Juv. Cambados «C»  0 – 5 Alevíns

Abriron a fin de semana deportiva os Alevíns, no Pombal Pequeno ante o Cambados. Un partido que encarrillaron na primeira metade, chegando ao descanso con vantaxe de 3-0. Non baixaron o pistón na segunda parte, acadando dous goles máis, acadando a victoria e mantendo a segunda posición na liga. Vamos!!

Ficha técnica

Juv. Cambados «C»: Lucas, Xoel, Antonio, Oliver, Adam, Adrián, Iker, Miguel, Hugo, Roberto, José, Iker.

Moraña C.F.:Breixo Oubiña, Brais, Dani, Héctor, Iago, Diego, Borja, Breixo Ferrín e Mamdou.

Goles: 1-0 Diego (min. 6); 2-0 Diego (min. 11); 3-0 Dani (min. 20); 4-0 Breixo Ferrín (min. 30); 5-0 Héctor (min. 45).


Cadetes 0 – 15 E.F.B. Cangas

Os Cadetes recibiron no Buelo á E.F.B. Cangas nun encontro marcado polas baixas. Ademáis, da inoportuna lesión dun compañeiro que os obrigou a xogar boa parte do encontro con 10 xogadores. Destacamos e agradecemos o xesto do equipo visitante, que en vista das circunstancias decidiu sacar a un xogador e que o encontro continuase 10 contra 10.

O resultado, o de menos, foi claro para o Cangas, que marchou xa con 0-8 ao descanso e ampliou a vantaxe ata o 0-15 final. Ánimo, a recuperar efectivos e a seguir.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jonathan, Aleixo, Iago, Yosi, Iker, Rubén, Iker, Pablo, Antón, Xoel e Jesús.

E.F.B. Cangas.: Xian, Roberto, Saúl, Javi, Vera, Dani, Jesús, Fran, Adri, Xoel e Ángel. Tamén xogaron Damián e Iván.

 


Marín C.F. 5 – 5 Xuveniles

Auténtica locura e partido cheo de emocións o dos nosos xuveniles na mañán do sábado. Un encontro no que comezou mandando o Marín co gol de Marcos á media hora, pero que antes do descanso xa tiña cor morañesa co 1-2, cos goles de Mateo e Samir en propia meta.

Na segunda metade, Mateo e Jose poñían máis vantaxe, poñendo o marcador en 1-4. Pero o Marín apretou con todo e non só logrou o empate, se non que no 83 Iván poñía aos locais por diante outra vez 5-4. Igualou Jose no 85 para deixar o resultado final en 5-5 e reparto de puntos.

Ficha técnica

Marín C.F.: Martín, Yago, Samir, Hugo, Pablo, Unai, Marcos, Dani, Cristhian, Jacobo e Iván. Tamén xogaron Pablo, Xose, Diego, Samu e Elías.

Moraña C.F.: Óscar, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Domi, Jose, Aday e Dani. Tamén xogaron Hugo, Diego, Damián, Raúl e André.

Goles: 1-0 Marcos (min. 31); 1-1 Mateo (min. 36); 1-2 Samir (p.p., min. 41); 1-3 Mateo (min. 46); 1-4 Jose (min. 52); 2-4 Samu (min. 61); 3-4 Ivan (min. 64); 4-4 Marcos (min. 67); 5-4 Iván (min. 83); 5-5 Jose (min. 85).


S.C.D. Salcedo 6 – 0 Senior «B»

Viaxe ata a Xunqueira de Pontevedra do noso filial para xogar ante un clásico pontevedrés, a S.C.D. Salcedo. Un encontro que se nos torceu cedo co gol en propia meta de Adán ao cuarto de hora e no que os locais marcaron territorio cedo, indo ao descanso cun claro 4-0 a favor. Detivo Iván un penalti, pero os locais seguiron a empuxar e acadaron o definitivo 6-0. Toca seguir!!

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo.: Lino, Mario, Pablo, Díaz, Adri, Pedro, Alberto, Jacobo, David, Brais e Nelson. Tamén xogaron Edu, Antonio, Óliver, Youness e Alberto.

Moraña C.F «B».: Iván, Juan, Adán, Jorge, David F., Pereira, Leroy, David G., Dani, Rubén e Gabri. Tamén xogaron Saúl, Rubén, Isaac, Giao e Nelson.

Goles: 1-0 Adán (p.p. min. 14) 2-0 Adri (min. 18); 3-0 Lino (min. 31); 4-0 Lino (min. 33); 5-0 Óliver (min. 51); 6-0 Younes (min. 57)

Compárteo!

Deixa un Comentario