O noso equipo Cadete xogou onte un amigable na Xunqueira 2 este sábado contra o equipo Infantil do Porteiro 2000 de cara a ir perfilando a tempada. Os xogadores de Celsiño Diz realizaron un partido moi completo, acusando cara o final o esforzo de ter xogado outro amigable a tarde do venres e a todas as baixas que tiñan.

O partido comezou mal para os morañeses, que encaixaron o único gol en contra no minuto 2 de partido, por medio de Mario. A partir deste momento, os rapaces fóronse entonando e facéndose donos do encontro, cun rival que só xeraba perigo a través de contraataques. Empatou o Moraña C.F. coa transformación dun penalti a cargo de Pablo Ares.

A segunda parte foi de moito «mediocampismo», sobre todo no tramo final no que os nosos acusaron os esforzos acumulados e sufriron moito para chegar ao final co empate no electrónico.

Bo traballo acumulado polos Cadetes esta semana, e boa liña de preparación de cara a unha liga que comezará en só dúas semanas. A seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Portero 2000 Inf. 1 – 1 Cadete A

Portero 2000: Dimas, Samu, Adri, Núñez, Gabo, Gabi, Javi, Mario, Rubén, Damián, Enríquez. Tamén xogaron Yago, Bruno, Gabri e Pablo.
Moraña C.F.: 
Manuel Carracedo, Pablo González, Roberto, David, Marcos Vega, Pablo Ares, Carlos, Manuel Sayáns, Héctor, Martín, Isma e Saúl.

Goles: 1-0 Mario (minuto 2); 1-1 Pablo Ares de penalty.

Compárteo!

Deixa un Comentario