A tempada de fútbol 2019 -2020 dase por finalizada oficialmente, según decisión da Federación Galega de Fútbol, consensuada esta decisión mediante reunión telemática no que aclarou o devenir dos clubes do territorio.
Este ente federativo adoptou a resolución de finalizar a temporada coas clasificacións tal e como quedaron alá polo inicio de marzo e con un promedio do 80% dos partidos xogados en gran parte das categorías.
Asimesmo, a directiva do MORAÑA CLUB DE FÚBTOL fai saber: a finalización en todas as súas categorías de fútbol base e aficionado. Aproveitando esta ocasión solicita que todos aqueles xogadores que se poñan en contacto cos seus respectivos delegados para que oficialicen a devolución do material proporcionado polo club a comenzo da tempada.

Ligazón para máis información: http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=23275&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289#.XtEB18DtZGM

Compárteo!

Deixa un Comentario