A.X.D. Verdugo «B» 3 –  0 Alevíns

Nova xornada da segunda fase para os Alevíns, que están a desfrutar dunha tempada moi productiva e da que sacar un montón de aprendizaxe. Na mañán do sábado viaxaron a Pontesampaio, onde caeron ante a A.X.D Verdugo «B». Os locais foron con vantaxe pola mínima ao descanso, e na segunda metade dous goles máis cortaron a reacción morañesa. A seguir rapaces, outro pasiño máis na vosa evolución!

Ficha técnica

A.X.D. Verdugo «B»: Rubén, Joel, Pablo, Telmo, Dani, Xavi, Nico, Mateo, Anxo e Hanaa.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Brais, Diego G., Dani, Héctor, Iago, Borja, Breixo Ferrín, Edén e Víctor.


Xuveniles 0 – 1 Marín C.F.

Os Xuveniles viron truncada a súa racha de triunfos este sábado no Buelo ao caer pola mínima ante o Marín C.F. Un encontro no que houbo ocasións e dominio alterno e que se decidiu co único gol de Cristhian no minuto 75 ao que os nosos non foron quen de respostar. Unha mágoa esta derrota, pero grandísima temporada deste equipo, e de seguro que pronto virán máis victorias. Vamos!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Diego, Jorge, Anxo, Álvaro, Pablo, Abel, Álex, Hugo, Damián, Dani e André. Tamén xogaron Jose, Aday e David.

Marín C.F.: Martín, Pablo, Samir, Hugo, Pablo, Unai, Elías, Samu, Cristhian, Jaco e Iván. Tamén xogaron Xosé, Marcos, Pabo e Yago.

Goles: 0-1 Cristhian (min. 75)


Senior «B» 1 – 2 S.D. Santomé

Derrota dolorosa do noso filial na casa ante o Santomé, no último suspiro. Tras ir con vantaxe gran pola mínima gran parte do encontro grazas ao gol de Isaac no minuto 42 da primeira metade, o Santomé logrou darlle a volta por medio de Santos no 76 e co 1-2 de Brahim no 94. Outra experiencia para seguir medrando, cabeza arriba e a seguir rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Dani, Adán, Jorge, Anxo, Álex, Pereira, Isaac, David F., David G. e Rubén. Tamén xogaron Rubén F., Dani e Álvaro.

S.D. Santomé.: Unai, Kevin, Manuel, Jorge, Brahim, Santos, Raúl, Carlos, Pablo, Loira e Aarón. Tamén xogaron  Joao, Andrés, Moha, Triñanez e Jesús.

Goles: 1-0 Isaac (min. 42); 1-1 Santos (min. 76); 1-2 Brahim (90+4)

Compárteo!

Deixa un Comentario