Alevíns 0 – 4 E.F. Portero 2.000

Os Alevíns recibían no Buelo ao líder, tamén invicto coma os nosos. Un encontro con moi bo fútbol e no que os pontevedreses levaron os tres puntos, afianzando máis o liderato. A pesares de que os nosos buscaron perforar a meta de Andres dende o primeiro minuto non foron quen, e tralos 50 minutos a victoria foi para o Portero 2.000 por 0-4. Ánimo e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani, Héctor, Iago, Diego, Mamdou, Breixo Ferrín, Borja, Víctor.

E.F. Portero 2.000.: Andrés, Mateo, Anxo, Antonio, Alejandro, Iago, Ramón, Miguens, Diego, Iago, Hugo, Roi e Dios.


Caldas C.F. 1 – 1 Cadetes

Reparto de puntos nun dos derbis que tivemos esta fin de semana no noso fútbol base. Os nosos cadetes viaxaron a Caldas, para afrontar o seu encontro ligueiro, buscando puntuar. Tras un primeiro tempo non que non houbo goles, Iker abría a lata para os nosos no minuto 45. Pero a reacción local foi rápida, e Hugo empataba so 5 minutos despois. Pese a que ambos conxuntos o intentaron, o marcador non se moveu, e finalmente, 1-1 no electrónico.

Ficha técnica

Caldas C.F.: Óscar, Samu, Xabi, Iván, Aitor, Mateo, Hugo, Bris, Alexandre e Borja. Tamén xogaron Óscar, Leandro, Yerai, Gabriel e Mario.

Moraña C.F.:Héctor, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Nico, Rodri, Xoel e Jesús. Tamén xogaron Diego, Iago, Bruno, Jonathan e Pablo.

Goles: 0-1 Iker (min. 45); 1-1 Hugo (min. 50).


Xuveniles 0 – 1 Marcón At.

Derrota pola mínima na tardiña do sábado dos nosos Xuveniles ante o Marcón Atlético. Un encontro que segue coa liña marcada esta tempada na liga de Primeira: a igualdade. Os nosos mantiveron as opcións e o empate ata a segunda metade, na que os visitantes se puxeron por diante con gol de Raúl. Pese a que os nosos traballaron a reo para acadar o empate, este 0-1 foi o resultado final. Toca seguir, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Álex, Domi, ugo, Jose, David e Dani. Tamén xogaron Ósar, Abel, Damián, Raúl e André.

Marcón At.: Andrés, Álex, Alberto, Jose, Funes, Mauro, Raúl, Pablo, Jorge, Nathan e Alfonso. Tamén xogaron Hugo, Óscar, Gabri, Vilela e Dani.

Goles: 0-1 Raúl (min. 55)


Senior «B» 0 – 1 Caldas C.F. «B»

No segundo derbi do noso fútbol base desta fin de semana, o noso filial recibía ao Caldas no Buelo na tardiña do domingo. Un encontro que pese a que non tivo goles nos primeiros 45 minutos, reservaba toda a emoción para a segunda metade.

Nada máis arracar este segundo acto, Darío poñía por diante ao Caldas, pero Leroy facía a igualada no 56. Con este 1-1 no marcador e a igualdade como tónica, quedaba claro que o equipo que marcase, levaría os puntos. E foi o Caldas, quen por medio de Manu Sayáns no 83 se adiantaba. Os nosos volcáronse á desesperada buscando o empate e no 96, Anxo facía o definitivo 1-3.

Ficha técnica

Moraña C.F «B».: Iván, Jorge, Alexanre, David, Pereira, Giao, Leroy, David Fontenla, Adan, Dani e Gabriel. Tamén xogaron Saúl, Dani Fontán, Rubén, Candal e José.

Caldas C.F. «B».: Miguel, Iglesias, Cristian, Sayáns, Jorge, Bruno, Darío, Marcos, Dani, Brais e Miguel. Tamén xogaron Iván, Anxo, Novas, Dani I., e Pardo.

Goles: 0-1 Darío (min. 47); 1-1 Leroy (min. 56); 1-2 Manu Sayáns (min. 83); 1-3 Anxo (min. 90+6)

Compárteo!

Deixa un Comentario