Aquí vos deixamos os resumos de todos os partidos que as distintas categorías do Moraña C.F. xogaron esta fin de semana.

Umia C.F. 2 – 7 PREBENXAMÍNS

Victoria a domicilio dos nosos Prebenxamíns, que marcaron o ritmo do encontro dende os primeiros compases. Os nosos peques, que estrenaban a Roberto Vidal como Primeiro Adestrador na mañán do sábado, xogaron un partido moi completo en todos os aspectos.

Arrancaron con moita forza os nosos, e aos dous minutos, Xoel xa firmara un doblete poñendo a vantaxe de 0-2 no marcador. Carlos no 8 recurtou para os locais, pero Aarón, antes do descanso firmou dous goles para chegar co resultado de 1-4. Na segunda parte aumentou a distancia, con outro gol de Aarón, outro de Xoel e finalmente co de Fernando. Case co pitido final, Pablo poñía o definitivo 2-7 no marcador co que acabou o encontro.

Noraboa aos Pres, que están xogando unha segunda volta da Liga espectacular. A seguir así!!

Ficha Técnica

Umia C.F.: Dani, Samu, Iker, Carlos, Pablo, Rodrigo, Fernando, Gustavo, Mario, Pedro, Joel e Juan.

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Adrián, Pedro e Lois.

Goles: 0-1 Xoel (min. 1); 0-2 Xoel (min. 2); 1-2 Carlos (min. 8); 1-3 Aarón (min. 9); 1-4 Aarón (min. 15); 1-5 Aarón (min. 24); 1-6 Xoel (min. 32); 1-7 Fernando (min. 42); 2-7 Pablo (min. 44).

BENXAMÍNS 1 – 1 Marín C.F.

 

Gran partido dos Benxamíns no Buelo na mañán do sábado, enfrontándose ao Marín C.F. Os rapaces de Eloy traballaron a reo para sacar os 3 puntos, pero o empate foi resultado final. Parecía que ía a ser un encontro con moitos goles, xa que case na primeira xogada do partido Lucas poñía aos nosos por diante, e só 6 minutos despois, Sergio facía a igualada para o Marín (minuto 7). Malia as ocasións e os intentos por parte dos dos equipos, non houbo máis goles durante os restantes minutos.

Bo traballo dos Benxamíns, a seguir pelexando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Xabi, Aitor, Lucas, Alex, David, Darío Redondo, Ethan, Pablo, Iker, Anxo, Aleixo, Nico e Darío Maceiras.

Marín C.F.: Mennaoui, Rubén, Sergio, Cristian, Mateo, Iker, Xián, André e Borja.

Goles: 1-0 Lucas (min. 1); 1-1 Sergio (min. 7)

A.J. Lérez 1 – 3 Alevíns

Visita á Xunqueira 1 dos Alevíns, para enfrontarse a un rival sempre duro como é a A.J. Lérez. Os pupilos de Juan López xogaron con moita intensidade e facendo un partido moi serio, sobre todo nos primeiros 25 minutos. Neste primeiro tramo, cimentaron a victoria, grazas ao gol de Sergio no minuto 20, co que se chegou ao descanso.

A segunda parte foi máis táctica por parte dos dous equipos, sen deixar tantos espazos e xogándose un chisco menos. Empataron os locais por medio de Marcos e no tramo final o partido decantouse para os nosos cun gol de Hugo en propia meta (minuto 46). Xa case co pitido final, Mateo poñía a sentencia facendo o definitivo 1-3.

Noraboa aos alevíns, unha victoria traballada e pelexada!!

 

Ficha Técnica

A.J. Lérez.: Martín, Marcos, Gabriel, Roberto, Rubén, Noah, Francisco, Pablo, David, Oscar, Hugo, Miguel e Encinas.

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, David, Sergio, Jorge, Aday e Raúl.

Goles: 0-1 Sergio (min. 20); 1-1 Marcos (min. 23); 1-2 Hugo p.p. (min. 46); 1-3 Mateo (min. 49).

Infantiles 3 – 1 I.Dep. Pontevedra

 

Partido duro e traballado na mañán do domingo para os Infantiles, que recibían na casa á I. Dep. Pontevedra. Os rapaces de Albertito tiveron que empregarse a fondo para sacar os puntos, cun rival que non deixaba espazos e apretaba en cada balón dividido. De feito, ao descanso chegouse con empate a cero.

Tivo que ser de novo Domi, cun gran lanzamento de falta o que abrira a lata para o Moraña C.F. Puxo un misil dende o centro do campo que facía o 1-0 no minuto 54. Pereira, aproveitando un rexeitamento do porteiro facía o 2-0 que daba tranquilidade aos infantiles. Pero tocaría sufrir, xa que Carlos no 71 aproveitaba un balón solto na área morañesa para fusilar a Iván. Reaccionaron os nosos, e Pablo Fraga que volvía tras lesión, cunha gran internada dende banda dereita, poñía un forte disparo á escadra para firmar o definitivo 3-1.

Gran traballo dos Infantiles!! A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar (Iván, min. 41), Isma, Isaac (Dani Fontán, min. 57), Jonathan, Lucas, Domi, Pereira, Raúl (Rubén, min. 80), Javi (Amestoy, min. 51), Alex (Pablo Fraga, min. 57) e Anxo.

I.Dep. Pontevedra: David (min. 40 Pablo), Nico, Moha, Neo, Cristian (Jacobo, min. 47), Agústín, César, Sebas (Hugo, min. 63), Raúl, Brais (Brais, min. 71) e Carlos.

Goles: 1-0 Domi (min. 54); 2-0 Pereira (min. 65); 2-1 Carlos (min. 71); 3-1 Pablo Fraga (min. 73)

Xuv. Cambados 4 – 1 CADETES

 

Os Cadetes viaxaron na tarde do sábado ao Pombal, para xogar ante o Xuv. Cambados. O equipo foi dirixido neste encontro por Celsiño Diz, debido ao falecemento da avoa do adestrador do equipo, Gepe. Dende o Moraña C.F. acompañámolo no sentimento e enviámoslle unha forte aperta.

O encontro estivo moi parexo ata o tramo final. Os cadetes, reforzados con Isma, Pereira e Rubén Candal dos Infantiles competiron moi ben durante todo o partido, collendo distancia o Cambados só nos últimos minutos cando o cansancio chegaba.

Adiantouse o Cambados por medio de Marcos cedo, no minuto 3. deixando este 1-0 como resultado ao descanso. O Moraña logrou a igualada no 47, ao marcar Manu Sayáns un gol de penalty. No minuto 60, Mario poñía en vantaxe aos locais de novo. Os nosos, a un só gol de distancia do empate tentaron ir polo partido, pero no último tramo o Cambados por medio de Emilio e Pedro poñía o definitivo 4-1.

Bo traballo deste grupo de xogadores, que acadaron o obxectivo que se lles pide: competir e deixalo todo. A seguir traballando!!!

Ficha Técnica

Xuv. Cambados: Joaquín, Pablo (Mario, min. 48), Mario (Javier, min. 76), Borja, Sergio (Jose, min. 48), Antolín (Ramón, min. 48), Marcos (Juan, min. 62), Rodrigo, Emilio, Álvaro e Pedro.

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Andrés, Isma Fernández, Pereira (Rubén, min. 50), David, Dani (Pedro, min. 67), Manu Sayáns, Pablo González, Isma Escariz e Fernando.

Goles: 1-0 Marcos (min. 3); 1-1 Manu Sayáns, penalty (min. 47); 2-1 Mario (min. 60); 3-1 Emilio (min. 72); 4-1 Pedro (min. 79).

XUVENILES 3 – 3 S.D. Puente Arnelas

 

Gran partido de fútbol o que se puido ver no Buelo na mañán do domingo. Un encontro no que os nosos Xuveniles, reforzados con varios xogadores Cadetes, comezaron totalmente durmidos e no que se foron entonando ata case lograr unha remontada épica.

O encontro comezou cunha auténtica «empanada» dos nosos. Felipe e Jesús poñían ao Puente Arnelas 0-2 no marcador no minuto 5. E no 25, Miguel poñía o 0-3. O encontro estaba totalmente costa arriba, pero os nosos non deixaron de crer, arremangáronse e puxéronse a traballar. Ferro acurtou distancias á media hora de encontro, e co 1-3 se chegaba ao descanso.

Nos segundos 45 minutos, a reacción local seguiu. Pablo González poñía o 2-3 no minuto 51 e Manu Sayáns facía o 3-3 no 76. Quedaba tempo e a remontada estaba aí, pero o marcador xa non se moveu nestes minutos finais. Ao final, reparto de puntos e a sensación de que se o equipo saíra máis concentrado, a victoria era posible. Malia todo, noraboa a estes xogadores pola reacción e por sacar este punto. A seguir traballando!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jose, Iago, Adri, Martín (Manu Sayáns, min. 52), Javi (Diego Giao, min. 69), Ferro, Isma Escariz, Héctor (Alejandro, min. 56), Abalo, Pablo González (Álex, min. 62) e Xián.

S.D. Puente Arnelas: Martín, Miguel (Elías, min. 69), Jose, Aarón, Castro, Iván (Breixo, min. 62), Felipe (Miguel, min. 75), Cristian, Jose (David, min. 54), Alex e Jesús (Juan Carlos, min. 88).

Goles: 0-1 Felipe (min. 2); 0-2 Jesús (min. 5); 0-3 Miguel (min. 25); 1-3 Ferro (min. 29); 2-3 Pablo González (min. 51); 3-3 Manu Sayáns (min. 76).

Compárteo!

Deixa un Comentario