BIBERÓNS 3 – 4 E.F. Portero 2.000

Comezaban os Biberóns esta segunda fase do Torneo de Poio, onde se colocaron en disposición de loitar cos 5 mellores equipos da fase regular. Para comezar forte, enfrontáronse ao equipo que acabou como primeiro a fase inicial, a E.F. Portero 2.000. E os nosos deron o callo.
Lograron poñerse cun 2-0 por diante, e chegar ao descanso cun marcador a favor de 3-1. Pero no segundo tempo, os pontevedreses foron quen de darlle a volta ao electrónico, e deixar o resultado final no definitivo 4 a 3. Moi bo traballo dos bibes, que están deixando por todo o alto o nome do noso clube neste torneo.

A seguir pelexando!! Moito ánimo Bibes!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Hugo Moure, Hugo De La Torre, Eric, Iago, Lucas, Saúl, Alba, Héctor, Jorge, Dani Rey e Anxo.

Goles: Saúl (2) e Iago.

PREBENXAMÍNS 3 – 6 Caldas C.F.

Derbi entre os dos equipos que ocupan o máis alto da táboa clasificatoria nesta segunda fase da Liga Prebenxamín. Un enfrontamento que se preveía igualadísimo e apaixoante e que non decepcionou.

Os dous equipos xogaron a un grandísimo nivel, adiantándose primeiro os caldenses e logrando dar a volta ao electrónico os morañeses, para volver a acadar o empate os visitantes e poñerse por diante antes do descanso (2-3). Un encontro frenético, con chegadas polas dúas partes, e moitísimas ocasións.

Nos segundos 25 minutos, os nosos saíron a buscar a reacción, acadando o 3-3 no minuto 27 Aarón. Pero no tramo final, o Caldas logrou adiantarse de novo e poñer terra de por medio, acadando a diferenza final de 3-7. Partidazo dos dous equipos e de todos os xogadores, aos que lle damos a noraboa polo gran espectáculo deportivo que nos ofreceron. A seguir así!!

 

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Roi, Aarón, Joel, Xoel, Antón, Mauro, Mario, Iago, Fernando, Pedro e Adrián.

Caldas C.F.:  Fabio, Yerai, Marcos, Matías, Mateo, Gabriel, Álex, Asier, Antón e Abel.

Goles: 0-1 Gabriel (min. 7); 1-1 Iago (min. 14); 2-1 Xoel (min. 17); 2-2 Antón (min. 22); 2-3 Mateo (min. 24); 3-3 Aarón (min. 27); 3-4 Mateo (min. 38); 3-5 Antón (min. 42); 3-6 Gabriel (min. 46); 3-7 Antón (min. 49).

BENXAMÍNS 1 – 6 Unión Dena

Os Benxamíns recibiron sábado pola mañán ao Unión Dena, en partido correspondente á segunda fase da Liga Benxamín. Os rapaces de Eloy comezaron o encontro enchufados, xogando ben e con bo ritmo, co que tiveron as primeiras ocasións que non lograron finalizar. E como reza o dito, o que perdona, acaba pagando. O Dena, nunha das súas primeiras chegadas á area de Rubén, facía o 0-1, obra de Alejandro. Este foi o resultado ao descanso.

Antonio poñía o 0-2 no marcador xusto na reanudación e pese a que David lograba acurtar no 31, os visitantes foron un vendaval no último tramo de encontro, poñendo o definitivo 1 a 6 no marcador. Bo traballo dos Benxamíns, a seguir traballando para mellorar!

 

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Rubén, Hugo, Xabi, Aitor, Lucas, Aleixo, Alex, David, Pablo, Iker, Nico, Darío Maceiras, Darío Redondo e Ethan.

Unión Dena C.F.:  Hugo, Yeary, Zaira, Yassir, Álvaro, Óscar, Iker, Antón, Alberto, Alejandro, Antonio, Iago, Kevin e Yago.

Goles: 0-1 Alejandro (min. 18); 0-2 Antonio (min. 29); 1-2 David (min. 31); 1-3 Alejandro (min. 38); 1-4 Kevin (min. 38); 1-5 Kevin (min. 47); 1-6 Alberto (min. 49).

INFANTILES 5 – 1 E.F. Cobres

 

Partido moi interesante o que disputaban os nosos infantiles este sábado, recibindo ao E.F. Cobres, un dos poucos equipos que lle lograra arrebatar puntos aos nosos nesta Liga. Viñan con ganas os Infantiles, e demostraron sobre o verde que iban a dalo todo.

A primeira parte estivo moi igualada, con ocasións por ambas partes e moita intensidade. Raúl foi quen logrou facer gol nesta primeira parte para os nosos, no minuto 10, despois dunha boa presión adiantada na que lle rouba a carteira ao defensa e marca tras regatear ao porteiro.

Na segunda parte, o guión foi parecido, pero segundo ía chegando o cansancio, comezaban a aparecer máis espazos. Nun barullo na área visitante na que o balón non daba atopado dono, Raúl logrou finalizar cun gran disparo para poñer o 2-0 no 43. Reaccionou o Cobres, cun gran gol de estratexia dende o córner no 53 que finalizou Yago no segundo pao.

Foron minutos de moita incertidume estes, pero de novo Raúl e por dúas veces, aproveitouse no contraataque da adiantada defensa visitante que buscaba o empate para poñer o 1-4. No 67 Domi, recibe unha asistencia polo centro de Raúl tras roubo e poñía o definitivo 5-1.

Gran encontro dos Infantiles, con boa aportación de todos os xogadores e un gran traballo colectivo. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Iván (Óscar, min. 41), Isma, Jonathan, Rubén (Isaac, min. 62), Domi, Pereira, Raúl, Amestoy (Javi, min. 62), Alex (Juanma, min. 69), Dani Fontán (Lucas, min. 70) e Anxo.

E.F. Cobres:  Francisco, Álvaro, Pablo, Lucas, Yago, Arón, Yago Rodríguez (David, min. 66), Iván, Pedro (Alexandre min. 41), Campo e Brais (Borja, min. 41).

Goles: 1-0 Raúl (min.10); 2-0 Raúl (min. 43); 2-1 Yago (min. 53); 3-1 Raúl (min.55); 4-1 Raúl (min. 64); 5-1 Domi (min. 67)

Xuv. Sanxenxo 6 – 2 CADETES

 

Bo partido dos Cadetes na mañán do domingo en Baltar de Arriba ante o Xuv. Sanxenxo. Un encontro condicionado pola «gasolina», xa que os nosos se presentaron con 11 xogadores xustos a este encontro. Lograron poñerse os cadetes cun 0-2 grazas aos goles de Isma e de Fernando, recurtando Samu de penalty xusto antes do descanso.

No tramo final, esa falta de refresco fixo que o nivel físico caera, e nos últimos minutos os locais lograron darlle a volta ao encontro e incluso coller unha distancia no marcador irreal nos derradeiros minutos cos nosos fundidos.

Ánimo aos Cadetes, a seguir traballando e mellorando e a aproveitar cada encontro e semana de traballo para seguir medrando como xogadores.

FICHA TÉCNICA

Xuv. Sanxenxo:  David, Hugo (Ignacio, min. 72), Álvaro, Brais (Iván, min. 26), Daniel (Álvaro, min 55), Samuel, Jose, Rodrigo, Iago, Marc, Luis.

Moraña C.F.:  Jorge, Isma, Pablo Sende, Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González, Pablo Ares, Isma Escariz e Fernando.

Goles: 0-1 Isma (min. 13); 0-2 Fernando (min. 33); 1-2 Samu (min. 39); 2-2 Rodrigo (min. 66); 2-3 Álvaro (min. 71); 2-4 Luis (min. 78); 2-5 Luis (min. 79); 2-6 Luis (min. 79)

XUVENILES 1 – 1 Unión Dena C.F.

Reparto de puntos no encontro dos Xuveniles, un partido moi competido durante os 90 minutos no que os nosos lograron neutralizar a vantaxe visitante grazas a un gol de Ferro case co pitido do final. Malia ao bo traballo, en liñas xerais resultado xusto, aínda que por momentos os nosos deron mostra de que merecían máis.

Ánimo e a seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Manu Carracedo, Jorge, Martín (Iago, min. 65), Javi, Gabriel (Jose, min. 73), Ferro, Reboredo, Héctor (Adri, min. 56), Raúl, Ábalo e Xián.

Unión Dena C.F.:  Santiago, Pablo, Cristian, Jacobo, Sergio, Clemente, Daniel, Rubén (Alejnadro, min. 42), Manuel (Adrián, min. 68), Daniel e Diego (Dani, min. 79).

Goles: 0-1 Diego, min 44; 1-1 Ferro, min. 90.

 

Compárteo!

Comentarios Pechados.