Biberóns 2 – 6 INDEPO

 

 

 

 

 

Gran partido o xogado este sábado polos bibes a pesar do resultado.
O INDEPO levou a iniciativa e nos a defender e a tentar a sair a contra. Mantivemos a porta a 0 hasta mediada a primeira parte, no que tras un tiro potente o balón colase na meta de Lucas. Pouco antes do descanso Xoel marca nunha contra.
Na segunda parte continuamos pero nunha falta o INDEPO marca tras un potente tiro no que Lucas nada pode facer. No seguinte minuto nun rexeite marcan o terceiro. Os nosos, en vez de rendirse continuaron e nunha falta que lanza Manu, tras tocar na barrera bate no pau, Iñaki colle o rexeite e fai gol.
O partido continua na mesma liña e tras un par de tiros de fora xa que defendiamos moi ben, e nos rechaces marcaron os seguintes.
Moi bo partido de todo o equipo a pesar do resultado.
A seguir disfrutando!!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi, Erik, Dylan e Fabio.

Goles: Xoel e Iñaki.

 

A.X. Saraiba do Mar 13 – 0 Prebenxamíns

Novo partido ligueiro para os Prebenxamíns, que xogaron en Baltar de Arriba ante a A.X. Saraiba do Mar. Un encontro que os locais dominaron en todo momento, chegando ao descanso con vantaxe de 5-0. Na segunda metade chegaron máis goles, ata pechar o marcador no 13-0 definitivo. Ánimo e a seguir!!

Ficha técnica

A.X. Saraiba do Mar.: Hugo, Xabi, Dani, Joaquín, Mateo, Leo, Diego, Pablo, Yago, Iván, Álex, Breixo e Yago.

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Alba, Iago, Lucas, Dani, Diego Torres, Breixo Oubiña, Breixo Ferrín e Diego Arzúa.

Goles: Joaquín (3), Mateo, Iván, Yago, Leo (3), Diego, Dani (2) e Dani Rey (p.p.)

Figueirido C.F. 2 – 11 Benxamíns

Recital de goles en Chan do Vilar, para que os nosos Benxamíns venceran aos pontevedreses por un claro resultado de 2-11. Esta victoria estivo cimentada nunha boa primeira parte, na que se chegou ao descanso con vantaxe de 0-5, con goles de Aarón (2), Mario (2) e Pablo. Na segunda metade, os nosos administraron a vantaxe, acadando máis goles e conquerindo unha nova victoria.

Ficha técnica

Figueirido C.F.:  Raúl, Jorge, Iago, David, Alberto, Miguel, Sela, Unai, Erik, Rubén e Carla.

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez.

Goles: Por parte do Figueirido David e Miguel. Polo Moraña, Aaron (3), Mario (5) e Pablo (3).

Infantiles 5 – 1 A.D. Sagrado C.F.

Os Infantile recibían no Buelo á A.D. Sagrado C.F. nun interesante encontro nesta mañán de domingo. Os nosos encarrilaron o partido cedo, cun gol de Álvaro no minuto 4. Pero os pontevedreses non se viñeron abaixo, e Jorge no 22 facía a igualada. A reacción local foi rápida e de novo Álvaro marcaba para poñer o 2-1 no 24. Na segunda metade, o encontro seguiu moi igualado, ata que Mateo no 61 daba máis distancia e tranquilidade aos nosos. Álvaro no 67 e Hugo no 79 pechaban o 5-1 final. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Dami, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo e Aday. Tamén xogaron Saúl, Álex, Joel, Marta e Raúl.

A.D. Sagrado C.F:  Sergio, Javi, Luis, Jose, Lareo, Jaime, Alejandro, Jorge, Alberto, Mario e Jacobo. Tamén xogaron Gabri, Fabián, Juan, Fidel e Emanuel.

Goles: 1-0 Álvaro (min. 4); 1-1 Jorge (min. 22); 2-1 Álvaro (min. 24); 3-1 Mateo (min. 61); 4-1 Álvaro (min. 67); 5-1 Hugo (min. 79).

Caldas C.F. 3 – 3 Cadetes

Os Cadetes vivían un intenso derbi este domingo nas Corticeiras, ante o Caldas C.F. Un partido no que o Moraña golpeou primeiro, con gol de Rubén no 15. Raúl, de penalty poñía a igualada só 3 minutos despois. Ahtes do descanso, Domi volvía a poñer por diante ao Moraña.

Na segunda metade, un gol de Dani en propia porta no minuto 61 poñía en clara vantaxe 1-3 ao Moraña. Pero o Caldas reaccionou e só en dous minutos, Raúl facía o 2-3 (min. 74) e o 3-3 (min. 75). Este foi o resultado final. Gran partido o que nos deixaron estes dous equipos.

Ficha técnica

Caldas C.F.:  Jorge, Marco, Rodri, Carlos, Dani, Raúl, Alberto, Antón, Pablo, Alejandro e Nico. Tamén xogaron Yago, Iago, Ángel, Raúl e Carlos.

Moraña C.F.:  Iván, Dani Fontán, Anxo, Lucas, Rubén, Amestoy, Edy, Aljenadro, Pereira, Domi, Jonathan, Óscar e Hugo.

Goles: 0-1 Rubén (min. 15); 1-1 Raúl, penalty (min. 18); 1-2 Domi (min. 38); 1-3 Dani p-p(min. 61); 2-3 Raúl (min. 74); 3-3 Raúl (min. 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario