Xornada con sorte dispar para as distintas categorías do Moraña C.F.

CADETE 0 – 7 C.D. RIBADUMIA

img_20161001_103930Este encontro abriu a xornada para os nosos equipos. O noso Cadete enfrontouse ao Ribadumia, nun encontro marcado novamente polos erros, que se convirten en chave. Os nosos non xogaron un mal partido, pero estiveron outra vez condenados por eses erros puntuais que lle da alas aos rivais.
Moito marxe de mellora neste equipo, que de seguro vai ir para arriba e seguirá competindo. Ánimo rapaces, porque sodes capaces de moito máis, e todos sabemos que ides a tirar para arriba.

Xogaron polo Moraña C.F.: Jorge, Álex, Fernando, Pablo Sende, Andrés, Pablo González, David García, Dani, Manu Sayáns, Pablo Ares, Isma, Isaac, Raúl e Isma.

CALDAS C.F. 8 – 0 BENXAMÍNS

Ás 10:30 do sábado nas Corticeiras, xogaron os Benxamíns o penúltimo amigable antes de comezar a liga o vindeiro sábado (xogarán xoves o último ante o Campo Lameiro). Os rapaces de Eloy pelexaron canto puideron, pero o Caldas mostrouse superior durante os 50 minutos. A seguir traballando a reo para preparar ben este comezo de tempada, que promete ser apaixoante.

CALDAS C.F. 4 – 4 PREBENXAMÍNS

94f9feb6-d626-4baa-b54c-8861ad7ffa1bÁ mesma hora e no mesmo campo, os Prebenxamíns xogaron tamén o último encontro amigable antes do debut ligueiro do sábado. O encontro foi moi igualado, con alternativas para os dous equipos, e o resultado final de empate a 4 fala moito desa igualdade. Bo traballo dos rapaces de Kevin e Roberto, que encaran a competición ligueira tras unha moi boa pretempada.
Os autores dos goles morañeses foron neste encontro Mario, cun doblete, Xoel e Fernando.

ALEVÍNS 1 – 2 E.F. TERRA DE MONTES

Tamén os Alevíns xogaban o derradeiro amigable antes de comezar a Liga a vindeira semana. O equipo de Juan, marcado polas baixas non xogou un dos seus mellores partidos, e caeu ante o Terra de Montes por 1 a 2. Non debe empañar este resultado a boa pretempada que realizou este equipo, que de seguro a partir do sábado, vai realizar unha boa campaña.
O autor do gol morañés foi Abel.

S. PEDRO BAR NARANJITO 0 – 0 VETERANOS

Os Veteranos xogaron no Campo do Curuxo pola tarde, defendendo a sua imbatibilidade nesta primera liga federativa. A boa nova foi que os nosos seguen invictos, pero a mala foi que non foron quen de pasar do empate neste encontro. A seguir adiante, xa que o comezo foi bo e esto só un pequeno tropezo. A polos 3 puntos a vindeira semana.

Xogaron polo Moraña Veteranos: Óscar Río, Sayáns, Jairo, Hristo, Nico, Juan, Yeyo, Fuentes, Mario, Josete, Toño García, Pablo e Fran.

INFANTILES 9 – 1 JUV. CAMBADOS «B»

f650595e-6283-4c5c-91bd-ef11a145748aGran encontro da nosa categoría Infantil, que se enfrontou na mañán do domingo ao Juv. Cambados «B». O equipo de Alberto foi unha máquina de marcar goles, facendo xa 5 nos primeiros 40 minutos e pechando polo tanto o encontro antes do descanso.
Todos os rapaces fixeron unha boa aportación, e o traballo deste equipo está a ser moi bo. A seguir nesta liña.

Xogaron polo Moraña C.F.: Óscar, Isma, Isaac, Yoel, Rubén Candal, Domi, Pereira, Amestoy, Alex, Dani, Anxo, Jonathan, Raúl, Javi e Iván.
Marcaron: Álex (3), Pereira (2), Domi (2), Amestoy e Raúl

PRIMEIRO EQUIPO 0 – 2 SAN ADRIÁN

307286b2-79da-4322-9429-888058bdd3fcO Primeiro Equipo non puido superar ao San Adrián no encontro disputado no Buelo na tarde do Domingo. Dous goles tempraneros dos visitantes, nos minutos 7 (Francisco) e 13 (Borja) puxeron unha distancia insalvable para os nosos, que non se renderon e competiron os 90 minutos. A seguir traballando!!

Xogaron polo Moraña: Caba, David, Gepe, Celso, Roberto, Camacho, Julián, Capi, Breo, Viti, Manu, Lorenzo, Xoel, Borja, Miguel Zas e Héctor.

Compárteo!

Comentarios Pechados.