Na foto Mario Costas, autor do tanto morañés.

O Moraña Veteranos non logrou sumar en Poio, nun partido onde se lle puxo de cara tras ir gañando durante os primeiros 45 minutos por un gol a cero conseguido por Mario Costas no minuto 20 despois dunha extraordinaria xogada de Santi Paz. Os morañeses acudiron á casa do líder e como xa é habitual esta tempada moi excasos de efectivos, nesta ocasión con trece xogadores, incluídos Esteban, Stoikov e Velay recén saídos da enfermaría é para máis inri tiveron que ser sustiuídos os xogadores Nico e Nuñez por lesión. O Poio no segundo tempo fixo os tres goles nun visto e non visto, nos primeiros 15 minutos do segundo tempo. Mal se lle poñen as cousas aos morañeses na clasificación en postos de descenso e cada xornada que pasa con menos capacidade de reacción.

O equipo morañés saíu ben plantado sobre o terreo de xogo, mesmo se permitiu o luxo de atacar antes que os locais. Santi Paz e Mario Costas dispuxeron de oportunidades dentro da área, pero os seus balóns non encontraron porta. A partir do minuto 45 e ao non ter os morañeses recambios no banco, todo o contrario que os locais que dispoñían de 19 xogadores o que pasou a dominar, facendo o empate no minuto 50′ Neira despois dun bo pase de Lodeiro, cinco minutos máis tarde os mesmos protagonistas que na xogada anterior, Lodeiro fai un centro perfecto ao punto de Penalti e Neira libre de marca conecta un disparo moi axustado ao pau sen que Maté poida facer nada para evitalo e no 60′ Lodeiro marca o terceiro definitivo nun tiro cruzado.

Hai que eloxiar os xogadores do Moraña, que xogado con case todo en contra defendíase con eficacia. O técnico do Moraña non puido mover o bancos debido á falta de efectivos, pero a pesar de todas as adversidades que tivo, logrou facer pasar por apuros ao bo conxunto do Poio, onde demostrou unha vez máis porque é o lider.

ALIÑACIÓNS:

POIO.:Miguel (46′ Marsillas); Sartal, Chamadoira, Graña(30′ Antonio, 73′ Souto)), Lugilde(42′ Viejo); Casas(35′ Veiga), Lodeiro, Portabales; Sorbet(30′ Neira, 87′ Muiños)), Fernández, Pintos(35′ Dieguez).

MORAÑA C.F.: Javier Maté;  Juan, Toño, Yeyo, Ventura (46′ Velay);  Nico (30′ Stoikov), Sayáns, Nuñez(62′ Ventura), Esteban; Mario Costas é Santi Paz.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Juan Carlos Suarez Méndez, realizando un bó arbitraxe, mostrou tarxetas amarelas o xogador do Poio Antonio  é por o Moraña,  Esteban é Mario Costas.

INCIDENCIAS: Partido xogado nas instalacións do Campo da Seca en Poio,  herba natural en malas  condicións,  tarde moi agradable con unha temperatura de 14º. Nico é Nuñez foron sustituidos por roturas fibrilares.

Despois do encontro os xogadores repuxeron forzas no Mirador de Alba en Pontevedra.

DESTACADOS: Por o Poio Ludeiro, Neira é Portabales,  por o Moraña , Javier Maté, con moi boas intervencións, Toño é Santi Paz.

Compárteo!

Deixa un Comentario