E.F. Portero 2.000 5 – 0 Prebenxamíns

Cuarta xornada ligueira para os Pres, que viaxaron na tarde do sábado á Xunqueira en Pontevedra para xogar ante a E.F. Portero 2.000. Gran partido dos nosos, que pese ao resultado final xogaron a un gran nivel, mostrando evolución e unha maior adaptación e compenetración. O encontro estivo moi igualado, sobre todo mentres aos nosos lles chegou a gasolina. Ao descanso o marcador era de 2-0.

Na segunda metade, o Portero 2.000 fixo bos os cambios, xa que contaba con máis xogadores de refresco, e acadaron una vantaxe maior ata o 5-0 final. Ánimo e a seguir medrando

Ficha Técnica

E.F. Portero 2.000: Pablo, Javier, Felipe, Manuel, Pardiñas, Rodrigo, Lariño, Javi, Julio, Juan Carlos, Rafa, Rober e Diego.

Moraña C.F.: Anxo, Adrián, Lucas, Iago, Fernando, Pedro, Hugo Moure, Héctor, Saúl e Antón.

Goles: 1-0 Javi (min. 12); 2-0 Rafa (mn. 17); 3-0 Pardiñas (min. 27); 4-0 Pardiñas (min. 30); 5-0 Julio (min. 48).

S.D. Monteporreiro «B» 0 – 9 Benxamín «B»

 

Os Benxamíns «B» siguen cunha racha moi positiva neste comezo ligueiro. Esta fin de semana volveron vencer ao seu rival, neste caso a S.D. Monteporreiro. Os nosos rapaces xogaron un bo partido, moi traballado, xa que a pesares do marcador final, o resultado no descanso era de vantaxe mínima por 0-1 cun gol de Pablo no minuto 4.

Unha gran segunda parte e unha gran labor de equipo fixo que os rapaces fosen collendo vantaxe, ata o definitivo 0-9 co que rematou o encontro. Bo traballo, a seguir nesta liña!!

Ficha Técnica

S.D. Monteporreiro.: Anxo, Pablo, Jacobo, Mateo, Matías, Kevin, Diego, Iker, Julio, Yeray e Javier.

Moraña C.F.: Óscar, Pablo, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Roi e Yosef.

Goles: Pablo (2), Roi (2), Yosef (2), Mario, Xoel e Mauro.

Arosa S.C. «B» 5 – 2 Benxamín «A»

O Benxamín «A» viaxaba ao Manuel Jiménez, para xogar ante o Arosa S.C. Os nosos rapaces competiron de «tu a tu» cun gran rival como son os arosanos. O encontro estivo bastante igualado, e só no tramo final se decantou do lado local. Adiantou aos nosos David, cun gol no minuto catro. Igualaba Jacobo ao filo do descanso, deixando o resultado con empate 1-1 no receso.

Na segunda parte, Jacobo de novo poñía por diante de novo ao Arosa no 29. Iago poñía de novo a igualada no 34 co 2-2. Aquí foi onde se acabou de romper o encontro, e onde os arosanos acadaron a vantaxe final, con 3 goles de Jacobo (min. 37); Marcos (min. 38) e o definitivo 5-2 de Marcos no 40.

Bo traballo dos Benxamíns, a seguir así!!

Ficha Técnica

Arosa S.C.: Lucas, Hugo, Bruno, Izan, Izham, Xavi, Jacobo, Marcos, Jorge, Manuel e Lorenzo.

Moraña C.F.: Darío, Aitor, Xabi, Iago, Lucas, Darío Redondo, Aleixo, David, Pablo, Iker, Ethan, Nico e Jonathan.

Goles: 0-1 David (min. 8); 1-1 Marcos (min. 21); 2-1 Jacobo (min. 29); 2-2 Iago (min. 34); 3-2 Jacobo (min. 37); 4-2 Marcos (min. 38); 5-2 Marcos (min. 40)

 

Atl. Cuntis «B» 6 – 1 Alevíns

Un dos encontros grandes desta fin de semana, era o derbi na categoría Alevín que enfrontaba aos nosos co Cuntis na Ran. Foi un encontro na que se veu unha gran diferencia entre o primeiro e o segundo tempo. Na primera parte, máis igualada, o Moraña adiantouse cun gol de David no minuto 4. Un doblete de Lois lle daba a volta ao encontro e deixaba o 2-1 no electrónico mentres os xogadores ían á caseta.

Na segunda, unha maior profundidade de banquillo no Cuntis condicionou o encontro, xa que os nosos ían quedando sen folgos e os xogadores de refresco locais aportaban. Neste tramo, a vantaxe aumentou ata o 6-1 final con goles de Eloy (2), Juan e Alejandro.

Bo traballo, a seguir adestrando e mellorando!

 

Ficha Técnica

Atl. Cuntis «B»: Anxo, Antón, Breixo, Alejandro, Eloy, Pedro, Juan, Hugo, Óscar, Lois, Martín, Nico e Iker.

Moraña C.F.: Rubén, Anxo, Alejando, Hugo, Álex, Jorge, David, Aday, Saúl e Brais.

Goles: 0-1 David (min. 4); 1-1 Lois (min. 7); 2-1 Lois (min.15); 3-1 Eloy (min. 30); 4-1 Eloy (min. 35); 5-1 Juan (min. 37); 6-1 Alejandro (min. 45)

Infantiles 3 – 0 Marcón At.

Trala derrota en Cambados da semana pasada, os Infantiles volveron á senda da victoria. Foi un encontro igualado e no que os nosos Infantiles tiveron que traballar a reo para sacar adiante. Pero foron quen de sacar os puntos.

Adiantáronse no primeiro tramo os nosos cun gran gol de Domi. Só 10 minutos despois, Álex facía o segundo, dando tranquilidade no marcador e facendo que os nosos baixaran un pouco o pistón. Con este 2-0 se chegaba ao descanso.

Nos segundos 40 minutos a igualdade estivo aínda máis a flor de pel, con ocasións para os dous equipos que non se daban materializado. Cando parecía que o 2-0 ía a ser o resultado final, case co pitido final Domi facía o terceiro, deixando o marcador no definitivo 3-0. Bo traballo dos infantiles, a seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Alex, Domi, Iván e Damián. Tamén xogaron Lucas, Amestoy, Hugo, Javi e Sergio.

Marcón At.: Uxía, Alejandro, Fahlberto, Óskar, Alex, Hugo, Manuel, Raúl, Roberto e Diego. Tamén xogaron Gonzalo, Jorge, Ramón, Alberto e Diego.

Goles: 1-0 Domi (min. 14); 2-0 Álex (min. 23); 3-0 Domi (min. 80).

Juv. Cambados 12 – 0 Cadetes

Dia para esquencer para os Cadetes o vivido onte no Pombal. Os rapaces de Alberto víronse superados en todo momento por un rival moi en forma, que cedo colleu vantaxe e que se aproveitou deste feito para replegar e xogar a contra ata acadar un resultado abultadísimo de 12-0.

O dito, partido para sacar conclusións de cara ao resto da liga, tres puntos nada máis perdidos e a seguir traballando para mellorar. Ánimo a este equipazo!!!

Ficha Técnica

Juv. Cambados: Ramón, David, Jose, Miguel, Alberto, Juan, Diego, Manuel, Isma, Yerai e Alejandro. Tamén xogaron Eirin, Rodrigo, Álvaro, Anxo e Juan.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Pablo Sende, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl, Jonathan. Tamén xogaron Jorge, Adonis e Juanma.

Goles: Isma (2), Álvaro (2), Alberto, Juan (2), González, Anxo (2), Rodrigo e Diego.

Xuveniles 5 – 1 Unión Dena C.F.

Tardou en chegar, pero máis que merecidamente os Xuveniles sacaron os tres primeiros puntos da tempada. Levaban varios encontros nos que quedaban ás portas, pero este sábado finalmente, lográrono.

O encontro comezou moi tolo, cun Moraña que se adiantaba cedo con gol de Isma no minuto 5 ao que contestaba só un minuto despois o Dena por medio de Dani. Tras este inicio, o encontro estabilizouse e non se moveu o marcador no resto do primeiro tempo.

Na segunda metade, o Moraña saiu a por todas e acadou vantaxe no 55 gracias a David. Fervenza poñía a distancia que deu tranquilidade co 3-1 no 73. Con este resultado a favor, o Dena tivo que asumir máis riscos, feito que aproveitaron os nosos para facer dous goles máis. Manu Sayáns facía o 4-1 no 83 e David pechaba o seu doblete e o marcador co 5-1 no 86.

Noraboa  a este equipo, que non para de pelexar e de traballar. A seguir nesta liña rapaces!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Adrián, Manu Sayáns, David, Pablo, Alejandro, Isma, Marquitos, Fervenza e Xian. Tamén xogaron Alejandro, Abalo e Gabriel.

Unión Dena C.F.: Evaristo, Pablo, Eloy, Thiago, Clemente, Rubén, Dani, Raúl, Jorge, Daniel, Jonathan, Jose e César.

Goles: 1-0 Isma (min. 5); 1-1 Dani (min. 6); 2-1 David (min. 55); 3-1 Fervenza (min. 73); 4-1 Manu Sayáns (min. 83); 5-1 David (min. 86).

Compárteo!

Deixa un Comentario