Alevíns 2 – 1 A.J. Lérez «B»

Victoria xusta e traballada dos Alevíns ante o filial do A.J. Lérez (terceiro clasificado) nun encontro que os nosos rapaces afrontaron con 8 xogadores xustos polas baixas. Gran esforzo dos nosos peques, que cun doblete de Héctor Barreiro foron quen de facerse cos tres puntos e manter a segunda praza e a pugna pola liga. Vamos!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani, Héctor, Borja, Victor, Mamdou e Breixo Ferrín.

A.J. Lérez «B»: Martín, Raúl, Jorge, Pablo, Iván, Miguel, Villaverde, Martín. Tamén xogaron Pepe, Brais, Marco e Alejandro

Goles:  Héctor Barreiro (2)


S.C.D. Salcedo «B» 3 – 2 Cadetes

Aos Cadetes escapóuselles un punto na prórroga tras un encontro igualadísimo. Tras adiantarse cedo, por medio de Rodri no minuto 7, os nosos viron como se iban ao descanso xa empatados tralo gol de Izan no 26. Na segunda metade, Óscar poñía o 2-1 no 61. Pero unha rápida reacción morañesa permitía que Rodri empatase de novo no 64. Cando parecía que o encontro se decidía con reparto de puntos, un desafortunado gol no 81 deixaba a victoria en Pontevedra. Bo traballo de todos os xeitos e a seguir!

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo «B»: Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Jonathan, Antón e Xoel. Tamén xogaron Héctor, Iago, Bruno, Pablo e Jesús.

Moraña C.F.: Nabil, Izan, Marcos, Xan, Pablo, Piñón, Mateo, Joaquín, Nico, Pazos e Boo. Tamén xogaron Outón, Óscar, Pablo, Alberto e Kevin.

Goles: 0-1 Rodri (min. 7); 1-1 Izan (min. 26); 2-1 Óscar (min. 61); 2-2 Rodri (min. 64); 3-2 Ethan, p.p. (80+1)


Xuveniles 1 – 2 Céltiga F.C.

Un dos encontros máis interesantes de toda a fin de semana era o que xogaban os Xuveniles ante o Céltiga, segundo clasificado e que está a pelexar polo ascenso á Liga Galega. Tras unha primeira hora sen goles, no 33 Borja abría a lata para os visitantes. Pero só 3 minutos despois Álex igualaba. A intensidade do encontro foi moi alta, e con momentos de moi bo fútbol polas dúas partes. Iker no 78 facía o 1-2 que foi definitivo e lle daba a victoria aos da Illa.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Abel, Álex, Domi, Damián, Aday, Dani F. e André. Tamén xogaron Mateo, Hugo, José e Raúl.

Céltiga F.C.: Roi, Adri, Ramon, Rodri, Álex, Gabri, Miguel, Iker, Borja, Pablo e Joel. Tamén xogaron Eloy, Dani, Iago, Soto e Javi.

Goles: 0-1 Borja (min. 33); 1-1 Álex (min. 36); 1-2 Iker (min. 78)


Senior «B» 0 – 6 E.F. Cobres

O filial recibiu no Buelo ao Cobres, segundo clasificado na xornada ligueira. Os visitantes, implicados directamente na loita polo ascenso demostraron superioridade den de os primeiros minutos. Adri puxo en vantaxe ao Cobres no minuto 7, e Rubén antes da media hora facía o segundo poñendo terra de por medio. Na segunda metade, cun Moraña «B» buscando recortar, os espazos á contra eran maiores e os visitantes sacaron proveito, facendo 4 goles ata o definitivo 0-6 final. A seguir medrando, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Juan, Rubén, Adan, Jorge, David F., Pereira, Rubén, Leroy, David G. e Dani. Tamén xogaron Álex, Gabriel, Iván, Anxo e Domi.

E.F. Cobres: Álex, Adri, Anxo, Aitor, Iván, Borja, Rubén, Rosendo, Xandre, Dani e Mateo. Tamén xogaron Filgueira, Manu, Moisés, Borja e Pablo.

Goles: 0-1 Adri (min. 7); 0-2 Rubén (min 28); 0-3 Rubén (min. 54); 0-4 Pablo (min. 77, penalty); 0-5 Borja (min. 84); 0-6 Borja (min 90+1)

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario