Atl. Cuntis «B» 1 – 2 Alevíns

Os Alevíns seguen completando unha tempada a gran nivel, completando na mañán do sábado unha victoria pola mínima na Ran. Os nosos, que foron ao descanso con vantaxe 0-1, foron quen de chegar ao final dos 50 minutos sufrindo pero cun 1-2 que lles da tres novos puntos e os afianza na segunda posición da Liga. A seguir así, rapaces!!

Ficha técnica

Atl. Cuntis «B»: Sainza, Pedro, Louzao, Nael, Darío, Couselo, Iria, Gabriel, Daniel e Raúl.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani Rey, Héctor, Borja, Víctor, Omar, Breixo Ferrín, Eden, Iago, Diego.

Goles:  Héctor e Víctor.


Cadetes 1 – 5 Barro C.F.

O derbi cadete deste domingo no Buelo caeu do lado dos nosos veciños do Barro C.F. con claridade. Os visitantes fixeron unha gran primeira metade na que cos goles de Xurxo, Anxo e doblete de David foron ao descanso cun claro 0-4 a favor. Na segunda metade Martín aumentou a vantaxe para o Barro e Lucas fixo o gol da honra para os nosos. A seguir, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Héctor, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Iker, Rubén, Rori, Jonathan, Pablo e Xoel. Tamén xogaron Darío, Diego, Iago, Bruno e Jesús.

Barro C.F.: Dani, Aarón, Xurxo, Anxo, Brais, Martín G., Martín C., Marcos, Hugo, David e Anxo. Tamén xogaron Pablo, Adri, Manu e Kevin.

Goles: 0-1 Xurxo (min. 8); 0-2 Anxo (min. 29); 0-3 David (min. 36); 0-4 David (min, 39); 0-5 Martín (min. 48); 1-5 Lucas (min. 50).


Salgueiriños C.F. «B» 0 – 2 Xuveniles

Victoria importantísima dos Xuveniles no Príncipe Felipe na mañán do sábado. Un encontro moi traballado e que non se sentenciou ata o último minuto. Chegamos ao descanso coa vantaxe mínima de 0-1 co gol de Álex no minuto 40, e cun Salgueiriños que non daba facilidades. Na segunda metade os nosos loitaron a reo para manter o marcador a favor e case no último minuto, Abel poñía o 0-2 definitivo que lle daba tres puntos de ouro aos  nosos para quedar na zona tranquila. Noraboa, rapaces!

Ficha técnica

Salgueiriños C.F. «B»: Mateo, Sergio, Mario, Germán, Hugo, Diergo, Jaime, Mauro, Falou, Miguel e Centeno. Tamén xogaron Nuno, Brais, Hugo, Juan e Álex

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi, Jose, Damián e Dani F. Tamén xogaron Álvaro, David, Hugo, Aday e André.

Goles: 1-0 Álex (min. 40); 2-0 Abel (min. 90+1)


Domaio F.C. 11 – 1 Senior «B»

Derrota dura do noso filial ante un dos «cocos» da súa categoría, o Domaio F.C., segundo clasificado. Os nosos saíron a por todas na Granxa, pero os locais lograron adiantarse cedo, co gol de Marcos no minuto 3.  Este gol condicionou o encontro, cun Domaio que pechaba espazos e salía á contra. Ao descanso chegamos con vantaxe 3-0 para os locais.

Na segunda metade os locais refrescaron con trocos, e chegaron máis goles, ata a vantaxe de 11-0 no minuto 80. Isaac fixo o gol morañés no 87 para deixar o marcador no definitivo 11-1. A seguir traballando e co obxectivo de seguir medrando.

Ficha técnica

Domaio F.C.: Gabri, Manu, Jorge, Xandro, Hugo, Rafa, Marcos, David, Pedro, Raúl e Borja. Tamén xogaron Abraham, Julio, Sergio, Gil e Lemos.

Moraña C.F.: Iván, Adán, Jorge, Ares, Dani, Juan, Pereira, David F., Rubén, David. G., e Isaac. Tamén xogaron Saúl, Rubén e Xandre.

Goles: 1-0 Marcos (min. 3); 2-0 Marcos (min. 15); 3-0 Rafa (min. 27); 4-0 Marcos (min. 47); 5-0 Hugo (min. 53); 6-0 Rafa (min. 57); 7-0 Xandro (min. 63); 8-0 Xandro (min. 66); 9-0 Sergio (min. 75); 10-0 Xandro (min. 77); 11-0 Sergio (min. 80); 11-1 Isaac (min. 87).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario