Demasiado castigo para o Moraña Veteráns en Poio, por un contudente 4-0. Para os que non foron o partido, parece que o encontro foi un paseo militar a favor do Poio é, a verdade que o que xurdiu no terreo de xogo foi todo o contrario, pos nos primeiros 45 minutos da primeira  parte,  os do carneiro,  dirixidos maxistralmente dende o centro do campo por o serbio Goran Djorovic, fabricaron un fútbol de gran altura, sendos  donos e señores do encontro, creando innumerables ocasións de gol, en unhas ocasións erradas por os dianteiro morañeses é en outras facéndo paradas de gran mérito o porteiro do Poio Miguel, elixíndose na figura do equipo.  Unha das xogadas claves estuvo no minuto 30, cando o dianteiro Santi Paz, foi derribado clamorosamente dentro da area é o  Sr. Colexiado aparte   de non quererse enterar de nada, tivo o descaro de ensinar tarxeta amarela o dianteiro morañés. Na segunda parte, non sabemos porqué, si por os cambios que realizou o mister ou non sabemos o que lles poido pasar, pero a verdade que deron un baixón escándaloso é os do Poio foron os que levaron a iniciativa,  marcando catro goles,  que a fin e ao cabo é, o que  conta no fútbol.  

Na foto, o canteiran Vicente o cal xogou os  90 minutos. 

ALIÑACIÓNS: 

POIO A PINELA: Miguel(46′ Muiños); Loira(46′ Casas), Lorenzo(46’Arca), Sartal, Antonio(34′ Lodeiro); Veiga(46’Viejo), Dominguez(32′ Neira), Castro(35’Chamadoira); Sorbet, Torres(32’Portabales), Souto.  

A.C.D. MORAÑA: Vicente; Yeyo, Juan(70′ Ventura), Fernando Núñez, Fuentes(65′ Oscar); Nico(52′ Celso), Sayáns, Goran Djorovic, Santi Paz; Santiño é Vari(52′ Esteban). 

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 6′,- Xogada por banda de Santi Paz que pasa a Santiño é este lanza un bó disparo que o porteiro desvía a córner.

Minuto 9′,- Xogada de Vari por banda dereita, rematándo Santiño as máns do porteiro-

Minito 13′,- Nico aproveita un rechace  é marcha só, lanza un gran disparo eo rechaza o porteiro é o balón volve os pes é co porteiro batido o seu tiro o rechaza un defensa a córner..

Minuto 18,- Gran pase de Goran Djorovic en profundidade a Fuentes que se planta só diante do porteiro, lanzando un forte tiro que o gardameta desvía in extremis a córner.

Minuto 30′,- Xogada clave do encontro, Santi Paz é derribado escándalosamente dentro da area é o Arbitro non só non pita penalti senon que saca tarxeta amarela por simular. 

Minuto 37,- Nova xogada de Santi Paz, detendo o seu chut o bó gardameta Miguel. 

Minuto 43′,- Primeira vez que chega o Poio a area do Moraña por mediación de Veiga e o seu tiro o rechaza Vicente.

Minuto 49′,-(1-0),- GOOOOOL DO POIO, falta o borde da area que lanza Lodeiro e o baón da no poste e vai a rede.

Minuto 52,- Falta o borde da area a favor do Moraña, lanza Goran Djorovic é o porteiro envía acórner.

Minuto 59,- Nova falta a favor do Moraña, lanzando novamente Goran Djorovic, desviando o porteiro a corner.

Minuto 61,-(2-0),- GOOOOOL DO POIO, xogada por banda dereita,  centro de Viejo é Neira libre de marca, remata ca testa a pracer dentro da area pequena .

Minuto 63,- Gran ocasión do Moraña por mediación de Santiño, pero o seu tiro cruzado sae fora por pouco.

Minuto 67,- (3-0),- GOOOOOOL DO POIO, Neira lanza  un tiro dende fora da area e o balón vai a rede sen que Vicente se entere. 

Minuto 77,-Centro de Casas, rematando fora Antonio.

Minuto 84′,-(4-0),- GOOOOL DO POIO, Torres envia un balón a Antonio, marcándo o cuarto da tarde.

ARBITRO: Axúbiou o encontro o colexiado pontevedrés Juan Antonio Caeiro Abalo, realizándo un bó encontro, pero co lunar da xogada a Santi Paz o non siñalar un claro penalti. Mostrou tarxeta amarela o xogador do Poio Viejo é outra inxustamente o morañés Santi Paz, segundo a sua versión por simular unha caida dentro da area.

INCIDENCIAS: Tarde fria xogada no Municipal da Reiboa en Poio, con unha instalacións deportivas moi boas. No minuto 65′ o mister morañés quere dar entrada no terreo de  xogo a Viki, pero este xá se había cambiado.

DESTACADOS: Por o Poio o gardameta Miguel, Viejo e Lodeiro e por o Moraña a Yeyo, Fernando Núñez, Goran Djorovic é Santi Paz.

Compárteo!

1 comentario

  1. Seguro que culparán o porteiro coma sempre.
    Hai que facer autocrítica e o que sobra son estrelas e falta xogo de equipo.

Deixa un Comentario