E.F. Portero 2.000 8 – 0 Alevíns

Derrota clara dos Alevíns na súa visita deste domingo ao Manolo Barreiro de Pontevedra para enfrontarse ao Portero 2.000. Os locais puxeron distancia na primeira metade cos goles de Ramón e o doblete de Iago para ir xa con 3-0 ao descanso. Nos segundos 25 minutos, aumentaron a vantaxe ata o 8-0 final. Malia todo os nosos non baixaron os brazos e pelexaron durante todo o partido. A seguir!

Ficha técnica

E.F. Portero 2.000.: Mateo, Ramón, Cendon, Diz, Iago, Miranda, Nico, Hugo, Abelleira, Anxo, Raúl e Hugo.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Diego, Dani Rey, Héctor, Diego, Borja, Breixo Ferrín, Eden, Iago e Víctor.

Goles:  Ramón (3), Nico (2), Iago (2) e Sebastian.


Cadetes 1 – 5 Caldas C.F.

Derbi por todo o alto na categoría cadete que caeu do lado dos nosos veciños do Caldas C.F. Un partido que se decantou na primeira metade no que os visitantes acadaron unha clara vantaxe de 0-4. Na segunda metade, Iker recortou para o Moraña, pero Leandro confirmaba a victoria caldense no 78. A seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rodri, Jonathan, Pablo e Antón. Tamén xogaron Héctor, Diego, Iago, Bruno e Jesús.

Caldas C.F.: Óscar, Samu, Xabi, Iván, Aitor, Mateo, Hugo, Dela Fuente, Brais, Alexandre e Borja. Tamén xogaron Óscar, Leandro, Yerai e Mario.

Goles: 0-1 Hugo (min. 27); 0-2 Hugo (min. 34); 0-3 Mario (min. 35); 0-4 Bruno p.p. (min. 45); 1-4 Iker (min. 51); 1-5 Leandro (min. 78)


Xuv. Cambados 0 – 2 Xuveniles

Imparables os Xuveniles, que seguen a dalo todo nesta Liga. O sábado venceron ao Cambados no Pombal nun encontro moi pelexado e no que o doblete de Álex foi chave, incluíndo o gol olímpico que abriu a lata no minuto 21. Case todo o encontro estiveron os locais a distancia dun gol, pero a sentencia chegou no 88, certificando os 3 puntos e unha racha que segue sen deterse!! Noraboa

Ficha técnica

Xuv. Cambados: Edgar, Dani, Gabriel, Xabi, Alberto, Ricardo, Mateo, Iván, Roberto, Raúl e Brais. Tamén xogaron Da Rocha, Manu, Jesús, Borja e Gabriel.

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Dami, Aday e Dani. Tamén xogaron Lucas, David e André.

Goles: 0-1 Álex (min. 21); 0-2 Álex (min. 88)


Senior «B» 3 – 0 S.C.D. Salcedo

Tardou en chegar, pero por fin o noso filial foi quen de celebrar una victoria nesta tempada. Foi esta mañán de domingo ante o Salcedo, ao que dominaron na meirande parte do encontro. Isaac cun hattrick certificou esta victoria, fraguada no final da primeira metade na que en só 3 minutos os nosos se puxeron 2-0 (minutos 40 e 43). Pese ao empuxe visitante no segundo tempo, o Moraña «B» non encaixou e ainda tivo tempo de facer o definitivo 3-0. Noraboa a este grupo de rapaces, que sigan coa ilusión que demostran!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Dani, Álex, Rubén, Jorge, Álvaro, Pereira, Isaac, Leroy, David e Dani. Tamén xogaron Saúl, Nelson, Pablo e Rubén.

S.C.D. Salcedo: Lino, Adri, Pablo, Díaz, Castro, Pedro, Anxo, David, Brais, Pablo e Nelson. Tamén xogaron Edu, Mario, Óliver, Jacobo e Alberto.

Goles: 1-0 Isaac (min. 40); 2-0 Isaac (min 43); 3-0 Isaac (min. 62).

Compárteo!

Deixa un Comentario