Un sábado cheo de partidos para o nosos fútbol base! Aquí todos os resumos!!

Prebenxamíns 2 – 2 S.D. Monteporreiro

Nova xornada de Liga para os nosos Pres, que recibían na mañán do sábado ao Monteporreiro no Buelo. Foi un partido trepidante, no que se adiantaron os visitantes no minuto 9 cun gol de Juan que lograba neutralizar antes do descanso Fernando. Tralo paso polos vestiarios, o Moraña salíu enchufado e lograba por medio de Alba poñer a vantaxe de 2-1. Pero no minuto 30, Antonio acadaba o empate para os pontevedreses co que se chegou ao final do encontro.

Gran traballo de todos os xogadores, ánimo e a seguir avanzando.

Ficha Técnica

S.D. Monteporreiro: Hugo, Víctor, Tomás, Antonio, Héctor, Mario, Juan e Xián.

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adrián, Lucas, Fernando, Pedro, Alba, Hugo, Anxo, Iago e Héctor

Goles: 0-1 Juan (min. 9); 1-1 Fernando (min. 15); 2-1 Alba (min. 26); 2-2 Antonio (min. 30)

Benxamín «B» 3 – 5 A.D. Sagrado C.F. «C»


Partido dos que fan afección o vivido entre os nosos Benxamíns «B» e o Sagrado na mañán do sábado. Os nosos viñan dunha gran traxectoria na que só coñecían a victoria, e saíron ao encontro a por todas. Adiantáronse os pontevedreses no minuto 13, por medio de Dani, incluso aumentando a renda no 22 Gabri. Con este 0-2 se chegou ao descanso.

Acurtou o Moraña na reanudación cun gol de Gabriel en propia meta. Pero reaccionaba de novo o Sagrado, e Mateo poñía o 1 a 3. Parecía imposible que os nosos entraran no partido pero cos goles de Xoel (min. 43) e Mario (min. 44) acadaban o empate a 3. Pero no último tramo, Álvaro e Dani facían dous goles que deixaban o marcador no 3-5 final.

Gran traballo deste equipo, a seguir traballando igual!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosef, Pablo e Joel.

A.D. Sagrado C.F. «C»: Juan, Dani, Gabriel, Álvaro, Mateo, Currais, Jose, Hugo, Yáñez, Álvaro, Justino, Hugo, Pedro e Nico.

Goles: 0-1 Dani (min. 13); 0-2 Gabriel (min. 22); 1-2 Gabriel (min. 31 p.p.); 1-3 Mateo (min. 36); 2-3 Xoel (min. 43); 3-3 Mario (min. 44); 3-4 Álvaro (min. 46); 3-5 Dani (min. 49)

Benxamín «A» 9 – 4 Barro C.F.

Partido cheo de goles o que xogou o noso Benxamín «A» e o Barro na mañán do sábado no Buelo. Foi un gran encontro que xogaron os dous equipos, deixando grandes xogadas e bos momentos de fútbol. O Moraña colleu vantaxe na primeira parte, na que chegaron a ter ao descanso una vantaxe de 5-0. Na segunda parte, chegou a reacción visitante, e aínda que os nosos seguiron facendo goles, o Barro marcou 4, todos obra de Lois.

Gran traballo dos dous equipos, que fixeron as delicias dos espectadores. A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Pablo, Xabi, Lucas, Dario Redondo, Aleixo, Jonathan, Iker, Iago, Davie, Ethan e Nico.

Barro C.F.: Lois, Mónica, Nico, Kevin, Pablo, Pedro, Mencía, David, Brais, Marcos e Pablo.

Goles: polo Moraña David (3),Iago (3), Xavi (2) e Lucas. Polo Barro Lois (4)

Alevíns 3 – 3 Céltiga F.C.

Outro encontro cheo de emoción foi o que enfrontou aos nosos Alevíns co Céltiga no Buelo na mañán do sábado. Ambos equipos xogaron un gran encontro, pero os nosos pagaron o cansancio no tramo final.

O Moraña saiu con forza e cun David moi inspirado. Acadou un hattrick en trece minutos (min. 5, 10 e 13), poñendo un claro 3-0 no marcador. Pero os da Illa non baixaron os brazos e Enzo deixaba o partido con vantaxe mínima para o Moraña antes do descanso, con dous goles moi seguidos no 16 e no 17.

Na segunda parte, o festival de goles acabouse, e cando parecía que os puntos ían a quedar en Moraña, Yago a falta de 3 minutos facía o tanto da igualada, deixando o marcador no 3-3 e nun empate que foi xusto.

Noraboa aos dous equipos polo gran encontro xogado. A seguir así!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Anxo, Alejando, Hugo, Álex, Jorge, David, Aday, Saúl e Brais.

Céltiga F.C.: Borja, Aquiles, Javi, Mario, Iván, Enzo, Max, Erix, Paz, Brais, Yago e Alexandre.

Goles: 1-0 David (min. 5); 2-0 David (min. 10); 3-0 David (min. 13); 3-1 Enzo (min. 16); 3-2 Enzo (min. 17); 3-3 Yago (min. 47).

A.D. Sagrado C.F. «B» 0 – 4 Infantiles

Visita dos nosos infantiles ao Príncipe Felipe na mañán do sábado, para enfrontarse ao Sagrado «B». Os rapaces de Sara que viñan de vencer ao Marcón, xogaron un gran encontro no que non deron opción aos rivais. Adiantou Hugo ao Moraña no minuto 10 da primeira parte, e a pesares de que tiveron ocasións, non se moveu o marcador neste primeiro acto.

Tralo descanso, os nosos saíron con máis forza e grazas a este empuxe, Joel facía o 0-2 no minuto 42. Tentaron os locais de acurtar as diferencias, pero Álex no 58 e Javi no 62 poñían distancia no marcador e deixaban o marcador no definitivo 0-4.

Gran traballo dos Infantiles, a seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Dani, Javier, Jose, Martín, Luis, Jose, Jorge, Juan Pablo, Luis, Oliver e Mateo. Tamén xogaron Fernando, Santiago, Juan, Fidel e Jacobo.

Moraña C.F.: Óscar, Damián, Anxo, Álvaro, Dani Fontán, Pablo, Abel, Mateo, Alejandro, Domi e Hugo. Tamén xogaron Sergio, André, Javi, Joel e Marta.

Goles: 0-1 Hugo (min. 10); 0-2 Joel (min. 42); 0-3 Alex (min. 58); 0-4 Javi (min. 62).

Cadetes 0 – 2 Umia C.F.

Os Cadetes recibiron ao Umia na tarde do sábado, buscando recuperar sensacións tralo golpe da semana pasada. Os nosos saíron e pelexaron con forza, pero non lograron sacar puntos. O Umia adiantouse pronto, con gol de Álex no minuto 4. Este gol campeou no marcador durante case todo o encontro, sen que os nosos puideran neutralizalo.

Traballaron a reo os rapaces de Alberto, pero según avanzaban os minutos e ao non chegar o gol do empate cada vez arriscaban máis. Aproveitando este risco, o Umia por medio de David sentenciou no 74, poñendo o definitivo 0-2.

Ánimo e a seguir pelexando, cadetes!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Pablo Sende, Adonis, Rubén Candal, Pablo Fraga, David, Edu, Raúl e Jonathan. Tamén xogaron Pereira e Iván.

Umia C.F.: Adrián, David, Ramiro, David, Raúl, Marco, Martín, Tomás, Álex, Diego e Gabriel. Tamén xogaron Andrés, Santiago, Fran, Alex e David.

Goles: 0-1 Álex (min. 4); 0-2 David (min. 74).

C.D. Bamio 3 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron ao Municipal M. Paz Vilas este sábado para xogar ante o Bamio. Os rapaces de Juan, que viñan de acadar a primeira victoria saíron con ganas a este encontro, que disputaron ata o último minuto. Hamza lograba adiantar aos vilagarcianos. Pablo González facía a igualada no minuto 9. Con este 1-1 acabou a primeira parte.

Seguiu o encontro cun alto nivel competitivo no segundo acto, cos dous equipos buscando coller vantaxe. Acadou esta vantaxe o Bamio, ao transformar no 61 Yago un penalti. Os nosos seguiron pelexando buscando o empate, e aproveitando os espazos, Yago facía o definitivo 3-1 no 81.

Moito ánimo e a seguir traballando!!

Ficha Técnica

C.D. Bamio: Raúl, Diego, Ángel, Alejandro, Marcos, Iván, Raúl, Xoan, Hamza, Yago e Miguel. Tamén xogaron Santiago, Pablo, Daniel, Iván e Manuel.

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Adrián, Manu Sayáns, David, Pablo González, Reboredo, Isma, Marquitos, Fervenza e Xian. Tamén xogaron Álex, Saúel e Abalo.

Goles: 1-0 Hamza (min. 3); 1-1 Pablo González (min. 9); 2-1 Yago (min. 61, penalti); 3-1 Yago (min. 81)

Compárteo!

Deixa un Comentario