 – 4 S.C.D. Poyo

O «B» xogou na tarde do sábado no Buelo ante a S.C.D. Poyo nun encontro moi igualado na primeira metade pero que se desnivelou na segunda para os visitantes. Tras uns primeiros 45 minutos nos que non se moveu o marcador, nos primeiro tramo da segunda Sierra cun hattrick puxo por diante ao Poyo, con 3 goles en só 10 minutos. Pereira recortou no 65, pero Fran no 74 certificaba a victoria dos poienses por 1-4. A seguir rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Rubén, Adán, Jorge, David, Pereira, Isaac, Leroy, David F., Dani Camiña e Rubén. Tamén xogaron Saúl e Breogán.

S.C.D. Poyo: Carlos, Gabriel, Seco, Simes, Hugo, Sierra, Beltrán, Fran, Miguel, César e Adri. Tamén xogaron Pablo, Iker, AItor, Darío e Porto.

Goles: 0-1 Sierra (min. 46); 0-2 Sierra (min. 53); 0-3 Sierra (min. 56); 1-3 Pereira (min. 65); 1-4 Fran (min. 74).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario