Tres partidos xogou a base do Moraña C.F. esta pasada fin de semana. Dous, correspondentes a partidos adiados, e un da Liga de Poio para os Biberóns.

BIBERÓNS 1 – 4 E.D. Poio

Os Biberóns caeron no Pavillón da Seca ante o anfitrión da liga de Poio, nun encontro no que o gol de Saúl non serviu de moito ante o empuxe local, que acadou vantaxe cedo e logrou mantela con claridade. Malia todo, bo partido dos nosos, que pelexaron e deixaron bos detalles neste encontro.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Hugo Moure, Hugo De La Torre, Eric, Iago, Lucas, Saúl, Alba, Héctor, Jorge, Dani Rey e Anxo.

Goles: Saúl.

Marcón At. 2 – 1 ALEVÍNS

Os Alevíns viaxaron ao Carrasco para enfrontarse ao Marcón Atlético nun partido que se aplazou no seu día. Os rapaces de Juan, recuperando efectivos para este encontro, afrontaban o mesmo con moitas ganas.

Tal e como está a acontecer nesta fase da Liga, a igualdade foi a tónica neste encontro, que se decidiu nos pequenos detalles e que, finalmente doulle os puntos aos locais. Adiantouse o Marcón na primeira metade grazas a un gol de Raúl no minuto 9. Abel fixo a igualada antes do descanso, poñendo o 1-1 no marcador.

Nos segundos 25 minutos a liña de igualdade estaba a ser a mesma e parecía que o empate ía a ser o resultado final, pero no 38 Mauro batía a André e poñía o 2-1 definitivo. Bo traballo dos alevíns, a seguir pelexando igual!!

Ficha Técnica

Marcón At..: Uxia, Fahlberto, Diego, Iker, Mauro, Alejandro, Raúl, Roberto, Diego, Hugo e Pablo.

Moraña C.F.: André, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Jorge, David, Aday, Saúl, Sergio, Abel e Raúl.

Goles: 1-0 Raúl (min. 9); 1-1 Abel (min. 23); 2-1 Mauro (min. 38)

Infantiles 7 – 1 A.C.D. A Seca «B»

Os Infantiles xogaban tamén un encontro aplazado, esta vez na casa ante a A.C.D. A Seca «B». Os rapaces de Alberto partían o encontro coa intención de facerse con estes 3 puntos, cousa que lograron cun bo partido en liñas xerais.

Os nosos abriron pronto o marcador, cun gol de Domi no minuto 4 vencendo a Andrés no man a man, ampliando Pereira no 17 tras unha moi boa xogada personal regateando dende o medio campo.. Xusto antes do descanso, Recurtaba Anxo para a A.C.D. nunha mala entrega de Óscar, pero Pereira, na xogada seguinte mantiña a distancia en dous goles facendo o 3-1 regateando a media defensa rival.

Nos segundos 40 minutos, a profundidade de banquillo foi chave, xa que mentres os pontevedreses ían quedando sen gasolina, Alberto pudo meter xogadores de refresco neste treito, que entraron moi enchufados e aumentaron a vantaxe ata o definitivo 7-1.

Bo traballo dos infantiles, a seguir nesta liña!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar (Iván, min. 41), Isma, Isaac, Jonathan, Rubén, Lucas (Amestoy, min. 53), Domi, Pereira, Javi (Álex, min. 53), Juanma (Dani Fontán, min. 47) e Iván (Raúl, min. 43).

Marcón At..: Antonio (Iván, min, 59), Josué, Alexandre, Gabriel, Alberto (Andrés, min. 59), Anxo, Jaime, Pablo (Julio, min. 47), Iván, Nelson e Óscar.

Goles: 1-0 Domi (min. 4); 2-0 Pereira (min. 17); 2-1 Anxo (min. 38); 3-1 Pereira (min. 39); 4-1 Raúl (min. 44); 5-1 Alex (min 63); 6-1 Domi (min. 65); 7-1 Alex (min. 74)

Compárteo!

Deixa un Comentario