Bo espectáculo futbolísticos ofrecido na tarde de onte entre o Portas e o Moraña no campo da Rapaeira, onde os porteños souberon aproveitar mellor as ocasións que os morañeses, onde o seu dianteiro centro Fraga, autor de dous dos tres goles do seu equipo, trouxo pola rúa da amargura aos defensores do Moraña. Os morañeses puxéronse por diante no marcador tras unha gran xogada pola dereita de Santiño con pase final de Goran a Celso que de gran zurdazo ao bordo da área bate ao bo porteiro Lino. Os morañeses tras este gol tiveron oportunidades de sentenciar o encontro pero nunhas ocasións as boas intervencións de Lino e noutras os fallos dos seus dianteiros, impediéron que os morañeses lograsen un triunfo que se lles escapou por falta de puntaría ante o marco contrario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na foto Celso., autor do gol morañés.

ALIÑACIÓNS: Portas., C.F.: Lino; Roberto, Alejandro, Abuin, Diz; José María(50’Fontan), Portas, Conles(60’Calvo); Martinez, Fraga(33’García), Perico (66’Hernandez).

A.C.D. Moraña: Varela; Yeyo (46′ Eloy), Juan, Fernando Nuñez, Fuentes (75′ Ventura); Velay(32′ Esteban), Goran,  Mario Costas, Celso; Santiño e Santi Paz.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 11′,- Penalti de Juan a Fraga que lanza este a fora.

Minuto 13,- Ocasión de de Díz que he rechazada por a defensa do Moraña.

Minuto 23′,- (0-1),- GOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Celso o borde da area lanza un zurdazo que o porteiro non pode facer nada.

Minuto 25′,- Gran xogada de Goran para Santi Paz, que só ante Lino, falla un gol cantado, pola boa intervención do porteiro.

Minuto 26′,- Celso en gran xogada mete para Santi Paz que tira e novamente Lino envía a corner.

Minuto 28′,- Novamente Santi Paz lanza a portería detendo Lino.

Minuto 37′,- (1-1),- GOOOOOL DO PORTAS.,  En pleno dominio morañés, contraataque do Portas por banda esquerda, collendo a defensa adiantada, cedendo o esferico Martinez para García, que de tiro cruzado bate a Varela.

Minuto 50′,- (2-1),- GOOOOOOL DO PORTAS., Fuentes corta un balón ca mán  o borde da area, que executa maxistralmente Fraga, salvando a barreira e entrando por a mesma escadra.

Minuto 65′,- Gran chut de Celso que o porteiro envía a corner. O mesmo Celso saca o corner e remata ca testa Goran e o balón sae rozando a escadra.

Minuto 66′,- Ocasión de Santi Pazque ca porteria baleira tira fóra.

Minuto 67,- Saque de corner do local Portas, detendo Varela.

Minuto 69,- Gran ocasión de Esteban dende o punto de penalti, que se entreten e un defensor desbarata un gol cantado.

Minuto 70′,- Gran lanzamente dende o borde da area de Mario Costas, enviando unha vez mais a corner o porteiro Lino.

Minuto 77′,- Centro de Fernando Nuñez que remata de cabeza Esteban fora.

Minuto 78′,- Centro de Esteban que remata Goran, detendo o porteiro.

Minuto 81′,- Penalti  a Santi Paz, que el mesmo se encarga de lanzar, detendo a pena máxima o bó porteiro Lino.

Minuto 89′,- En pleno dominio morañés, un contragolpe do Portas e aproveitado por fraga que se libra da marca de Yeyo e marca o terceiro da tarde.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés José Ignacio Pérez Burrull, con unha sobresaínte actuación. Ensinou sete tarxetas amarelas e unha roxa os xogadores locais, Alejandro, Fraga, Portas, Hernandez, García e Martinez, en duas ocasións o cal lle sopuso a roxa. Tamén veu unha roxa directa Victor Manuel Fontan, que facia as labores de adestrador. Os morañeses mostroulle tres amarelas Eloy e Fuentes por cortar un balón ca man é a Santi Paz por unha forte entrada. 

INCIDENCIAS: Encontro xogado no campo da Rapeira o cal se encontraba moi seco por falta de auga. No Moraña debutou como porteiro Varela, con unha excelente actuación, por decisión técnica non saltaron o campo Vicente é Rúa. Tarde veraniega con unha temperatura de 23º. Por tratarse de un derbi había moita afluencia de publico nas gradas. Despois do encontro os xogadores do Moraña foron invitados a unha seculenta cea na casa do xogador Velay a cal durou ata altas horas da madrugada.

DESTACADOS: Polo Portas sin duda o seu porteiro Lino, verdadeiro artifice do triunfo, Fraga e Perico. Por o Moraña Goran, Celso e Santiño.

 

Compárteo!

Comentarios Pechados.