Aquí vos deixamos os resumos de todos os partidos que as distintas categorías do Moraña C.F. xogaron esta fin de semana.

Biberóns 0 – 1 I. Dep. Pontevedra

O Biberóns xogaron a penúltima xornada da segunda fase da Liga de Poio, ante a I.Dep Pontevedra. Os nosos peques xogaron un bo partido, moi igualado (como todos os desta segunda fase), pero non foron quen de acadar alomenos o empate debido a un gol pontevedrés, aínda que marcado en falta.

Malia todo, bo traballo dos nosos bibes, aos que só lles resta a derradeira xornada do Torneo, que é unha auténtica festa e ben merecida polo gran papel que realizaron nesta Competición. O vindeiro sábado, no pavillón da Seca.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Lucas, Saúl, Héctor, Jorge, Iago, Hugo Moure, Hugo de la Torre, Anxo e Dani.

PREBENXAMÍNS 3 – 1 A.X.D. Verdugo

No Buelo, o sábado ás 12 tivo lugar o encontro de Liga entre os nosos Pres e a A.X.D. Verdugo, encontro durísimo e moi disputado que non se decidiu ata case os derradeiros minutos.

Os rapaces de Roberto Vidal comezaron con dúbidas, un chisco durmidos, feito que aproveitou o equipo visitante para poñerse por diante no marcador no minuto 19 por medio de Brais. Este gol fixo reaccionar aos nosos, que puxeron a igualada casi de inmediato, cun gol de Iago no 23. Gol importante e dos coñecidos como «sicolóxicos», xa que permitía chegar ao descanso con empate no marcador e con todo por desputar.

Nos segundos 25 minutos os nosos pelexaron a reo, e grazas a un gol de Mario no 34 e o segundo de Iago no 47, acadaban unha importante victoria que os mantén arriba na clasificación.

Noraboa aos Pres por este gran traballo!! A seguir así!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Adrián, Antón, Pedro e Lois.

Umia C.F.: Izan, Brais, Adrián, Martin, André, Pablo, Juan, Elías, Guillermo e Óliver.

Goles: 0-1 Brais (min. 19); 1-1 Iago (min. 23); 2-1 Mario (min. 34); 3-1 Iago (min 47)

E.F.B. Cangas 9 – 1 BENXAMÍNS

Desplazamento largo dos nosos Benxamíns, que se sentiron coma auténticos profesionais viaxando ata Cangas en autobús para a desputa do seu partido. Os rapaces de Eloy xogaron ante un gran rival que dominou o encontro con claridade. O marcador ao descanso xa era de 4-0, e aínda que os nosos tentaban pelexar, os canguenses puxéronnos en moitas dificultades. Fixo Lucas o gol morañés na segunda parte, co que se chegou ao final do encontro cun marcador de 9-1.

Mal resultado pero boa experiencia dos nosos, a seguir traballando e mellorando!!

Ficha Técnica

E.F.B. Cangas: Javi, Roberto, Xoel, iván, Daniel, Raúl, Gabriel, Jorge, Ángel, Jesús, Dani, Xián e Damián.

Moraña C.F.: Rubén, Pablo Montáns, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Aleixo, David, Hugo, Iker, Darío Maceiras, Darío Redondo e Ethan.

Goles: 1-0 Gabriel (min. 4); 2-0 Angel (min. 7); 3-0 Jorge (min. 9); 4-0 Raúl (min. 11); 5-0 Xoel (min. 21) 6-0 Raúl (min. 24) 6-1 Lucas (min. 36): 7-1 Angel (min. 37); 8-1 Gabriel (min. 42); 9-1 Angel (min. 47)

Alevíns 3 – 2 Marín C.F.

 

Nova xornada de Liga da Segunda Fase e novamente, encontro durísimo e moi igualado para os nosos Alevíns. Os rapaces de Juan enfrontábanse ao Marín na mañán do sábado, nun disputadísimo encontro.

Abriu o marcador Mateo, no minuto 2, acadando o empate Unai no minuto 15. Volvía a coller distancia o Moraña no 20 por medio de Álvaro pero Unai volvía a poñer a igualada no 23. Con 2-2 e case sen espazos para ningún dos dous equipos durante o segundo tempo, Mateo foi quen, no minuto 45 de poñer o definitivo 3-2 que deixaba os puntos en Moraña.

Noraboa aos Alevíns, victoria moi desputada e traballada.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Jorge, David, Raúl, Mateo, Abel e Aday.

Marín C.F..: Humberto, Ramón, Diego, Hugo, Juan, Izan, Pablo, Pereira, Samuel, Iván, Unai, Leo, Diego e Xabi.

Goles: 1-0 Mateo (min. 2); 1-1 Unai (min. 15); 2-1 Álvaro (min. 20); 2-2 Unai (min. 23); 3-2 Mateo (min. 45)

A.C.D. A Seca 2 – 7 INFANTILES

Os Infantiles volveron a vencer na mañán do sábado. Esta vez na Xunqueira 2 e ante a A.C.D. A Seca «B» nun encontro no que os rapaces de Alberto xogaron a un bo nivel e acadaron estes tres importantes puntos. O primeiro gol foi obra de Rubén no minuto 14 cun gran lanzamento de falta dende banda dereita. Colleron máis distancia os nosos no minuto 30, tras unha gran xogada de contraataque que Pablo Fraga finaliza no man a man. E antes do descanso, poñía o 0-3 Amestoy cun impresionante zurdazo que se colou pola escadra pontevedresa. Este foi o resultado ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, os nosos acadaron catro goles máis, obra de Amestoy no 43 tras un centro de Pablo Fraga, o propio Pablo no 52 e un doblete de Juanma no 75 e 77. Anxo fixo dous goles para os locais no 52 e 72 e destacamos que o noso porteiro Óscar detivo un penalti no 45.

Bo traballo dos Infantiles, a seguir pelexando!!

 

 

Ficha Técnica

A.C.D. A Seca «B»: Toño (Iván, min. 31), Josué, Julio, Alexandre, Braulo, Alberto, Anxo, Jaime, Dopazo, Nelson e Óscar (Iván, min. 49).

Moraña C.F.: Iván (Óscar, min. 41), Isma, Isaac, Rubén, Pablo Fraga (Raúl, min. 55), Juanma, Amestoy (Pereira, min. 51), Alex, Dani Fontán, Iván Suárez (Lucas, min. 55) e Anxo (Domi, min. 51).

Goles: 0-1 Rubén (min. 14); 0-2 Pablo Fraga (min 30); 0-3 Amestoy (min. 39); 0-4 Amestoy (min. 43); 0-5 Pablo Fraga (min.50); 1-5 Anxo (min,52); 2-5 Anxo (min. 72); 2-6 Juanma (min. 75); 2-7 Juanma (min. 77)

CADETES 2 – 5 S.D. Noalla

Mañán de domingo no Buelo para o enfrontamento entre Noalla e a nosa categoría Cadete. Os nosos, mermados polas baixas e reforzados únicamente coa presenza de Isma dos infantiles pelexaron canto puideron, e quedaron ás portas dun mellor. Malia todo, gran esforzo dos Cadetes unha vez máis, competindo, plantando cara e loitando durante os 80 minutos. Noraboa e a seguir sen rendirse!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Andrés, Isma Fernández, , David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González, Isma Escariz, Pablo Ares e Fernando.

S.D. Noalla: Adrián, Alvaro, Isaac (Gabriel min. 67), Martín (Ángel, min. 57), Christian, Sergio (Ángel, min. 57), Lucas, Jose, Angel (David, min. 50), Yago e Iván.

Goles: 0-1 Christian (min. 9); 1-1 Pablo González (min. 34); 1-2 Christian (min. 42); 1-3 Sergio (min. 44); 1-4 Jose (min. 50); 1-5 Christian (min. 55); 2-5 Manu Sayáns (min. 76)

Compárteo!

Deixa un Comentario