Alevíns 4 – 0 E.F.B. Terra de Montes

Os Alevíns continúan unha xornada máis xogando a un gran nivel e sumando puntos, desta volta ante o Terra de Montes no Buelo. Os nosos, que xa foron ao descanso con vantaxe 1-0 grazas ao gol de Breixo Ferrín, aumentaron a distancia na segunda metade cun doblete de Diego Torres e outro gol de Héctor. Gran traballo deste grupo, que segue a mellorar semana a semana. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Dani Rey, Héctor, Iago, Diego, Mamdou, Breixo Ferrín, Borja e Víctor.

E.F.B. Terra de Montes: Achraf, Ainoa, Nico, Leo, Carlos, Hugo, Mauro, Gonzalo, Santiago, David e Ayoub.

Goles:  1-0 Breixo Ferrín (min. 12); 2-0 Diego (min.39): 3-0 Héctor (min. 42); 4-0 Diego (min. 45)


C.D. Mosteiro 6 – 2 Cadetes

Nova xornada ligueira para os Cadetes, e viaxe ao Municipal de Meis para enfrontarse ao C.D. Mosteiro. Un encontro que se desnivelou cedo, con dous goles locais antes do minuto 5 e que fixeron xogar aos nosos en contra do marcador durante todo o encontro. Os locais apretaron forte nesta primeira parte e chegamos 4-0 abaixo ao descanso. Na reanudación o gol de Lucas daba esperanza aos nosos, pero Joaquín por dúas veces sentenciaba o encontro. Fixo o definitivo 6-2 Xoel, no 74. A seguir traballando!!

Ficha técnica

C.D. Mosteiro: Enrique, Antonio, Iván, Mauro, Joaquín, Pablo, Xavier, David, Ucha, José e Diego. Tamén xogou Iago.

Moraña C.F.: Darío, Aleixo, Ethan, Yosi, Lucas, Bruno, Iker, Rubén, Rodrigo, Pablo e Jesús. Tamén xogaron Jonathan, Diego, Iago, Nico e Xoel.

Goles: 1-0 Xavi (min. 2); 2-0 Joaquín (min. 4); 3-0 David (min. 26); 4-0 Joaquín (min. 30); 4-1 Lucas (min. 52); 5-1 Joaquín (min. 62); 6-1 Joaquín (min. 70); 6-2 Xoel (min. 74).


Xuveniles 7 – 0 U.S.D. O Grove

Segunda victoria en só catro días para os Xuveniles, que os separa da zona baixa e os planta na metade da táboa desta liga de Primeira Provincial. Os nosos chegaron ao descanso xa en clara vantaxe 3-0, grazas a un hattrick de Mateo. E na segunda metade, lonxe de baixar o pistón, aumentaron a conta. Primeiro David facía o cuarto, dous máis de Mateo e Raúl no 89 pechaba a conta, cun claro 7-0 para facerse cos puntos. Bo traballo, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Pablo, Mateo, Abel, Domi, Damián, Aday, David e Dani. Tamén xogaron Hugo, Raúl e André.

U.S.D. O Grove.: Adam, Mateo, Julián, Youssef, Marc, Luis, Juan, Otero, Roberto, Tomás e Andrés. Tamén xogaron Diego e Romeo.

Goles: 1-0 Mateo (min.12); 2-0 Mateo (min. 27); 3-0 Mateo (min. 38); 4-0 David (min. 48); 5-0 Mateo (min. 60); 6-0 Mateo (min. 83); 7-0 Raúl (min. 89)


S.D. Santomé 2 – 1 Senior «B»

Derrota pola mínima do filial en Chan do Piñeiro ante o Santomé. Un encontro moi serio por parte dos nosos rapaces que pese a que os locais se adiantaron cedo (no 17 por medio de Joao), seguiron pelexando e buscando o empate durante os 90 minutos. Tivemos a desgracia de que no 62 Rubén marcara en propia meta o 2-0, pero sen baixar os brazos, David F. recortaba no desconto, buscando o empate ata o último suspiro. Non puido ser, pero gran traballo destes rapaces, que deben seguir así sen baixar os brazos e indo paso a paso en cada encontro. Chegarán os resultados.

Ficha técnica

S.D. Santomé: Jorge, Manu, Pavón, Kevin, Joao, Moha, Santos, Raúl, López, Andrés e Jesús. Tamén xogaron Unai, Eloy e Carlos.

Moraña C.F.: Iván, Rubén, Adan, David F., Rubén, Dani, Jorge, David G., Pereira, Leroy e Juan. Tamén xogaron Saúl e Dani Fontán.

Goles: 1-0 Joao (min. 17); 2-0 Rubén (p.p. min. 62); 2-1 David F. (min. 93)

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario