A sección Alevín do Moraña C.F. viaxaba na tarde de hoxe a Pontevedra, para enfrontarse na Xunqueira I á E.F. Portero 2.000 na 11ª xornada de Liga.

Os morañeses visitaban a un equipo que en pretemporada lles dera un duro correctivo, e compre decir que os nosos xogaron e deron o callo durante todo o encontro, chegando perdendo só por un 1 a 0 no descanso.

Foi na segunda parte onde os pontevedreses cimentaron a victoria, marcando sete goles nos segundos 35 minutos e quedándose cos tres puntos en disputa. Nada que reprochar aos nosos alevíns, que pelexaron mentres puideron e nunca lle perderon a cara ao encontro. A seguir traballando e moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

E.F. Portero 2.000 8 – 0 Moraña C.F.

E.F. Portero 2.000: Jesús, Pablo, Diego, Noel, Jacobo, Marcos, André, Nicolás, Yago, Jesús, Javier, Roi, José, Mnauel, Hugo, Diego Piñeiro, Alejandro

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Álvaro, Jonathan, Pablo, Yoel, Dominic, Alejandro, Mateo, Lucas, Amestoy, Juanma, Sergio, Gael e André

Goles: (24′) ANDRE; (38′) ANDRE; (46′) ANDRE; (50′)  ROI; (52′)  JACOBO; (58′)  DIEGO; (62′)  MARCOS; (69′)  DIEGO

 

Compárteo!

Deixa un Comentario