Aquí vos deixamos o resumo de todos os partidos que xogaron as Categorías Base do Moraña C.F.

BIBERÓNS 0 – 2 INDEPO

Segunda derrota dos Biberóns na Liga de Poio, ante a INDEPO de Pontevedra no pavillón de Lourido. Os rapaces de Álex Casal non estiveron moi inspirados nesta mañán de sábado, na que non lles saían as cousas. Así que nada, a traballar doble esta semana para recuperar a sensacións o antes posible.
Ánimo bibes!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Lucas, Alba, Jorge, Hugo Moure, Hugo De La Torre, Saúl, Anxo, Iago e Héctor.

PREBENXAMÍNS 3 – 2 San Martín

Sudaron os nosos Prebenxamíns para acadar a victoria na mañán do sábado no Buelo ante un gran rival. O San Martín plantoulle cara aos nosos dende o primeiro balón, e vivimos un encontro emocionante, igualadísimo e cheo de alternativas.

Abriu a conta morañesa Aarón no minuto 3, pero rápidamente os visitantes lograban a igualada con gol de Joel. Este 1-1 foi o resultado ao descanso. Na reanudación, Xoel volvía poñer terra de por medio, pero Alejandro neutralizaba a vantaxe con gol de Alejandro. Parecía que o empate e o reparte de puntos ía a ser o resultado final, pero Xoel no 43 poñía o definitivo 3-2 que lle daba a victoria aos nosos.

Noraboa aos Prebenxamíns, que seguen en boa liña de traballo. A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Adrián e Lois.

San Martín C.F..: Lucas, Izan, Aron, Agoney, Diego, Alejandro, Roberto, José, Joel, Yeray e Rubén.

Goles: 1-0 Aarón (min. 3); 1-1 Joel (min. 16); 2-1 Xoel (min. 27); 2-2 Alejandro (min. 30); 3-2 Xoel (min. 43)

S.D. CHISPA 2 – 1 BENXAMÍNS

 

Unha vez máis, o último minuto é fatídico para os nosos Benxamíns. Así como aconteceu en encontros anteriores, no último suspiro escapan os puntos.

Os nosos fixeron un gran partido, merecendo polo menos o empate. Comezou o Moraña por diante, cun gol de Anxo no minuto 8. Leo empataba no 11 e poñía o 1-1 que foi o resultado durante a maior parte do encontro. De feito, nin o paso polos vestiarios nin os distintos cambios dos dous equipos lograba que se movera o marcador.

Pero a última xogada do partido, un balón largo á espalda da defensa morañesa colle aos nosos desprevenidos, e Álvaro fai o 2-1 que resultou definitivo. Non se puido case nin sacar de centro.

Bo traballo dos Benxamíns que mereceron máis. Ánimo e a seguir pelexando deste xeito.

Ficha Técnica

S.D. Chispa.: Manuel, Mateo, Iria, Anxo, Hugo, Álvaro, Leo, Álex, Sergio, Miguel Ángel, Elías, Pablo e Daniel.

Moraña C.F.: Rubén, Pablo, Xabi, Iker, Aitor, Anxo, Aleixo, Nico, Hugo, Alexandre, David, Darío e Ethan.

Goles: 0-1 Anxo (min. 8); 1-1 Leo (min. 11); 2-1 Álvaro (min. 49).

ALEVÍNS 3 – 3 A.X.D. Verdugo

 

Partido igualadísimo, intenso e con gran traballo por parte dos nosos Alevíns na mañán do domingo no campo de O Buelo. Alternativas para os dous equipos e dominio alterno, e ao final, reparto de puntos.

Adiantouse o Verdugo moi cedo, con gol de Bruno. Este 0-1 foi o resultado ao descanso. Nos segundos 25 minutos chegou a reacción local, grazas a un inspirado Pablo Mouriño que firmou un hattrick. Puxo o 1-1 no 27 e o 2-1 no minuto 28. Iker logrou a igualada para os visitantes no 38. Novamente Pablo poñía aos nosos con vantaxe no 44, pero case co pitido final Joel facía o 3 a 3.

Ánimo aos alevíns, que están a desputar unha durísima segunda fase de Liga. A seguir pelexando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: André, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Abel, Jorge, David, Brais, Saúl e Raúl.

A.X.D. Verdugo: Anxo, Iker, Brais, Juan, Antína, Bruno, Ilyas, Raúl, Uxía, Joel, Diego e Rubén.

Goles: 0-1 Bruno (min. 5); 1-1 Pablo (min. 27); 2-1 Pablo (min. 28); 2-2 Iker (min. 38); 3-2 Pablo (min. 44); 3-3 Joel (min. 48).

Juv. Cambados «B»4 – 5 INFANTILES

 

Nova victoria dos Infantiles, nun partido que parecía gañado e que se complicou nos últimos minutos, metendo o medo no corpo aos nosos.

Adiantáronse cedo os nosos, cun gol que tras un gran centro de Javi, Raúl remata e Iván mete na súa propia portería. O segundo foi obra de Raúl no minuto 13, nunha xogada personal de contraataque arrancando dende o centro do campo. Acurtaron os locais por medio de Anxo, rematando un córner de cabeza no segundo pao. Reaccionou de novo o Moraña, cun gol de Pereira no 28, aproveitando un centro dende banda esquerda. Raúl puxo máis distancia no marcador, cun gran disparo dende a frontal. Aínda houbo un gol máis neste primeiro acto, por parte do Cambados. Xabier facía o 2-4 aproveitando o rexeite de Óscar.

Tras esta primeira parte de infarto, a segunda comezou cun gol que parecía definitivo. Pereira atopa a Domi polo centro, e éste bate a Diego para facer o 2-5. Era o minuto 58. Pero lonxe de baixar os brazos, os cambadeses pelexaron o encontro ata o pitido final, e cun gol de Xabier (min. 70) e Alberto de penalty no 77, metéronlle o medo no corpo aos nosos, aínda que finalmente os puntos viaxaron para Moraña.

Gran traballo dos Infantiles, a seguir remando!!

FICHA TÉCNICA

Juv. Cambados «B»: Diego, César, Daniel, Gabriel, Iván, Daniel, Anxo (Borja, min. 41), Xabier, Raúl, Miguel e Borja (Albeto, min. 56).

Moraña C.F.: Óscar, Isaac (Iván Suárez, min. 72), Jonathan, Rubén, Domi, Pereira, Raúl, Javi (Iván, min. 61), Amestoy (Lucas, min. 59), Dani Fontán e Anxo.

Goles: 0-1 Iván p.p. (min. 8); 0-2 Raúl (min. 13); 1-2 Anxo (min. 16); 1-3 Pereira (min. 28); 1-4 Raúl (min. 29); 2-4 Xabier (min. 32); 2-5 Domi (min. 58); 3-5 Xabier (min. 70); 4-5 Alberto, penalty (min. 77).

C.D. Ribadumia 6 – 2 CADETES

Gran mérito nas categorías Infantil, Cadete e Xuvenil esta fin de semana, que ante a plaga de lesións e baixas, foron quen de arrimar o ombreiro uns cos outros e dese xeito poder competir en todos os encontros.

Os Cadetes viaxaron á Senra, para xogar ante o líder, Ribadumia co reforzo de 4 infantiles para completar a convocatoria. O líder arrancou forte o encontro, acadando unha ampla vantaxe na primeira media hora. Pablo Ares e Raúl acurtaron antes do descanso e Jose puxo o 6-2 definitivo na reanudación. Pelexaron a reo os nosos, nada que reprocharlle e moito ánimo a este equipo.

FICHA TÉCNICA

C.D. Ribadumia: Daniel, Ignacio (Tissir, min. 58), Pablo, Adrián, Jose Antonio, Carlos, Jose (Adonis min. 53), Marcos, Cristian (Iago, min. 53), Nicolás e Aitor.

Moraña C.F.: Jorge, Alejandro, Pereira, Pablo Sende, Rubén, Pablo Fraga (Pablo Ares, min. 32), David, Dani, Pablo González, Fernando e Raúl.

Goles: 1-0 Aitor (min.4); 2-0 Aitor (min . 10); 3-0 Aitor (min.18); 4-0 Nicolás (min. 24); 5-0 Jose (min. 29); 5-1 Pablo Ares (min. 32); 5-2 Raúl (min. 36); 6-2 Jose (min. 45)

XUVENILES 0 – 7 C.D. Ribadumia «B»

 

Ao igual que comentamos cos Cadetes, os Xuveniles tamén se viron «en cuadro» para afrontar o encontro desta fin de semana. Manu Sayáns, cadete, veu a botar unha man neste encontro para completar a convocatoria. Os nosos competiron mentres lles durou a gasolina, cuns bos primeiros 35 minutos, pero segundo se foron acabando os folgos, o Ribadumia fíxose dono do encontro e logrou aventaxarse no marcador e facerse cos puntos.

Ánimo aos xuveniles, a recuperar efectivos e a preparar o vindeiro encontro.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Iván, Iago, Martín, Javi, Ferro, Alejandro, Manu Sayáns, Héctor, Carlitos, Abalo (Jose, min. 49).

C.D. Ribadumia «B»: Iago, DIego, Sergio, Adrián, Luis Miguel, David, Juan, Javier (Martín min. 52), Alberto (min. 55), Javier e Miguel.

Goles: Juan (2), Martín (2), Luis Miguel, Javier e Alberto.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario