C.D. Ribadumia 4 – 2 BIBERÓNS

Amigable dos Biberóns no campo de A Senra, onde os máis peques do Moraña C.F. desputaron por vez primeira un encontro en campo completo de F-8. Os nosos acusaron en fases do encontro o gran cambio de tamaño do campo, pero xogaron sen medo, dándoo todo e deixando moi boas sensacións para ser esta primeira experiencia.

Como xa se comentou, esta adaptación a xogar «no verde» vai por bo camiño, xa que están adestrando no Buelo cando o tempo llo permite. Nos vindeiros torneos que teñen por diante, veremos o resultado. Ánimo e a seguir así!

Moraña C.F.: Hugo Moure, Hugo de la Torre , Saúl , Lucas , Héctor , Alba , Yago.

PREBENXAMÍNS 5 – 1 Xuv. Sanxenxo

Nova xornada e nova victoria dos Prebenxamíns, que están realizando unha gran segunda parte da Liga. Os rapaces de Rober xogaron na mañán do domingo no Buelo ante o Xuv. Sanxenxo, un equipo que a pesares do que marca o resultado, lles puxo as cousas moi difíciles.

Adiantouse o Moraña no minuto 3, por medio de Iago, e ese 1-0 foi o marcador durante case toda a primeira parte. No arreón final, fixo dous máis o defensa morañés, no 20 e no 21, para pechar o seu hattrick. Con ese 3-0 se chegou ao descanso.

Nos segundos 25 minutos, os nosos aumentaron a conta a 4-1 por medio de Xoel (min. 36). Recortaba Ignacio no 44, facendo o 4-1 pero de novo Xoel no 48 pechaba o marcador co definitivo 5-1. Gran traballo dos Pres, a seguir así!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Lois, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fer, Mauro, Roi, Antón, Adrián e Pedro.

Xuv. Sanxenxo.: Ricardo, Iván, Roi, Guillermo, Ignacio, Nicolás, Roberto, Anxo e Joaquín.

Goles: 1-0 Iago (min. 3); 2-0 Iago (min. 20); 3-0 Iago (min. 21); 4-0 Xoel (min. 36); 4-1 Ignacio (min. 44); 5-1 Xoel (min. 48)

 ALEVÍNS 1 – 1 Marcón At.

Gran partido, moi completo e desputado o xogado pola nosa categoría Alevín na mañán do sábado no Buelo. Os rapaces de Juan López realizaron un traballo excelente, competindo cun gran equipo e acadando un moi valioso punto.

O encontro comezou co que sería a tónica durante os 50 minutos, moita igualdade e só os pequenos detalles marcaban as diferenzas. Así, nunha xogada visitante, Diego facía o 0-1 no minuto 9. Esto espoleou aos nosos, que saíron con máis forza a polo partido. Pablo Mouriño poñía a igualada no 19.

A pesares das ocasións xeradas por parte dos dous equipos durante o resto da primeira parte e toda a segunda, o marcador xa non se moveu, quedándose no definitivo 1-1. Gran traballo desta categoría, na que ademáis esta semana dous xogadores da categoría Benxamín de segundo ano comezaron o seu periodo de adaptación de cara á tempada que ven. A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, Abel, David, Alex e Anxo.

Marcón At..: Uxia, Anxo, Fahlberto, Diego, Alberto, Iker, Mauro, Manuel, Alejandro, Raúl, Roberto, Diego e Pablo.

Goles: 0-1 Diego (min. 9); 1-1 Pablo Mouriño (min. 19).

INFANTILES 2 – 1 S.D. Monteporreiro

 

Nova victoria dos Infantiles na mañán do domingo no Buelo ante a S.D. Monteporreiro. Partido moi igualado e no que os nosos tiveron que pelexar a reo para sacar adiante, cun 11 con 9 xogadores de primeiro ano.

Os rapaces de Alberto xogaron a gran nivel, tendo o maior «pero» na hora da finalización, xa que se ben xeraban perigo non concretaban as ocasións. Si o fixo Lucas no minuto  22, poñendo o 1-0. Este foi o resultado ao descanso.

No segundo acto, case se cumple unha das máximas do fútbol, de «quen perdona, acaba pagando», xa que o Monteporreiro facía a igualada por medio de Dani no minuto  59. Pero no 61, Rubén Souto marcaba tras entrar de refresco e poñendo o definitivo 2-1 que lle da 3 novos puntos aos nosos infantiles.

Só lles queda o derradeiro encontro, en Salcedo para pechar a Liga. Ánimo e a pelexar!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar (Iván, min. 41), Isma, Isaac (Raúl, min. 71), Jonathan, Rubén Candal, Lucas (Anxo, min. 55), Domi (Rubén Souto, min. 44), Javi, Amestoy (Iván, min. 63), Álex e Dani Fontán.

S.D. Monteporreiro: Joan, Diego, Gerard, Bieito, Rubén, Nerea, Sergio, Pedro, Feljos, Jose María (Óscar, min. 41)  e Dani.

Goles: 1-0 Lucas (min. 22): 1-1 Dani (min. 59); 2-1 Rubén Souto (min. 61)

CADETES 2 – 3 Portonovo S.D. «B»

Gran partido dos Cadetes, aínda que sen premio no marcador, sí deixando unha moi boa imaxe, competindo en todo momento e con opcións ata case o pitido final. Os rapaces de Gepe saíron concentrados ao encontro, e moi enchufados. Xeraron rápido perigo, nun encontro que se viu dende un primeiro momento que ía ser de ida e volta.

Adiantou ao Moraña Pablo González, cunha gran internada por banda dereita na que bateu por baixo ao meta visitante. Durou pouco a alegría, xa que case na seguinte xogada, Pablo Sende fai penalty ao dianteiro do Portonovo. Manuel facía o empate.

Neste carrusel de idas e voltas, o Moraña tivo ata 3 opcións claras de facer o 2-1, pero nunha contra, Andre pilla despistada á defensa morañesa e logra batir por baixo a Jorge no 31. Raúl poñía de novo a igualada no 37. Con este 2-2 e despois dun gran espectáculo de fútbol, marchamos para o descanso.

Nos segundos 40 minutos, o encontro seguiu a mesma liña e o empate parecía o resultado máis xusto. Pero no minuto 72, Manuel facía o definitivo 2-3, ao que xa non puideron responder os nosos.

Grandísimo traballo dos Cadetes neste partido, e moi boa aportación dos dous xogadores infantiles que viñeron de reforzo. Pereira, que fixo un partidazo e Raúl, que tamén xogou a gran nivel e fixo un gol. A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Raúl, Pablo Sende, Andrés, Pereira, David, Manu Sayáns (Pablo Ares, min. 61), Pablo González, Isma e Fernando (Dani, min. 56).

Portonovo S.D. «B»: Alejandro (Jairo, min. 61), Antón, Iago, Matías, Lucas, Eloy, Andre (Daniel, min. 53), Manuel, Mateo, Óscar e Juan (Ander, min. 52).

Goles: 1-0 Pablo González (min. 19); 1-1 Manuel (min. 20, penalty); 1-2 Andre (min. 31); 2-2 Raúl (min. 37); 2-3 Manuel (min. 72).

Compárteo!

Deixa un Comentario