Alevíns 1 –  1 F.C. Cruceiro

Novo encontro ligueiro desta segunda fase para os Alevíns e de novo encontro igualado no que calquera dos dous equipos puido levar os puntos. Tras chegar ao descanso sen goles, na segunda metade si que se viron: un por cada bando que certificaron o empate e o reparto de puntos. A seguir, chavales!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Diego G., Dani, Héctor, Iago, Diego T., Breixo Ferrín, Borja e Víctor.

F.C. Cruceiro: Valdo, Luca, Miguel, Darío, Lois, Raúl, Tiago, Saúl, Evan, Adri, Damián e Xoel.

Goles: Iago


Cadetes 5 –  5 C.D. Mosteiro

Encontro cheo de goles e de emoción ata o último minuto o que xogaron os Cadetes no Buelo esta soleada mañán de domingo. Un partido no que os dous equipos repartían golpes, e no que parecía que os puntos marchaban de Moraña. Tras unha primeira parte moi intensa, na que Lucas adiantou aos nosos por dúas veces e Joaquín igualaba para o Mosteiro, chegamos á segunda metade na que os visitantes se puxeron en clara vantaxe 2-5 cos goles de Joaquín, Ucha e José. Pero en 8 minutos máxicos, os nosos foron quen de empatar cos goles de Xoel no 75 e outros dous máis de Lucas no desconto, para poñer o 5-5 e sellar o empate. Ides acabar con nós, rapaces!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Jonathan, Antón e Jesús. Tamén xogaron Héctor, Diego, Bruno, Nico e Xoel.

C.D. Mosteiro.: Enrique, Iago, Antonio, Iván, Joaquín, Pablo, David, Ucha, José, David e Diego. Tamén xogaron Borja e Mateo.

Goles: 1-0 Lucas (min. 13); 1-1 Joaquín (min. 15); 2-1 Lucas (min. 23); 2-2 Joaquín (min. 41); 2-3 Joaquín (mib. 49); 2-4 Ucha (min. 52); 2-5 José (min. 67); 3-5 Xoel (min. 75); 4-5 Lucas (min. 80+1); 5-5 Lucas (min. 80+3).


A.J. Lérez «B» 1 – 3 Xuveniles

Viaxe dos Xuveniles a Pontevedra, para enfrontarse ao filial do A.J, Lérez no Príncipe Felipe. Partido para seguir na zona media-alta da táboa e que os nosos rapaces encarrilaron rápido. Antes do minuto 20, xa vencían 0-3 cos goles de Mateo, Hugo e Álex. Con este marcador a favor, os nosos contemporizaron e mantiveron o ritmo, pero non lles temblou o pulso nin cando André recurtaba co 1-3 no 65. Ao final, tres puntos máis para o peto! Gran tempada, rapaces.

Ficha técnica

A.J. Lérez «B».: Breixo, Raúl, Marcos, Jose, Arian, Miguel, Pedro, Gabriel, André, Pazo e Mariño. Tamén xogaron Diego e Dani.

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Hugo, Dami, Dani e André. Tamén xogaron Lucas e David.

Goles: 0-1 Mateo (min. 6); 0-2 Hugo (min. 12); 0-3 Álex (min. 18); 1-3 André (min. 65)


C.E.D. Cotobade 8 – 1 Senior «B»

Derrota clara do filial, que acudiu ás Extremas baixo mínimos e con só 11 xogadores para poder afrontar este encontro. E para máis INRI, no minuto 6 quedaban sen porteiro ao ser expulsado Iván. O ritmo de xogo e a alta temperatura xogaba en contra dos nosos, que loitaron mentres lle chegaron as forzas.

Tras poñerse 2-0, Dani logrou recortar co 2-1 no minuto 24, pero os locais e sobre todo un insaciable Yonatan (con 5 goles) foron un ciclón. Ao descanso clara desvantaxe 4-1 que pasou a ser 8-1 ao final dos 90 minutos. Toca levantarse e seguir rapaces!!

Ficha técnica

C.E.D. Cotobade: Jorge, Caramés, Alberto, Freijeiro, Santi, Yonatan, Jame, Manu, Adri, Marcos e Marlon. Tamén xogaron Monteagudo, Blanco, Rey, Hugo e Pacheco.

Moraña C.F.: Iván, Rubén, Adan, Jorge, Anxo, Pereira, Isaac, David F., David G., Dani e Juan.

Goles: Polo Cotobade Alberto, Adrián, Santiago e Yonatán (5). Polo Moraña, Dani.

Compárteo!

Deixa un Comentario