Alevíns 2 – 4 Caldas C.F. «B»

Derbi intenso o xogado na mañán do domingo no Buelo entre os nosos Alevíns e o Caldas «B». Un encontro marcado pola igualdade na que os visitantes marcharon ao descanso vencendo pola mínima (0-1) e que tivo unha segunda parte chea de goles. Tralos 50 minutos, 2-4 para os visitantes, pero de novo gran traballo deste grupo de rapaces. Vamos!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani Rey, Héctor, Iago, Diego Torres, Borja, Breixo Ferrín, Eden, Diego e Víctor.

Caldas C.F. «B»: Mauro, Xurxo, Raúl, Brais, Xavi, Adrián, Hugo, Pedro, Diego, Iván, Nico, Isma, Jorge e Pedro.

Goles:  Diego Torres e Iago Leboso


E.F.B. Cangas 8 – 0 Cadetes

Derrota clara dos Cadetes na súa visita a Montecarrasco. O E.F.B. Cangas mostrouse superior dende o comezo, chegando ao descanso con vantaxe clara de 5 a 0. Pese a que os nosos tentaron reaccionar na segunda metade, os locais non llo permitiron, deixando o marcador no definitivo 8-0. A se

Ficha técnica

E.F.B. Cangas: Xián, Damián, Leo, Rober, Jorge, Javi, Breixo, Jesús, Fran, Xoel e Ángel. Tamén xogaron Saúl, Brea e Iván.

Moraña C.F.: Héctor, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Jonathan, Pablo e Jesús. Tamén xogaron Darío, Bruno, Iker, Antón e Xoel.

Goles: 1-0 Breixo (min. 12); 2-0 Jorge (min. 17); 3-0 Javi (min. 19); 4-0 Jorge (min. 37); 5-0 Fran (min. 44); 6-0 Javi (min. 58); 7-0 Iván (min. 72); 8-0 jorge (min. 80).


Xuveniles 3 – 2 E.D. Arousa S.D.

Partido dos que fan afección o vivido no Buelo na mañán do sábado entre os nosos Xuveniles e a E.D. Arousa. Un partido cheo de emoción, goles e que, por sorte, caeu do noso lado. Arrancou por diante o conxunto visitante, que se adiantou no minuto 5 con gol de Roi. Só tardaron 3 minutos en reaccionar os nosos, e Álex poñía a igualada no 8. Chegamos co empate ao descanso.

Na segunda metade a igualdade seguía sendo a tónica ata que Sebas no minuto 70 batía a Diego e poñía 1-2 por diante aos arousanos. Difícil parecía a reacción, pero nuns últimos minutos de infarto, David no 86 poñía o 2-2 e no desconto, Anxo facía o 3-2 definitivo. Gran traballo, rapaces!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Dami, Aday e Dani. Tamén xogaron Lucas, Hugo, David e André.

E.D. Arousa S.D.: Ramón, Bruno, Nico, Roi, Juan, Miguel, Hugo, Puente, Uriel, Sebas e Barcala. Tamén xogaron Saúl, Xabi, Dani, Sergio e Hugo.

Goles: 0-1 Roi (min. 5); 1-1 Álex (min. 8); 1-2 Sebas (min. 70); 2-2 David (min. 86); 3-2 Anxo (min. 90+3)

Compárteo!

Deixa un Comentario