O Moraña Veteranos unha vez mais e van non sei cantas………, repite o partido de xornadas anteriores, é o absoluto dominidador do encontro, xoga como nunca, pero falla ocasións cantadas de gol, non sei cantas é,  o contrario chega dúas veces a porteria e marca, ver para crer. Os morañeses e sobre todo nos primeiros 45 minutos do encontro foron en canto a dominio, demoledores, pois chegaron a presentarse diante da porteria contraria co seu gardameta Daniel como auténtica figura do encontro en multiples ocasione e inexpicablemte vanse a descanso cun un cero a favor dos da troita, despois de varios fallos encadeados pola defensa morañesa. Na reanudación o partido foi máis igualado empatando no minuto 70 Santiño tàs un gran pase de Celso moi disdibuxado durante todo o encontro é,  no saque do centro do campo do Pontecaldelas non tiñan padado nin 20 segundos, ante un despiste encadeado dende o centro do campo adiántanse novamente no marcador,  os morañeses volveron igualar no minuto 75 trans un gran centro de Velay po banda esquerda que rematou ca testa ao fondo da rede Santi Paz, aínda puido o Moraña novamente marcar pero Stoikov estivo moi lento e escápouselle un balón a queimarroupa cando se cantaba nos graderios o terceiro da tarde.

Na foto Santi Paz, autor do segundo gol morañés.

ALIÑACIÓNS:

 Pontecaldelas: Daniel; Jorge(13’Failde), Miguel(31′ Villanueva), Peso, Santos: San Martin, Pazo, Torres; Soliño, Alberto e David.   

Moraña.,C. .F.;Rafa Sierra(46′ Varela); Yeyo, Juan(46′ Toño), Mario Costas, Fuentes(39′ Velay); Nico(Stoikov), Sayáns, Celso, Esteban; Santiño(70′ Roberto) e Santi Paz.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 12?,- Santi Paz, cede para Celso que tira colocado e o porteiro desvia o balón..

Minuto 15,- Ocasión para o local Soliño, que desvarata Rafa Sierra. 

Minuto 18?,- Xogada de Nico por banda deteita que cede a Santiño que tira moi alto.

Minuto 19?,- Parede de Esteban para Santiñoque lla devolve, tira e rechaza o porteiro, o rechace cae nos pes de Santi Paz que a porteria valeira tira moi alto.

Minuto 20′,- Falta o borde da area que lanza Mario e o porteiro envía a córner.

Minuto 34?,- Celso en gran xogada mete para Santi Paz que tira e novamente Daniel envía a corner.

Minuto 35?,- Ocasión de Santiño que se entreten e rechaza a defensa.

Minuto 37?,- (1-0),- GOOOOOL DO PONTECALDELAS.,   Tira David rechaza Rafa Sierra e Alberto só ten que purrala ao fondo da porteria.

Minuto 45?,- Ocasión de Santiño que para Daniel.

Minuto 65?,- Gran chut de Celso que o porteiro envía a corner. O mesmo Celso saca o corner e remata ca testa Goran e o balón sae rozando a escadra.

Minuto 56?,- Saque o borde da area que saca Mario Costas e o porteeiro envía a córner.

Minuto 57,- Contragolpe do Pontecaldelas levado por David que se entreten e despexa Toño.

Minuto 60,-(1-1),- GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Celso da un pase maxistral para Santiño, que bate a Daniel na sua saida.

Minuto 61?,- (2-1),-GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO DO PONTECALDELAS,.Saque dende o centro do campo e ante a pasividade de todos os xogadores do Moraña, Alberto plantase só diante de Varela que o bate por alto.

Minuto 75,-(2-2),- GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Gran centro de Velay por banda esquerda que remata ca testa Santi Paz o fondo da rede.

Minuto 90′,- Centro de Santi Paz que Stoikov incomprensiblemente falla cando só tiña que purrala.  

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Miguel Angel Paz Lozano, con unha sobresaínte actuación. Dada a exquesita deportividade de ambos conxuntos o Sr. Colexiado non mostrou tarxetas.   

INCIDENCIAS: Encontro xogado no campo da Chan da Barcia, en excelentes condiccións. No Moraña debutou o defensa Toño e o centrocampista Roberto, por decisión técnica non saltaron o campo Vicente é Rúa. Tarde veraniega con unha temperatura de 28º. Despois do encontro os dous equipos saborearon unha excelente churrascada.

DESTACADOS: Polo Pontecaldelas a sua figura foi o porteiro Daniel, Alberto e Sanmartín. Por o Moraña,  Mario Costas.

Compárteo!

Deixa un Comentario